Diario Oficial de Galicia, 04-05-2023, Núm. 85, Páx. 27442
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Os concellos de Galicia que cumpran os seguintes requisitos:
a) Ter remitida a conta xeral do exercicio 2021 ao Consello de Contas de Galicia.
b) Que vaian promover ou participar nunha comunidade de enerxías renovables, nos termos establecidos no artigo 6.1.j) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Obxecto
Esta orde establece os criterios e o procedemento para a distribución da dotación do fondo adicional ao Fondo de Cooperación Local prevista na alínea i) do artigo 59.catro da Lei 6/2022, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2023 (DOG núm. 248, do 30 de decembro), destinada a concellos de Galicia, con código de procedemento PR486C, para o financiamento da súa participación en proxectos de creación e desenvolvemento de comunidades enerxéticas que contribúan á integración das enerxías renovables na actividade local e incrementen a participación destas no consumo final de electricidade, calefacción e transporte.
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG.