Diario Oficial de Galicia, 02-07-2019, Núm. 124, Páx. 30970
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPREGO E INDUSTRIA
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as entidades sen ánimo de lucro cuxo obxecto ou actividades estean relacionadas coa minaría. As ditas entidades non deberán exercer unha actividade económica ofrecendo bens ou servizos nun mercado determinado, salvo que dispoñan de contabilidade separada para as actividades económicas e as subvencionadas.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto aprobar as bases, que se inclúen no anexo I, polas que se rexerá a concesión das subvencións da Consellería de Economía, Emprego e Industria para a realización de accións que contribúan a mellorar as prácticas preventivas e ambientais do sector mineiro galego, ao aproveitamento racional e eficiente dos recursos minerais, á investigación e innovación no seu aproveitamento e á transferencia de coñecemento no marco dun desenvolvemento sustentable, así como á divulgación do sector na sociedade, incluíndo a investigación e divulgación da historia da minaría de Galicia e a recuperación e posta en valor do patrimonio mineiro.
Prazo
Un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
