Diario Oficial de Galicia, 08-06-2021, Núm. 107, Páx. 28354
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións as confrarías de pescadores, organizacións de produtores da pesca e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por pescadores que realicen os investimentos e os gastos que se consideren subvencionables. As entidades serán sen ánimo de lucro e deben ter un ámbito territorial que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia e sede social nela.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais, e a convocatoria para o ano 2021, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para proxectos colectivos destinados a investimentos en portos pesqueiros, lonxas e lugares de desembarque que faciliten o cumprimento da obriga de desembarque das capturas e o incremento do valor dos compoñentes infrautilizados das capturas, cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
