ORDE do 29 de decembro de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi eco, e se convocan para o exercicio 2021, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).

Diario Oficial de Galicia, 03-02-2021, Núm. 22, Páx. 6840
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos Servizos de Mobilidade competentes.
Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas ás persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi de tipo eco.
Prazo
Rematará o 14 de outubro de 2021.