Orde do 17 de novembro de 2006 pola que se declara de interese galego a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería.

Diario Oficial de Galicia, 18-12-2006, Núm. 241, Páx. 18333
Orde do 17 de novembro de 2006 pola que se declara de interese galego a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia e se ordena a súa inscrición na sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego desta consellería. Con data do 16 de outubro de 2006, publicouse no Diario Oficial de Galicia número 199, a Orde do 4 de outubro de 2006 pola que se clasifica de interese social a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia, adscribíndose á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, que terá que exercer o protectorado plenamente sobre ela. Esta fundación, de acordo co establecido no artigo seis dos estatutos, ten por obxecto principal fomentar a protección, a conservación e o ordenado aproveitamento sustentable das especies cinexéticas e a defensa do ambiente de Galicia. Por todo isto, en virtude das competencias que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e segundo o establecido nos artigos 8 da Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, e 32.3º a) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, DISPOÑO: Primeiro.- Declarar de interese galego a Fundación Adolfo Sobrino para el desarrollo y aprovechamiento sostenible de los recursos naturales en Galicia, ao cumprir os seus estatutos as prescricións que, para tal efecto, sinala a vixente lexislación en materia de fundacións de interese galego. Segundo.- Ordenar a inscrición da dita fundación no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, sección da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para os efectos constitutivos que sinala a Lei 7/1983, do 22 de xuño, de réxime das fundacións de interese galego, modificada pola Lei 11/1991, do 8 de novembro. Terceiro.- A dita fundación queda sometida ao disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial, ás obrigas de darlle publicidade suficiente ás súas actividades, e a ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servizos, quedando obrigada a lle render contas anualmente ao protectorado e xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como presentarlle o proxecto de orzamento ao protectorado con anterioridade ao inicio do exercicio económico para o que se formula, e debendo solicitar as preceptivas autorizacións, cando sexan necesarias. Santiago de Compostela, 17 de novembro 2006. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o17112006.pdf Galego
o17112006.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles