ORDE do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a adquisición de vehículos adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi ECO, e se convocan para o exercicio 2020, mediante tramitación anticipada (código de procedemento IF303A).

Diario Oficial de Galicia, 22-01-2020, Núm. 14, Páx. 3332
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INFRAESTRUTURAS E MOBILIDADE
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes (artigo 4 da orde de axudas).
Obxecto
O obxecto desta orde é fixar as bases reguladoras para a concesión de axudas a persoas titulares de autorizacións de transporte da serie VT-N para a adquisición de vehículos taxi adaptados a persoas con mobilidade reducida (Eurotaxi), vehículos taxi de emisións cero e vehículos taxi do tipo ECO.
Así mesmo, por medio desta orde convócanse as devanditas subvencións para o ano 2020 (código de procedemento IF303A).
Prazo
Rematará o 14 de outubro de 2020 (consultar art.5.4).