Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se procede a designar o secretario do Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible.

Diario Oficial de Galicia, 07-02-2006, Núm. 26, Páx. 1826
Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se procede a designar o secretario do Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible. Con data do 15 de decembro de 2005, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 581/2005, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible, como órgano de coordinación das distintas políticas sectoriais en materia de sustentabilidade, con carácter técnico-administrativo e adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. O artigo 3.3º do devandito decreto determina na súa composición a actuación, como secretario do comité, dun funcionario da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible designado polo conselleiro, con voz pero sen voto. De conformidade co establecido nos artigos 3.3º do Decreto 581/2005, do 15 de decembro, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible e 34, 38 e seguintes da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e o seu presidente, DISPOÑO: Artigo único.- Designar como secretario do Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible, o funcionario Dionisio Rodríguez Álvarez, subdirector xeral de Promoción do Desenvolvemento Sostible, que actuará nesa calidade con voz pero sen voto. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2006. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL
Orde do 26 de xaneiro de 2006 pola que se procede a designar o secretario do Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible. Con data do 15 de decembro de 2005, o Consello da Xunta de Galicia aprobou o Decreto 581/2005, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible, como órgano de coordinación das distintas políticas sectoriais en materia de sustentabilidade, con carácter técnico-administrativo e adscrito á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible. O artigo 3.3º do devandito decreto determina na súa composición a actuación, como secretario do comité, dun funcionario da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible designado polo conselleiro, con voz pero sen voto. De conformidade co establecido nos artigos 3.3º do Decreto 581/2005, do 15 de decembro, polo que se crea o Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible e 34, 38 e seguintes da Lei 1/1983, reguladora da Xunta e o seu presidente, DISPOÑO: Artigo único.- Designar como secretario do Comité Interdepartamental de Desenvolvemento Sostible, o funcionario Dionisio Rodríguez Álvarez, subdirector xeral de Promoción do Desenvolvemento Sostible, que actuará nesa calidade con voz pero sen voto. Santiago de Compostela, 26 de xaneiro de 2006. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O26012006.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles