ORDE do 30 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agrícola común de España para o período 2023-2027, e se convoca para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).

Diario Oficial de Galicia, 04-02-2025, Núm. 23, Páx. 9569
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Na liña I (subintervención 6883_02, investimentos forestais produtivos_2, que financia actuacións de silvicultura produtiva de coníferas) serán persoas beneficiarias as agrupacións forestais de xestión conxunta inscritas no correspondente rexistro e o silvicultor/a activo/a inscrito no rexistro correspondente con data límite a de xustificación da execución das actuacións do Módulo de silvicultura produtiva de coníferas.
Na liña II (subintervención 68814_05, silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións non produtivas de silvicultura de frondosas) e na liña III (silvicultura con obxectivos ambientais e outros fins non produtivos, que financia actuacións de rehabilitación de soutos de castiñeiros) serán persoas beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
Obxecto
Establecer as bases que regulan as axudas para silvicultura produtiva de coníferas e para actuacións silvícolas con obxectivos ambientais e non produtivos en frondosas e na rehabilitación de soutos de castiñeiros, en réxime de concorrencia competitiva, e convocalas para o ano 2025 (código de procedemento MR605C).
Prazo
30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 30-12-2024 silvic_es.pdf Castellano
Correc_Ext O 30-12-2024 silvic_es.pdf Castellano
O 30-12-2024 silvic_gl.pdf Galego
Ext O 30-12-2024 silvic_gl.pdf Galego
Ext O 30-12-2024 silvic_es.pdf Castellano
Correc_Ext O 30-12-2024 silvic_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles