Orde do 27 de maio de 2003 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Océano Vivo.

Diario Oficial de Galicia, 16-06-2003, Núm. 115, Páx. 7772
Orde do 27 de maio de 2003 pola que se clasifica como benéfico-social a Fundación Océano Vivo. Visto o expediente de clasificación da Fundación Océano Vivo, con domicilio en Arcade-Soutomaior (Pontevedra). Supostos de feito: 1. A fundación formulou solicitude de clasificación para os efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego. 2. A Fundación Océano Vivo foi constituída en escritura pública outorgada en Vigo o día vinteoito de febreiro de dous mil tres, ante o notario Francisco Fernández Íñigo, co número douscentos vintenove do seu protocolo, por Evaristo Lareo Viñas, que intervén en nome e representación da asociación Comisión de Cofradías de Pescadores Afectados por el Siniestro del Petrolero Prestige, Manuel Pazos Vázquez, que intervén en nome e representación da Federación Provincial de Confrarías Pescadores de Pontevedra, e Francisco Javier Martínez Durán e Juan Manuel López Álvarez que interveñen no seu propio nome e dereito. 3. A fundación ten por obxecto, segundo establece o artigo 7 dos estatutos, promover, incentivar e executar cantas accións se orienten á recuperación ambiental e económica de Galicia, traballando na recuperación dos danos causados polo afundimento do Prestige, canalizando as axudas públicas que, se é o caso, lle sexan concedidas ou privadas que para este fin se destinen. Neste contexto e a título meramente enunciativo, serán fins: a) A recuperación dos ecosistemas litorais, en especial das rías de Galicia, dos efectos dos hidrocarburos liberados no litoral galego trala vertedura e o afundimento do Prestige. b) A colaboración directa coas confrarías de mariñeiros galegos na recuperación da riqueza natural das costas galegas. c) A recuperación dos valores naturais e turísticos dos ecosistemas galegos ata alcanza-la devolución dos ditos valores ó seu estado anterior á vertedura e afundimento do Prestige. d) Actuacións tendentes á recuperación e/ou creación de zonas de cultivo extractivo, a adquisición de crías para semente destinadas ó sector pesqueiro e marisqueiro, así como os investimentos destinados para reparar ou substituí-los elementos materiais utilizados no cumprimento dos fins deste artigo sete. e) A promoción dos productos galegos provenientes do mar, tanto en mercados nacionais coma internacionais. f) O investimento en investigación e desenvolvemento, coa finalidade de obte-la mellor avaliación dos danos ocasionados polo Prestige e a posterior recuperación dos ecosistemas litorais. O padroado terá plena liberdade para determina-la actividade da fundación, dentro dos seus fins, cara a aqueles obxectivos concretos que, ó seu xuízo, sexan os máis adecuados en cada momento. 4. O padroado da fundación estará integrado por Evaristo Lareo Viñas como presidente, en representación da Comisión de Cofradías de Pescadores Afectados por el Siniestro del Petrolero Prestige; Manuel Pazos Vázquez como secretario, en representación da Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, e Francisco Javier Martínez Durán e Juan Manuel López Álvarez como vocais. 5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías eleva ó conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública proposta de clasificación como benéfico-social da Fundación Océano Vivo, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, véndose cumpridos os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como benéfico-social e a súa adscrición á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Fundamentos de dereito: 1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego. 2. De acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela. 3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 26 de maio de 2003. Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación. Na súa virtude, DISPOÑO: Clasificar como de como benéfico-social a Fundación Océano Vivo e adscribila á Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela. Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003. Jaime Pita Varela Conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
OCP27052003.pdf Galego
OCP27052003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles