ORDE do 27 de xaneiro do 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a empresas privadas, en réxime de concorrencia non competitiva, para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro en Galicia, e se convocan para o ano 2021 (código de procedemento IN317A).

Diario Oficial de Galicia, 15-02-2021, Núm. 30, Páx. 9229
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias destas subvencións as empresas privadas que, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, realicen actividades reguladas pola Lei 22/1973, do 21 de xullo, de minas, e conten co título de carácter administrativo que resulte preceptivo para o desenvolvemento das ditas actividades ou, cando proceda, coa conformidade do órgano administrativo correspondente, todo o cal poderá ser comprobado de oficio pola Administración.
Obxecto
Estas bases regulan a concesión das axudas que teñen por obxecto fomentar e incentivar nas empresas mineiras a aplicación de tecnoloxías innovadoras e a implantación das mellores técnicas e medidas organizativas dispoñibles para a loita contra as enfermidades profesionais, en especial as derivadas da exposición ao po e ao ruído, no sector mineiro de Galicia.
Serán subvencionables dúas liñas de actuación:
Liña A: investimentos destinados a mellorar a calidade do ambiente atmosférico da zona afectada pola actividade mineira, en especial mediante a redución das emisións de po e ruído.
Liña B: investimentos destinados a mellorar as condicións laborais, en especial a redución da exposición ao po e ao ruído dos traballadores nos seus postos de traballo.
Prazo
Consultar Artigo 4.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 27-01-2021 po e ruido_gl.pdf galego
Or 27-01-2021 polvo y ruido_es.pdf castelán
Ex Or 27-01-2021 ayuda A_es.pdf castelán
Ex Or 27-01-2021 ayuda B_es.pdf castelán
Ex Or 27-01-2021 axuda A_gl.pdf galego
Ex Or 27-01-2021 axuda B_gl.pdf galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles