Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 05-01-2004, Núm. 2, Páx. 90
Número do Dog: 2 Páxina do Dog: 90 Data da Disposición: 18 de decembro de 2003 Sección: III. OUTRAS DISPOSICIÓNS Organismo: CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE Rango: Orde Título: Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia. Orde do 18 de decembro de 2003 pola que se convoca un concurso para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia. A Consellería de Medio Ambiente é o órgano da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que ten atribuídas as competencias e funcións en materia de ambiente e conservación da natureza establecidas nos artigos 27.10º, 11, 15, 29.4º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril). Ademais, de conformidade co disposto no artigo 7, punto 2.2.2 do Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, ten competencias para o fomento das accións de reducción, reciclaxe e recuperación de residuos e dos programas de colaboración cos concellos e outras organizacións para a aplicación das accións indicadas. Estas funcións estanse a desenvolver con base en diversos plans, entre os que destaca o Plan de xestión de residuos sólidos urbanos de Galicia. A finalidade destes premios é dobre: por unha banda téntase conciencia-las futuras xeracións da importancia que ten unha axeitada xestión dos seus residuos, así como a necesidade de que non tiren as pilas usadas nas bolsas de lixo, senón afacelos a que as boten nos contedores específicos para tal efecto; por outra parte, preténdese acadar un máximo de recollida de pilas. Para tal efecto, en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, DISPOÑO: Artigo 1º.-Convocatoria. Convócase un concurso dirixido a tódolos centros docentes de ensinanzas non universitarias da comunidade autónoma, consistente na IV edición da Liga de recollida de pilas, segundo se establece no artigo 2º. Artigo 2º.-Bases da IV edición da Liga de pilas. 1. O obxecto desta liga de recollida de pilas é fomenta-la axeitada xestión de pilas usadas entre os alumnos de tódolos colexios de Galicia, premiando aqueles que acrediten ter alcanzado a máis alta taxa de pilas recollidas por alumno. 2. Dada a diferencia de alumnado nos distintos centros, estes agruparanse en tres categorías, segundo o número de alumnos. a) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 inferior a 50. b) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 entre 50-300. c) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 superior a 300. 3. A liga comezará o día seguinte ó da súa publicación no DOG e rematará o 15 de outubro de 2004. Para a súa participación neste concurso, os colexios enviarán debidamente cuberto o formulario do anexo I, co obxecto de acredita-lo número total de alumnos matriculados no centro; este formulario será remitido por fax ou correo á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (San Lázaro, s/n 15781, Santiago de Compostela. Fax: 981 54 11 00) antes do 31 de febreiro de 2004. 4. O concello será o encargado da recollida das pilas, logo da chamada do colexio, unha vez que o contedor específico para pilas usadas estea cheo. O colexio, por cada entrega de pilas usadas, cubrirá o formulario do anexo II. O concello acreditará directamente, ou a través da empresa designada por este, o peso dado polo colexio, selando ou asinando a folla normalizada do devandito anexo II. 5. Co fin de facer un seguimento dos resultados da liga, os colexios enviarán por fax á Dirección Xeral Calidade e Avaliación Ambiental os formularios do anexo II que teñan cubertos unha vez que lle sexan retiradas as súas pilas. Estes envíos deberán facerse en dúas tandas: antes do 31 de maio de 2004, e ata o 15 de outubro de 2004. Os formularios que non dispoñan da sinatura ou selo do concello ou da empresa designada polo concello para a recollida de pilas, non serán estimados. O seguimento dos resultados da liga poderá facerse a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente. 6. Para a concesión dos premios calcularase a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías, segundo a seguinte fórmula: Total quilos recollidos por colexio/total alumnos matriculados no colexio. Ós colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas segundo a fórmula adxudicaránselle-los seguintes premios: a) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 inferior a 50. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. b) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 entre 50-300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. c) Centros educativos cun número de alumnos matriculados no curso 2003-2004 superior a 300. Primeiro premio: 3.000 euros. Segundo premio: 2.500 euros. Terceiro premio: 2.000 euros. Cuarto premio: 1.500 euros. Quinto premio: 1.000 euros. Sexto premio: 500 euros. En caso de empate nalgún dos premios, a súa contía repartirase entre os gañadores. Os colexios que obteñan premio recibirán a notificación antes do 30 de novembro do ano 2004. As listas definitivas de premiados pódense consultar na páxina web da Xunta de Galicia. O orzamento da orde será aboado con cargo á dotación orzamentaria 15.04.342A.640.1 Disposición adicional A presente orde de axudas tramítase ó abeiro do establecido na Orde do 25 de outubro de 2001, pola que se modifica a Orde do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expediente de gasto, estando condicionada a concesión das axudas á aprobación polo Parlamento de Galicia da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2004. Disposición derradeira Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2003. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente ANEXO I -Liga de pilas. Centro: Categoría: Código: Cidade: Provincia: Enderezo: CP: Teléfono: Nº de alumnos matriculados: ANEXO II -Liga de pilas. Centro: Categoría: Cidade: Enderezo: CP: Teléfono: Provincia: Data: Quilos: Selo do concello
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
EDUCACIÓN E FORMACIÓN AMBIENTAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
OrdePilas.pdf Galego
OrdePilasCast.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles