ORDE do 20 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos para a adquisición de vehículos alternativos, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de Policía Local, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E

Diario Oficial de Galicia, 23-07-2021, Núm. 140, Páx. 37687
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E TURISMO
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios desta subvención aqueles concellos de Galicia que subscribisen ou vaian subscribir un contrato de renting con data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2021 e que reúnan os requisitos indicados no artigo 3.
Obxecto
Por medio desta orde establécense as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións, de carácter plurianual e en réxime de concorrencia competitiva, dirixidas a concellos de Galicia para o financiamento da subministración de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos enchufables e non enchufables que reúnan as condicións para obter o distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, mediante o sistema de renting, con destino aos corpos de Policía Local para o exercicio das súas funcións, financiadas polo Fondo de Compensación Ambiental (código de procedemento PR483E).
Prazo
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Reg UE 2021-2088.pdf Castellano
O 20-07-2021_es.pdf Castellano
O 20-07-2021_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles