Diario Oficial de Galicia, 11-08-2021, Núm. 153, Páx. 40194
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores da pesca, as cooperativas, as asociacións profesionais de persoas mariscadoras a pé, as asociacións profesionais de redeiras e as confrarías de pescadores, que realicen os investimentos e gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social na nesta.
As persoas poderán ser beneficiarias en función da tipoloxía de proxectos subvencionables conforme o establecido no artigo 7.
As persoas poderán ser beneficiarias en función da tipoloxía de proxectos subvencionables conforme o establecido no artigo 7.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos que modernicen as infraestruturas dos portos pesqueiros, das lonxas ou establecementos autorizados para a primeira venda de produtos pesqueiros e lugares de desembarque, para a mellora da eficiencia enerxética, da protección do ambiente, da seguridade e das condicións de traballo das persoas pescadoras, da mellora da calidade e do incremento do control e da rastrexabilidade dos produtos desembarcados procedentes da pesca.
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
