ORDE do 20 de xaneiro de 2022 pola que se aproban as bases e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para actuacións de concellos e entidades en reservas da biosfera de Galicia con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, para os anos 2022 e 2023 (código de procedemento MT724B).

Diario Oficial de Galicia, 11-02-2022, Núm. 29, Páx. 10716
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VI).
b) As seguintes persoas titulares propietarias de terreos: comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC).
c) Asociacións e ONG inscritas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental da Comunidade Autónoma de Galicia creado polo Decreto 226/2007, do 22 de novembro.
d) Entidades de custodia do territorio.
Obxecto
A finalidade desta orde é promover a conservación e xestión da biodiversidade e dos recursos naturais, o fomento do desenvolvemento sustentable e a mellora do patrimonio cultural nas reservas da biosfera de Galicia.
Estas axudas contribúen á consecución dos obxectivos do PRTR no marco do compoñente 4, investimento 2 e obxectivo 69.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.