ORDE do 29 de xaneiro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de axudas a entidades locais de Galicia para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia refuxio climático), e se convocan, mediante tramitación anticipada de gasto, para o ano 2025 (código de procedemento MT975Y).

Diario Oficial de Galicia, 18-02-2025, Núm. 33, Páx. 12918
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios desta subvención os concellos de Galicia, de forma individual.
Obxecto
sta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas cales se rexerá a convocatoria pública para o ano 2025 de concesión de axudas para a aplicación de solucións baseadas na natureza orientadas á prevención de riscos asociados ao cambio climático en espazos urbanos e periurbanos (programa Galicia refuxio climático), para o ano 2025 (código de procedemento MT975Y).

A súa finalidade é colaborar cos concellos galegos para fomentar actividades que contribúan ao impulso da infraestrutura verde e á conectividade dos espazos verdes, para incrementar a biodiversidade, mellorar a súa conservación, a adaptación ao cambio climático, a mellora da calidade ambiental e a creación de espazos saudables.
Prazo
Ata o día 31 de marzo de 2025.