ORDE do 21 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para o fomento do desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a competitividade no sector da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205I).

Diario Oficial de Galicia, 17-01-2023, Núm. 11, Páx. 6245
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
As empresas acuícolas ou organizacións destas con ámbito de actuación autonómico, legalmente constituídas e inscritas no correspondente rexistro, que desenvolvan proxectos de innovación en colaboración con organismos científicos ou técnicos recoñecidos polo Estado ou pola Comunidade Autónoma de Galicia.
Para os efectos desta orde, considerase empresa acuícola as persoas físicas ou xurídicas titulares de establecementos que se dedican a realizar actividades de acuicultura en calquera ou todas as súas fases de explotación, cría, cultivo ou reprodución, situados nas zonas terrestre, marítimo-terrestre ou marítima, e que teñan as súas instalacións na Comunidade Autónoma de Galicia.
Obxecto
a) O desenvolvemento de coñecementos técnicos, científicos ou organizativos nas explotacións acuícolas, que reduzan o impacto no ambiente, diminúan a dependencia da fariña e o aceite de peixe, impulsen un uso sustentable dos recursos na acuicultura, melloren
o benestar dos animais ou faciliten novos métodos de produción sustentable.
b) O desenvolvemento ou introdución no mercado de novas especies acuícolas, produtos novos ou substancialmente perfeccionados, procesos novos ou perfeccionados, ou sistemas de xestión e organización novos ou perfeccionados.
c) O estudo da viabilidade técnica ou económica de produtos ou procesos innovadores.
Prazo
Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Or 21-12-2022 axudas_acuicultura_FEMP_gl.pdf galego
Or 21-12-2022 ayudas_acuicultura_FEMP_es.pdf castellano
Or 21-12-2022 axudas_acuicultura_FEMP_gl.pdf galego
Ex Or 21-12-2022 ayudas_acuicultura_FEMP_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles