ORDE do 19 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 das axudas para estudos e investimentos vinculados á conservación, recuperación e rehabilitación do patrimonio natural e cultural e á sensibilización ecolóxica na Rede de reservas da biosfera de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (código de procedemento MT724A).

Diario Oficial de Galicia, 05-02-2021, Núm. 24, Páx. 7431
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser entidades beneficiarias destas axudas os concellos incluídos no ámbito territorial de calquera das reservas da biosfera de Galicia (anexo VII que acompaña esta orde).
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento administrativo MT724A) das axudas recollidas no número 1.f) do artigo 20 do Regulamento 1305/2013 (UE) do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader); axudas recollidas no marco da operación 7.6 do PDR de Galicia para o período de programación 2014-2020, cuxa denominación é «Estudos e investimentos vinculados á conservación do patrimonio cultural, natural e sensibilización ecolóxica».
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde no DOG.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 19-01-2021_gl.pdf galego
Or 19-01-2021_es.pdf castelán
Ex Or 19-01-2021_gl.pdf galego
Ex Or 19-01-2021_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles