Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 05-01-2004, Núm. 2, Páx. 90
Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia. A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións en materia de ambiente e conservación da natureza establecidas nos artigos 27.10º, 11, 15, 29.4º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril). Ademais, de conformidade co disposto no artigo 7, punto 2.2.2 do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, ten competencias para o fomento das accións de reducción, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e outras organizacións para a aplicación das accións indicadas. Estas funcións estanse a desenvolver con base en diversos plans, entre os que destaca o Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia. A finalidade destes premios é dobre: por unha banda téntase conciencia-las futuras xeracións da importancia que ten unha axeitada xestión dos seus residuos, así como a necesidade de que non tiren as pilas usadas nas bolsas de lixo, senón afacelos a que as boten nos contedores específicos para tal efecto; por outra parte, preténdese acadar un máximo de recollida de pilas. Para tal efecto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, DISPOÑO: Artigo 1º.- Convocatoria. Convócase un concurso dirixido a tódolos centros docentes de ensinanzas non universitarias da comunidade autónoma, consistente na IV edición da Liga de recollida de pilas, segundo se establece no artigo 2º. Artigo 2º.- Bases da IV edición da Liga de pilas. 1. O obxecto desta liga de recollida de pilas é fomenta-la axeitada xestión de pilas usadas entre os alumnos de tódolos colexios de Galicia, premiando aqueles que acrediten ter alcanzado a máis alta taxa de pilas recollidas por alumno. 2. Dada a diferencia de alumnado nos distintos centros, estes agruparanse en tres categorías, segundo o número de alumnos. a) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 inferior a 50. b) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 entre 50-300. c) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 superior a 300. 3. A liga comezará o día seguinte ó da súa publicación no DOG e rematará o 15 de outubro de 2004. Para a súa participación neste concurso, os colexios enviarán debidamente cuberto o formulario do anexo I, co obxecto de acredita-lo número total de alumnos matriculados no centro; este formulario será remitido por fax ou correo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n 15781, Santiago de Compostela. Fax: 981 54 11 00) antes do 31 de febreiro de 2004. 4. O concello será o encargado da recollida das pilas, logo da chamada do colexio, unha vez que o contedor específico para pilas usadas estea cheo. O colexio, por cada entrega de pilas usadas, cubrirá o formulario do anexo II. O concello acreditará directamente, ou a través da empresa designada por este, o peso dado polo colexio, selando ou asinando a folla normalizada do devandito anexo II. 5. Co fin de facer un seguimento dos resultados da liga, os colexios enviarán por fax á Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental os formularios do anexo II que teñan cubertos unha vez que lle sexan retiradas as súas pilas. Estes envíos deberán facerse en dúas tandas: antes do 31 de maio de 2004, e ata o 15 de outubro de 2004. Os formularios que non dispoñan da sinatura ou selo do concello ou da empresa designada polo concello para a recollida de pilas, non serán estimados. O seguimento dos resultados da liga poderá facerse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente. 6. Para a concesión dos premios calcularase a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías, segundo a seguinte fórmula: Total quilos recollidos por colexio/total alumnos matriculados no colexio. Ós colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas segundo a fórmula adxudicaránselle-los seguintes premios: a) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 inferior a 50. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. b) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 entre 50-300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. c) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 superior a 300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. En caso de empate nalgún dos premios, a súa contía repartirase entre os gañadores. Os colexios que obteñan premio recibirán a notificación antes do 30 de novembro do ano 2004. As listas definitivas de premiados pódense consultar na páxina web da Xunta de Galicia. O orzamento da orde será aboado con cargo á dotación orzamentaria 15.04.342A.640.1 Disposición adicional A presente orde de axudas tramítase ó abeiro do establecido na Orde do 25 de outubro de 2001, pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, estando condicionada a concesión das axudas á aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente ANEXO I - Liga de pilas. Centro: Categoría: Código: Cidade: Provincia: Enderezo: CP: Teléfono: Nº de alumnos matriculados: ANEXO II - Liga de pilas. Centro: Categoría: Cidade: Enderezo: CP: Teléfono: Provincia: Data: Quilos: Selo do concello:
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o18122003.pdf Galego
O18122003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles