ORDE do 28 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento IN317A).

Diario Oficial de Galicia, 12-06-2020, Núm. 114, Páx. 23148
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Obxecto
Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto incentivar nas empresas mineiras a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.
Prazo
Un mes, comezará o décimo día hábil posterior a aquel no que se publique esta orde no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 28-05-2020_gl.pdf galego
Or 28-05-2020_es.pdf castellano
Ex Or 28-05-2020 Axuda B_gl.pdf galego
Ex Or 28-05-2020 Axuda A_gl.pdf galego
Ex Or 28-05-2020 Ayuda A_es.pdf castellano
Ex Or 28-05-2020 Ayuda B_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles