ORDE do 23 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2026 (código de procedemento MR340A).

Diario Oficial de Galicia, 16-01-2026, Núm. 10, Páx. 3296
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán acollerse a estas axudas os empresarios individuais ou sociedades que sexan ou vaian ser titulares de instalacións obxecto da axuda dedicadas á transformación e/ou comercialización de produtos do anexo I do Tratado constitutivo da Comunidade Europea, e sobre as cales recaia a carga financeira dos investimentos e gastos que se consideren incentivables.
Obxecto
As axudas consistirán en subvencións en réxime de concorrencia competitiva, para dous tipos de intervencións:
Intervención 6842.1. Axudas a investimentos con obxectivos ambientais en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
Intervención 6842.2. Axudas a investimentos en transformación, comercialización e/ou desenvolvemento de produtos agroalimentarios.
Intervención 6842.1: Poderanse apoiar as seguintes categorías de investimentos:
1. Investimentos en mellora da eficiencia enerxética con fins principalmente ambientais.
2. Investimentos na valorización de residuos e materiais de orixe agrícola, gandeira para aumentar a autosuficiencia enerxética.
3. Investimentos para a adopción de fontes renovables de enerxía na industria.
4. Investimentos dirixidos a reducir as emisións de GEI e a unha mellor xestión dos recursos hídricos na industria.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao de publicación desta orde
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 23-12-2025_gl.pdf Galego
Ext O 23-12-2025_gl.pdf Galego
O 23-12-2025_es.pdf Castellano
Ext O 23-12-2025_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles