Diario Oficial de Galicia, 31-01-2024, Núm. 22, Páx. 9618
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, agrupacións de interese económico do sector pesqueiro, as organizacións de produtores, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas pescadoras e mariscadoras e as asociacións profesionais de redeiras que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2024 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e dos lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo, da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca e da seguridade das infraestruturas fronte a eventos meteorolóxicos provocados polo cambio climático, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa) e tramitada como expediente anticipado de gasto.
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
