Diario Oficial de Galicia, 27-04-2004, Núm. 80, Páx. 5918
Orde do 20 de abril de 2004 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 2003, pola que se procede á convocatoria para o ano 2004 de axudas encamiñadas ao uso racional da enerxía e ao fomento das enerxías renovables, encamiñadas á mellora da infraestrutura enerxética de Galicia.
A Consellería de Innovación, Industria e Comercio ditou a Orde do 21 de novembro de 2003 pola que se procede á convocatoria para o ano 2004 de axudas encamiñadas á mellora da infraestrutura enerxética de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 232, do 28 de novembro).
Por outra parte, na citada disposición establécese como requisito indispensable para o libramento de axudas, a presentación da documentación acreditativa do investimento realizado antes do 30 de setembro de 2004.
Tendo en conta a ampliación da partida orzamentaria que se incrementou en 492.440,03 A, pasando a dispor para este ano 2004 na aplicación orzamentaria 08.02.631-A.770.0 dun total de 546.440,03 A, e á vista das solicitudes presentadas, procédese a realizar esta convocatoria de admisión de solicitudes.
En consecuencia, en uso das atribucións que me foron conferidas,
DISPOÑO:
Artigo 1º
Modificar artigo 2º da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 21 de novembro de 2003, no referente ao crédito orzamentario para a anualidade 2004 da partida 08.02.631-A.770.0 Empresas privadas; uso racional da enerxía nas industrias, que pasa a ser de 546.440,03 A.
Artigo 2º
Abrir un novo prazo de admisión de solicitudes que será de 40 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación, ao abeiro da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 21 de novembro de 2003.
Santiago de Compostela, 20 de abril de 2004.
Juan Rodríguez Yuste
Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO
Rango legal
Orde
Clasificación
ENERXÍAS RENOVABLES E EFICIENCIA ENERXÉTICA
AXUDAS E SUBVENCIÓNS