Diario Oficial de Galicia, 27-01-2023, Núm. 19, Páx. 9298
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
– Convocatoria de subvencións de natureza non competitiva: aqueles concellos de Galicia cuxo territorio municipal estea dentro da poligonal de delimitación dun parque eólico e, igualmente, os afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación, relacionados no anexo V desta orde.
– Convocatoria de subvencións de natureza competitiva:
a) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira individual.
b) Os concellos de Galicia que formulen petición de maneira conxunta mediante agrupacións ou asociacións de concellos, nos termos do artigo 9.
c) As mancomunidades de concellos de Galicia.
d) Os consorcios locais de Galicia, constituídos de acordo coa Lei 5/1997, do 22 de
xullo, de Administración local de Galicia, sempre que estean participados por un ou varios
concellos.
Quedan expresamente excluídas as deputacións provinciais.

Obxecto
Regular os criterios de repartición e establecer as bases reguladoras e a convocatoria das subvencións do Fondo de Compensación Ambiental para o ano 2023, en réxime de concorrencia non competitiva e concorrencia competitiva, de forma individual e mediante o sistema de xestión compartida, afectadas á realización de gastos que revistan natureza produtiva e xeradora de emprego.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|