ORDE do 30 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento MR670D).

Diario Oficial de Galicia, 03-02-2023, Núm. 24, Páx. 11274
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores dos montes ou terreos forestais e/ou dos seus aproveitamentos, que actúen mediante arrendamentos, cesións ou contratos plurianuais coa propiedade cuxo obxecto sexa inequivocamente a xestión do monte ou terreo forestal e/ou agrícola e/ou dos seus aproveitamentos, e non sexan incompatibles cos compromisos a que están obrigadas as persoas beneficiarias ao abeiro do establecido na presente orde e na normativa aplicable.
Obxecto
Establecer as bases que regulan as axudas para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, e proceder á súa convocatoria para o ano 2023, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento administrativo MR670D).
Prazo
45 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 30-12-2022_gl.pdf Galego
Ext O 30-12-2022_es.pdf Castellano
O 30-12-2022_es.pdf Castellano
Reg UE 2023- 223.pdf Castellano
Ext O 30-12-2022_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles