Diario Oficial de Galicia, 23-12-2024, Núm. 246, Páx. 67128
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderanse acoller a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas titulares de explotacións gandeiras do tipo de gando bovino, ovino, cabrún, porcino da raza celta e equino que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega) de Galicia.
As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas a favor das persoas titulares de explotacións gandeiras afectadas polos ataques de lobo, coa finalidade de fomentar a aplicación de medidas de protección, para o que se incentiva a adquisición de elementos preventivos (valados fixos) dos danos que poidan ocasionar esta especie, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (procedemento MT809F).
Ao abeiro desta orde, subvencionaranse a adquisición e a instalación de valados fixos, cuxa adquisición se faga, en todos os casos, con posterioridade á publicación desta orde.
En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da actuación subvencionable.

Prazo
Un mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|