Diario Oficial de Galicia, 07-04-2006, Núm. 69, Páx. 5565
Orde do 27 de marzo de 2006 pola que se establecen as normas para a concesión de axudas a entidades colaboradoras de pesca fluvial para o fomento da riqueza piscícola.
O artigo 27.15º do Estatuto de autonomía de Galicia atribúelle a esta comunidade autónoma a competencia exclusiva en materia de pesca fluvial e lacustre. Con base nesta competencia, promulgouse a Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, que ten como obxecto a regulación da conservación, o fomento e o ordenado aproveitamento das poboacións piscícolas.
De conformidade co disposto no Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, compételle a esta consellería o desenvolvemento e a aplicación da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial e do seu regulamento.
As entidades colaboradoras están definidas no artigo 6 da Lei de pesca fluvial. Considéranse como tales as que realicen actividades ou investimentos en favor da riqueza piscícola das augas continentais galegas, así como na mellora da calidade do ambiente das devanditas augas, sempre que teñan recoñecido tal carácter. O mesmo artigo 6 tamén establece que a condición de entidade colaboradora levará aparellado o cumprimento das obrigas e máis o desfrute dos beneficios que para tal colaboración estableza a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
O outorgamento das subvencións previstas nesta orde realízase de conformidade coas previsións contidas no Regulamento CE nº 1257/1999, do Consello, do 17 de maio sobre axudas ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola, no Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, sobre o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade previstos na dita normativa.
En virtude do anterior e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto.
O obxecto desta orde é regular a concesión de axudas a entidades colaboradoras que realicen actividades e investimentos para o fomento da riqueza piscícola.
Artigo 2º.- Beneficiarias.
1. Poderán ser beneficiarias as sociedades ou asociacións que teñan o nomeamento de entidade colaboradora, de conformidade co disposto na Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais. Este nomeamento deberá estar en vigor tanto no momento de presentar a solicitude de axuda coma no momento do pagamento desta.
2. Non poderán obter a condición de beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas ou entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 3º.- Actividades subvencionables.
1. Poderán acollerse a estas axudas as actividades realizadas no ámbito do fomento da riqueza piscícola incluídas nalgunha das seguintes categorías:
a) Vixilancia de tramos de pesca: gastos directamente relacionados coas tarefas de vixilancia de tramos de pesca nos cales se incluirán entre outros, nóminas e Seguridade Social dos vixilantes, transporte, equipamento e materiais necesarios para os labores de vixilancia.
b) Sinalización de tramos de pesca: gastos directamente relacionados coa información á beira do río sobre a normativa de pesca aplicable aos distintos tramos incluíndo entre outros, carteis, soportes e gastos de colocación.
c) Actividades educativas: gastos directamente relacionados coa organización de cursos e outros actos formativos, educativos ou divulgativos incluíndo entre outros, salarios ou gratificacións para relatores, publicidade e edición de material didáctico.
d) Accesos: creación, mantemento e conservación de accesos a tramos de pesca e adecuación de sendas e postos de pesca, incluíndo equipamento e materiais necesarios para estas tarefas.
2. Para ter acceso a estas axudas, deberán cumprirse as seguintes condicións:
a) Vixilancia de tramos de pesca: deberá exercerse por vixilantes xurados de pesca fluvial, co nomeamento regulado nos artigos 29 da Lei de pesca fluvial e 86 do seu regulamento. Poderanse acoller a estas axudas os contratos en vigor a partir do 1 de outubro de 2005 naquela parte dos gastos que non fosen obxecto de subvención noutras ordes de axuda da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
b) Sinalización de tramos de pesca: o formato, a situación e demais características dos sinais deberán ser aprobados polo Servizo Provincial de Conservación da Natureza previamente á execución dos traballos. Será condición indispensable que con anterioridade ao inicio dos traballos, o servizo citado expedise ou validase unha certificación de non inicio.
c) Actividades educativas: deberán contar co recoñecemento de interese ambiental regulado pola Orde da Consellería de Medio Ambiente do 24 de marzo de 1998. Cunha antelación mínima de 15 días ao seu inicio, deberá notificárselle ao Servizo Provincial de Conservación da Natureza o programa definitivo da actividade e mais o lugar de celebración, para que aquel realice as comprobacións necesarias e certifique o normal desenvolvemento da actividade.
d) Accesos: as características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá a aprobación do Servizo Provincial de Conservación da Natureza previamente á súa execución. Será condición indispensable que con anterioridade ao inicio dos traballos, o servizo citado expida ou valide unha certificación de non inicio.
Artigo 4º.- Gastos non subvencionables.
En ningún caso se outorgarán axudas para:
a) Gastos de vixilancia non directamente relacionados cun tramo fluvial.
b) Actividades sociais de carácter lúdico ou competitivo.
c) Os gastos do imposto sobre o valor engadido (IVE).
Artigo 5º.- Importe das axudas.
1. A axuda poderá acadar o 100% dos gastos subvencionables, IVE excluído.
2. Sen superar a porcentaxe anterior, as axudas terán os seguintes importes mínimos:
a) Vixilancia de tramos de pesca: tres mil seiscentos euros (3.600 A) cando se acredite, cando menos, unha vixilancia de duración anual a xornada completa. Nos casos dunha duración inferior ao ano ou dunha dedicación inferior á xornada completa, o importe reducirase de xeito proporcional á duración do contrato e á dedicación. En todo caso, a duración mínima da vixilancia deberá equivaler a cinco meses a xornada completa.
b) Sinalización de tramos de pesca: cento cincuenta euros (150 A) pola colocación dun mínimo de 30 sinais. Nos casos dun número inferior de sinais, o importe reducirase de xeito proporcional ao número de sinais colocados.
c) Actividades educativas: cento cincuenta euros (150 A) pola organización de actividades cunha duración conxunta superior ás 4 horas.
d) Accesos: cen euros (100 A) por quilómetro lineal de couto no cal se adecúen os accesos.
3. Logo de asignar os importes mínimos ás solicitudes que cumpran os requisitos exixidos, o orzamento non asignado poderá ser distribuído entre aquelas actuacións en que a axuda cubra unha menor porcentaxe dos gastos subvencionables. Os obxectivos finais serán os de igualar á alza estas porcentaxes en todos os expedientes e, en segundo lugar, acadar a máxima porcentaxe de axuda.
A distribución realizarase segundo a orde de preferencia e os criterios seguintes:
a) O 20% do orzamento non asignado destinarase a incrementar as axudas destinadas a actividades educativas. Incrementaranse aquelas axudas que cubran unha menor porcentaxe dos gastos subvencionables.
b) O 10% do orzamento non asignado con anterioridade destinarase a incrementar as axudas destinadas á sinalización de tramos de pesca, cos mesmos obxectivos ca os do punto anterior.
c) O 10% do orzamento non asignado con anterioridade destinarase a incrementar as axudas destinadas a accesos, cos mesmos obxectivos ca os da alínea a).
d) A totalidade do orzamento restante destinarase a incrementar as axudas destinadas á vixilancia de tramos de pesca. Os obxectivos finais dos incrementos serán os mesmos ca nos puntos anteriores.
4. Se por causa xustificada o importe final dos gastos fose menor do que se considerou subvencionable, o pagamento será minorado na porcentaxe que corresponda.
5. Non será causa de incremento da axuda que o importe final dos gastos sexa superior ao tomado en consideración para a concesión daquela.
Artigo 6º.- Lugar e prazo de presentación de solicitudes.
1. As solicitudes dirixiranse ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o modelo que figura no anexo I desta orde, e poderanse presentar no rexistro da consellería, nos das súas delegacións provinciais ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. A solicitude asinaraa un representante acreditado da entidade colaboradora.
3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
4. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado, segundo o artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras. A dita comprobación efectuarase tanto antes de ditar resolución de concesión como da tramitación do pagamento.
Artigo 7º.- Documentación.
1. Coa solicitude deberá presentarse, en orixinal e copia, a seguinte documentación:
a) Os anexos II, III e IV debidamente cubertos.
b) Acreditación da personalidade:
- Poder suficiente do representante para actuar en nome da entidade.
- Tarxeta de identificación fiscal.
- Copia cotexada do documento nacional de identidade do representante.
c) Copia cotexada dos contratos de vixilancia, de ser o caso. En cada contrato deberá constar a duración, o tempo de dedicación e mais o ámbito xeográfico da vixilancia, en caso contrario deberase achegar unha declaración en que se dea conta destes datos.
d) Orzamento detallado con importes unitarios nos casos da sinalización de tramos de pesca e accesos.
e) Declaración sobre calquera tipo de axuda solicitada, concedida ou que se pretenda solicitar a calquera outra Administración pública, destinada a subvencionar en todo ou en parte as actividades para as cales se solicita a axuda.
2. A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible acreditará de oficio o cumprimento do disposto no punto 1 do artigo 2º desta orde, así como o recoñecemento de interese ambiental da actividade.
Artigo 8º.- Órganos de xestión e resolución.
1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos provinciais de Conservación da Natureza.
Se a solicitude de subvención non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, o servizo provincial requirirá a solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que se non o fixese, poderase considerar desistida da súa petición e arquivala sen máis trámites, de acordo co disposto no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
2. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza remitirán os expedientes xunto co seu informe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, no prazo máximo de dous meses, contados a partir da data límite de presentación das solicitudes.
3. Os expedientes serán valorados por unha comisión de avaliación creada para tal fin. Esta comisión presidiraa o director xeral de Conservación da Natureza ou persoa en quen delegue. Ademais, serán membros da devandita comisión o subdirector xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, o xefe de servizo e o xefe de sección competentes en materia de recursos piscícolas nos servizos centrais. O xefe de sección actuará como secretario desta.
4. A comisión de avaliación elevará as súas propostas de resolución ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a quen lle corresponderá ditar a resolución do procedemento
5. A proposta de resolución fará mención ás solicitantes para as cales se propón a concesión da subvención e a súa contía de modo individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse conservando indicación da súa causa, segundo o disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 9º.- Prazo de resolución.
1. O prazo máximo en que se debe notificar a resolución será de cinco meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se ditase e notificase a resolución posibilitará que as interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente, conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999.
3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, a porcentaxe de subvención, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención.
Artigo 10º.- Publicidade da resolución.
A Dirección Xeral de Conservación da Natureza ordenará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con expresión da convocatoria, do programa e o crédito orzamentario a que se imputan, da beneficiaria, da cantidade concedida e da finalidade ou finalidades da subvención.
Artigo 11º.- Aceptación da axuda.
Unha vez resolta favorablemente a solicitude de axuda, a beneficiaria disporá dun prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da recepción da notificación, para lle remitir á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible un escrito de aceptación da axuda e das condicións particulares que na resolución se establezan, entendéndose, en caso contrario, que a beneficiaria renuncia á axuda.
Artigo 12º.- Modificación da resolución.
Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Artigo 13º.- Modificación das actividades subvencionadas.
Calquera modificación que se pretenda realizar nas actividades inicialmente previstas, tanto no referente ao orzamento como ás distintas partidas que o compoñen, requirirá a aceptación expresa por parte da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e deberá ser posta en coñecemento desta sempre con anterioridade á súa realización.
Artigo 14º.- Prazo de xustificación dos gastos.
Con carácter xeral e salvo que a resolución de concesión da axuda dispoña o contrario, a xustificación do remate das actividades e do pagamento de conceptos correspondentes a elas, deberá realizarse antes do 1 de outubro de 2006.
Artigo 15º.- Solicitude de pagamento.
1. Para percibir o importe da axuda a beneficiaria deberá presentar, antes do vencemento do prazo de xustificación, nos lugares e formas sinalados no artigo 6º desta orde, orixinal e copia da seguinte documentación:
a) Solicitude segundo o modelo que figura no anexo V desta orde, xunto cos anexos VI, VII e VIII debidamente cubertos.
b) Documentación que acredite a efectiva realización dos pagamentos: extractos de contas, ordes de transferencia, talóns, certificacións bancarias ou documentos equivalentes. De ser o caso, á anterior documentación xuntaráselle copia das facturas emitidas polos provedores.
c) Declaración xurada, con achega documental, se é o caso, doutras subvencións concedidas ou solicitadas para o financiamento das actividades.
d) Certificado da entidade financeira en que se solicite o pagamento da axuda, no cal consten a titularidade, os códigos da entidade, da sucursal e de control, e o número de conta.
2. Os servizos provinciais de Conservación da Natureza comprobarán a documentación e engadirán as certificacións sobre o grao de execución das actividades subvencionadas e sobre a adecuación destas á documentación que serviu de base para o outorgamento da axuda.
3. Unha vez realizado o anterior, o expediente remitirase xunto cunha proposta á Dirección Xeral de Conservación da Natureza.
Artigo 16º.- Pagamento.
O pagamento corresponderase co importe que resulte de aplicar a porcentaxe da axuda aos gastos subvencionables. Excepcionalmente, poderán ser parte dos gastos aprobados sempre que se xustifique documentalmente o motivo de non ter realizado o total do gasto e que a parte executada constitúa unha unidade operativa independente. Neste caso, ou se o gasto tivese un importe inferior ao inicialmente previsto, aplicarase a correspondente minoración.
Artigo 17º.- Crédito.
As axudas previstas nesta orde concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.342.A.780.1 do exercicio orzamentario 2006, dotada cun crédito inicial de cento setenta e catro mil euros (174.000 A). A dotación orzamentaria poderá incrementarse en función das dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións.
Esta orde de axudas está cofinanciada con fondos Feoga-orientación. Esta circunstancia deberá facerse constar sempre que se facilite algún tipo de información, en calquera soporte gráfico, sobre as actividades subvencionadas, tendo en conta a normativa de aplicación.
Artigo 18º.- Control das actividades subvencionadas.
A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para os cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde se realizasen actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que fosen obxecto das axudas.
Artigo 19º.- Compatibilidade.
1. As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos.
2. Sen prexuízo do anterior, estas axudas son incompatibles con calquera outro réxime comunitario de axudas.
3. Así mesmo e consonte o previsto na letra d) da disposición adicional segunda do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, nas resolucións de axudas faranse constar expresamente as condicións de manter o investimento de que se trate ou o emprego ligado a este durante un período mínimo de cinco anos, así como a de non superar as porcentaxes máximas de acumulación establecidas na normativa comunitaria europea.
Artigo 20º.- Reintegro.
1. As beneficiarias destas subvencións deberán reintegrar, total ou parcialmente, a axuda pública recibida, cos xuros de demora, no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos supostos de incumprimento da obriga de xustificación, de obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión, e incumprimento da finalidade para a que foi concedida, conforme o artigo 19 do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
2. Ás beneficiarias seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Artigo 21º.- Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, as beneficiarias das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles requira a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control.
Artigo 22º.- Recursos.
A resolución do titular da consellería porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor diante deste, recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo; ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución fose expresa, ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para ditar as resolucións necesarias para o desenvolvemento e aplicación do disposto nesta orde.
Segunda.- Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS