ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209B).

Diario Oficial de Galicia, 19-01-2023, Núm. 13, Páx. 7250
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, as organizacións de produtores, as cooperativas do mar, as asociacións de profesionais do sector e as demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector, sempre que sexan entidades titulares de plans marisqueiros en réxime de coxestión e teñan a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para
o ano 2023 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP, para a conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Or 21-12-2022 ecosistemas_mariños_gl.pdf galego
Or 21-12-2022 ecosistemas_mariños_gl.pdf galego
Ex Or 21-12-2022 ecosistemas_marinos_es.pdf castellano
Or 21-12-2022 ecosistemas_marinos_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles