ORDE do 25 de agosto de 2025 pola que se regulan as bases e a convocatoria para o ano 2025 das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás persoas armadoras pola paralización temporal da actividade pesqueira motivada pola prohibición de pesca imposta no Regulamento delegado (UE) 2024/3089 da Comisión, do 30 de setembro de 2024, polo que se modifica o Regulamento (UE) 2019/1241, no que respecta ás medidas para reducir as capturas accidentais de golfiño común (Delphinus delphis) e outros pequenos cetáceos no Golfo de Biscaia (cofinanciadas ao 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura) (código de procedemento PE406I)

Diario Oficial de Galicia, 11-09-2025, Núm. 175, Páx. 49174
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Armadoras das embarcacións que estean rexistradas como activas no Rexistro Xeral da Frota Pesqueira e no Rexistro de Buques Pesqueiros da Comunidade Autónoma de Galicia e que levaran a cabo actividade cando menos 120 días durante os anos 2023 e 2024.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2025 das axudas en réxime de concorrencia competitiva ás persoas armadoras de embarcacións afectadas pola paralización temporal da actividade pesqueira motivada pola prohibición da pesca en augas francesas, ata o límite exterior da zona económica exclusiva de Francia dentro da subzona 8 do CIEM, para os buques de máis de 8 metros que leven a bordo redes de arrastre peláxico (PTM, OTM), redes de arrastre de fondo á parella (PTB), redes de cerco con xareta (PS), redes de enmalle de fondo (GNS), trasmallos (GTR) ou redes de enmalle e redes de trasmallo combinadas (GTN), establecida no Regulamento delegado (UE) nº 2024/3089 da Comisión, do 30 de setembro de 2024, polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/1241, no que respecta ás medidas para reducir as capturas accidentais de golfiño común (Delphinus delphis) e outros pequenos cetáceos no Golfo de Vizcaya.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 25-08-2025_gl.pdf galego
O 25-08-2025_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles