Orde do 2 de setembro de 2005 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais desta consellería.

Diario Oficial de Galicia, 14-09-2005, Núm. 177, Páx. 15487
Orde do 2 de setembro de 2005 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais desta consellería. As diversas leis sectoriais en materia de ambiente veñen atribuíndo expresamente a competencia sancionadora aos diferentes órganos en que se estrutura a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible en función da cualificación das infraccións en leves, graves e moi graves. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dispón expresamente no parágrafo segundo do artigo 127 que o exercicio da potestade sancionadora correspóndelles aos órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída, por disposición de rango legal ou regulamentario. Pola súa banda o artigo 13 desta mesma lei sinala que os órganos das diferentes administracións públicas poderán delegar o exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes ou das entidades de dereito vinculadas ou dependentes daquelas. Consecuentemente co exposto e recoñecida expresamente a posibilidade de delegar o exercicio da potestade sancionadora noutros órganos da mesma administración e en uso das facultades previstas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, DISPOÑO: Artigo 1º.- Delégase o exercicio da potestade sancionadora dos expedientes administrativos sancionadores cando a súa resolución corresponda ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nos directores xerais desta consellería en atención ao ámbito de competencia material determinada no Decreto 106/2004, do 27 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, modificado polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, e neste sentido: 1. Delégase no director xeral de Conservación da Natureza a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ao conselleiro en materia de caza, pesca, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, conservación da natureza e animais potencialmente perigosos. 2. Delégase no director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ao conselleiro en materia de residuos e protección ambiental. Artigo 2º.- As resolucións e actos administrativos que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde sinalarán expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas polo órgano delegante. Artigo 3º.- En calquera momento o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible poderá reclamar o exercicio das atribucións que son delegadas por esta orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. Disposición derradeira Única.- A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2005. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o02092005.pdf Galego
o02092005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles