Orde do 17 de novembro de 2005 pola que se conceden os premios para o fomento da recollida de pilas en Galicia.

Diario Oficial de Galicia, 25-11-2005, Núm. 227, Páx. 18882
Orde do 17 de novembro de 2005 pola que se conceden os premios para o fomento da recollida de pilas en Galicia. Por Orde do 29 de decembro de 2004 (publicada no DOG nº 2, do 4 de xaneiro) foron convocados os premios para o fomento da recollida de pilas usadas en Galicia. No artigo 2, número 6, da citada orde, prevese que para a concesión dos premios se calculará a taxa de quilos recollidos por alumno matriculado, nas distintas categorías, segundo a seguinte fórmula: total de quilos recollidos por colexio/total de alumnos matriculados no colexio. Os premios concederanse aos colexios que acrediten unha maior taxa de recollida de pilas usadas, e por categorías. Polo tanto, en uso das atribucións conferidas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, en relación cos artigos 27.30º e 30 do Estatuto de autonomía de Galicia e o Decreto 106/2004, de 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, RESOLVO: Artigo 1º. De acordo co disposto na Orde do 29 de decembro de 2004, concédense os premios aos colexios que se relacionan no anexo desta orde. Artigo 2º. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación e seralles comunicada persoalmente aos premiados. Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2005. Manuel Vázquez Fernández Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible ANEXO Categoría A. Centros cun número de alumnos matriculados no curso 2004-2005 inferior a 50. 1º premio 1.000 euros: SAN XEROME EMILIANI (A Guarda) 2º premio 800 euros: EEI CIMADEVILA (Cangas) 3º premio 600 euros: ESCOLA INFANTIL DE BAIUCA (Catoira) 4º premio 400 euros: EEI TOMÁS SERANTES (Ferrol) Categoría B. Centros cun número de alumnos matriculados no curso 2004-2005 entre 50 e 250. 1º premio 2.500 euros: CEIP A SANGRIÑA (A Guarda) 2º premio 2.000 euros: CEIP CELSO EMILIO FERREIRO (Cerceda) 3º premio 1.500 euros: CEIP ANTONIO PEDROSA LATAS (Viveiro) 4º premio 1.000 euros: CEIP NADELA (Lugo) 5º premio 800 euros: CEIP OS CASAIS (Fene) 6º premio 600 euros: CEIP Nº 1-TUI (Tui) Categoría C. Centros cun número de alumnos matriculados no curso 2004-2005 superior a 250. 1º premio 4.000 euros: COLEXIO DA INMACULADA (Ponteareas) 2º premio 3.500 euros: CEIP LOPE DE VEGA (Vigo) 3º premio 3.000 euros: CEIP SEIS DO NADAL (Vigo) 4º premio 2.500 euros: CEIP ESCULTOR ACUÑA (Vigo) 5º premio 2.000 euros: IES A SANGRIÑA (A Guarda) 6º premio 1.500 euros: CEIP ÁLVAREZ LIMESES (Pontevedra)
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
RESIDUOS PERIGOSOS

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
o17112005.pdf Galego
O17112005.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles