Diario Oficial de Galicia, 02-03-2006, Núm. 43, Páx. 3127
Orde do 17 de febreiro de 2006 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas que realicen investimentos encamiñados á prevención e redución da contaminación a través de melloras tecnolóxicas aplicadas a procesos, cambios nas materias primas e produtos e reutilización ou valoración non enerxética.
O desenvolvemento sustentable é o piar sobre do que temos que levar a cabo calquera iniciativa. Debemos ser capaces de apoiar e impulsar o desenvolvemento dun mercado máis respectuoso co noso ambiente para que as empresas respondan con innovacións tecnolóxicas e de xestión que estimularán o crecemento, a competitividade, a rendibilidade e a creación de emprego.
Para poder resolver os problemas ecolóxicos actuais é preciso superar a concepción exclusivamente lexislativa e adoptar un enfoque máis estratéxico para inducir os cambios necesarios nos nosos modelos de produción e consumo.
Debemos desenvolver ao máximo unha serie de instrumentos e medidas para influír sobre as decisións que toman as empresas, impulsando o establecemento de actuacións para evitar ou reducir as emisións das instalacións industriais contaminantes na atmosfera, a auga e o solo para acadar un nivel elevado de protección do ambiente, considerado no seu conxunto.
Para a consecución destes obxectivos, así como para promover a utilización das mellores técnicas dispoñibles, as administracións públicas, no ámbito das súas respectivas competencias, poden establecer instrumentos de carácter económico e medidas de incentivación.
Na súa virtude, e de conformidade co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normativa de aplicación,
DISPOÑO:
Capítulo I: Cuestións xerais
Artigo 1º.- Obxecto e ámbito de aplicación.
1. Esta orde ten por obxecto, de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade, a concesión de axudas para novas instalacións, ampliación ou modificación das existentes, para o fomento da protección do ambiente, co fin de minimizar a contaminación para reducir o impacto sobre o medio e de obter melloras ambientais a través de cambios nos procesos, produtos ou nas materias primas e na súa utilización, reutilización en fábrica dos residuos xerados e cambios tecnolóxicos.
2. Estas axudas concederanse para a realización de investimentos en instalacións para a prevención e redución da contaminación do ambiente.
3. As solicitudes de axudas deberán presentarse antes de comezar a execución dos proxectos de investimento conforme prevé o Decreto 172/2001, do 12 de xullo, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial. As actuacións obxecto desta orde deberán estar finalizadas antes do 31 de outubro de 2006.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
1. Poderán acollerse a estas axudas as empresas legalmente constituídas que cumpran os seguintes requisitos:
a) Unha empresa con personalidade xurídica que reúna as cláusulas seguintes:
- Que empregue a menos de 250 traballadores.
- Que teña un volume de negocios inferior a 50 millóns de euros ou un balance xeral inferior a 43 millóns de euros.
- Que non estea participada nun 25% ou máis do seu capital por unha empresa que non cumpra os requisitos anteriores.
b) Ter o seu domicilio social ou algún dos seus centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e materializar o proxecto obxecto de axuda no ámbito territorial de Galicia.
c) Estar ao día das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
d) Non ter contraída débeda coa Xunta de Galicia.
e) Posuír personalidade xurídica propia, suficiente capacidade para obrar e non estar inhabilitada para a obtención de subvencións públicas ou para contratar co Estado, comunidades autónomas e outros entes públicos.
2. Non poderán obter a condición de beneficiario das axudas previstas nesta orde, as persoas ou entidades nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 3º.- Solicitudes.
1. As solicitudes irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible da Xunta de Galicia e deberán ser presentadas no modelo recollido para o efecto no anexo desta orde. Sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, as solicitudes de axuda poderán ser presentadas na Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, nas delegacións provinciais ou nos servizos centrais.
2. As solicitudes deberán ser presentadas no prazo de 60 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
3. A presentación da solicitude de concesión de axuda ou subvención polo interesado, segundo o artigo 43 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, segundo o requirido nas correspondentes bases reguladoras.
Artigo 4º.- Documentación xeral que hai que presentar.
Coas solicitudes xuntaranse os seguintes documentos con carácter xeral:
1. A instancia de solicitude, segundo as indicacións recollidas no artigo 3º.1.
2. Acreditación da personalidade:
2.1. Persoas xurídicas:
a) Copia compulsada da certificación rexistral na que conste a súa constitución e os estatutos vixentes.
b) Copia compulsada do documento acreditativo do poder co que actúa o representante en nome da entidade, no caso de que tal poder non conste na certificación, e copia compulsada do seu documento nacional de identidade.
c) Copia compulsada da tarxeta de identificación fiscal.
2.2. Persoas físicas:
a) Copia compulsada do documento nacional de identidade do titular ou titulares solicitantes, así como do seu representante, se é o caso.
b) Copia compulsada da declaración censual de alta en obrigas tributarias (modelo 037) na Axencia Estatal Tributaria, referida a todos os titulares, se é o caso.
3. Acreditación, cando proceda, de estar ao día no cumprimento do programa de autocontrois de emisións á atmosfera, remitindo unha copia compulsada do libro de rexistro de emisións e as analíticas dos autocontrois do último ano.
4. Copia compulsada da autorización de vertedura expedida polo organismo de bacía correspondente ou polo organismo competente.
5. Outras autorizacións exixidas pola lexislación sectorial para o funcionamento da actividade.
6. Declaración xurada de cumprimento da lexislación ambiental e sectorial vixente. O cumprimento desta lexislación ten que ser previo á publicación desta orde.
7. Licenza de actividade municipal.
8. Certificación expedida pola entidade bancaria na que se sinale o número de conta do beneficiario onde se debe realizar o pagamento.
9. Declaración de conxunto de todas as solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes.
10. Documentación requirida no capítulo II.
No caso de que non proceda a presentación dalgunha da documentación exixida nalgún dos puntos anteriores, xustificarase convenientemente.
Artigo 5º.- Gastos non subvencionables.
Non se considerarán subvencionables os seguintes conceptos:
1. IVE satisfeito pola adquisición de bens e en xeral calquera outro imposto pagado pola entidade.
2. Gastos financeiros derivados do investimento.
3. Gastos non xustificados correctamente ou que non sexan obxecto de subvención, como poden ser estudos, proxectos, etc., así como gastos non imputables directamente ao investimento.
4. Gastos de adquisición de terreos e adquisición ou construción de naves, así como alugueiro de maquinaria.
5. Gastos de persoal, tanto propio como externo.
Capítulo II: Obxecto, documentación e avaliación
Artigo 6º.- Obxecto.
1. Concederanse axudas a aqueles investimentos destinados ás instalacións para a prevención e redución da contaminación do ambiente. Para conseguir este obxectivo poderán ser beneficiarios de subvención aqueles proxectos que propoñan:
a) Mellora tecnolóxica.
b) Cambio nas materias primas.
c) Reutilización ou valorización non enerxética na propia industria.
d) Cambios nos produtos.
2. Cando o importe do gasto subvencionable supere os 30.000 euros no suposto de custe por execución de obra, ou de 12.000 euros no suposto de subministración de bens de equipo ou prestación de servizos por empresas de consultoría ou asistencia técnica, o beneficiario, segundo dispón o artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contracción do compromiso para a prestación do servizo ou á entrega do ben, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o presten, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse na xustificación ou, se é o caso, na solicitude de subvención, realizarase conforme os criterios de eficiencia e economía, quedando xustificada expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa.
Artigo 7º.- Contía.
As axudas poderán acadar ata un 50% do investimento subvencionable. En ningún caso esta subvención poderá ser superior a 60.101 euros.
Artigo 8º.- Documentación específica que hai que presentar.
1. Xunto co impreso de solicitude publicado como anexo, deberá presentarse a documentación xeral requirida no artigo 4º desta orde, xuntándose por duplicado un estudo que conteña:
a) Memoria técnica explicativa e proxecto, cando proceda, da acción que se vai desenvolver con mención expresa do punto do artigo 6º ao que corresponda. Esta memoria técnica incluirá, como mínimo, os seguintes puntos:
- Antecedentes e descrición da situación de partida (datos da empresa, evolución, situación actual...).
- Obxecto do investimento.
- Descrición das actuacións obxecto do investimento.
- Obxectivos ambientais que se van acadar.
- Orzamento detallado dos traballos que se van realizar.
b) Diagnóstico da incidencia ambiental da empresa, valorando a importancia dos efectos ambientais da actividade no contorno.
c) Factura pro forma de cada un dos conceptos orzamentarios.
d) Calendario de prazos de execución.
e) Así mesmo farase constar se a empresa dispón dun sistema de xestión ambiental mediante adhesión ao sistema EMAS ou certificado conforme as normas internacionais ISO 14001.
2. Se a solicitude de iniciación e a documentación que se vai presentar non reúne os requisitos sinalados con anterioridade requirirase o interesado para que nun prazo de 10 días emende a falta ou faga chegar os documentos preceptivos, con indicación de que se así non o fixese, terase por desistido da súa petición, previa resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da LRX-PAC.
No suposto de que a documentación presentada exceda das 50 páxinas de extensión deberase entregar un documento de síntese.
Artigo 9º.- Criterios de priorización.
1. As solicitudes avaliaranse en réxime de concorrencia competitiva e para avaliar a prioridade entre elas teranse en conta os seguintes criterios enumerados por orde decrecente de importancia:
a) Investimentos dirixidos á redución da incidencia ambiental da empresa e o seu carácter innovador.
b) Investimentos dirixidos á mellora tecnolóxica da instalación.
c) Investimentos dirixidos ao cambio de materias primas ou produtos.
d) Investimentos dirixidos á reutilización ou valorización non enerxética na propia industria.
2. Considerando os anteriores criterios, a comisión de avaliación creada polo artigo 10º desta orde estudará as solicitudes presentadas e avaliará estas tendo en conta as letras a), b), d) e e) da documentación á que se refire o artigo 8º, puntuando da seguinte forma:
Letra a): ata un máximo de 5 puntos.
Letra b): ata un máximo de 3 puntos.
Letra c): ata un máximo de 3 puntos.
Letra d): ata un máximo de 3 puntos se a empresa dispón dun sistema de xestión ambiental mediante adhesión ao sistema EMAS e de 2 se dispón dun certificado conforme as normas internacionais ISO 14001.
As solicitudes que non obtivesen unha puntuación mínima de 7 puntos entenderanse desestimadas.
3. A porcentaxe subvencionable de cada proxecto, tendo en conta que a contía máxima non poderá superar o establecido no artigo 7º, determinarase do seguinte xeito:
1) Adscribirase cada solicitude admitida a un dos grupos definidos no número 1 deste artigo, adxudicando, segundo o grupo ao que pertenza, un coeficiente de ponderación polo que se multiplicará a puntuación obtida na valoración de cada solicitude. Deste xeito asígnase á totalidade dos proxectos, a orde de prioridade establecida no número 1 deste mesmo artigo.
2) Para realizar o cálculo da porcentaxe que se vai subvencionar de cada solicitude, establecerase unha relación lineal de proporcionalidade considerando as puntuacións máxima e mínima do conxunto de solicitudes, e asignado a porcentaxe máxima de axuda á solicitude que obteña a máxima puntuación. A porcentaxe mínima establecerase de xeito que a cantidade orzada indicada no artigo 16º sexa distribuída na súa totalidade entre todas as solicitudes de axuda admitidas.
Capítulo III: Tramitación, resolución, xustificación e pagamento
Artigo 10º.- Comisión de avaliación.
1. Presentada a solicitude xunto á documentación correspondente, procederase á súa valoración por unha comisión de avaliación de proxectos constituída polo director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, o subdirector xeral de Tecnoloxía e Control Ambiental, a subdirectora xeral de Calidade Ambiental e o subdirector xeral de Avaliación Ambiental.
2. No suposto de que a documentación presentada non reunise os requisitos exixidos requirirase o solicitante para a súa emenda outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada por Lei 4/1999, con indicación de que, se así non o fixese, teráselle por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da citada lei.
Artigo 11º.- Resolución.
1. A resolución da concesión das axudas será ditada polo conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, logo da proposta da concesión formulada pola Comisión de avaliación, proposta que se axustará ao disposto no artigo 9.5º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, nun prazo de catro meses a partir da publicación da convocatoria no DOG. Transcorrido o prazo máximo para resolver sen que o interesado recibise comunicación expresa, entenderanse desestimadas as súas pretensións por silencio administrativo, conforme o disposto no artigo 2 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, sen prexuízo da obriga de resolver expresamente as ditas solicitudes conforme prevé o artigo 42 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común.
2. O outorgamento da axuda debe ser aceptado polo beneficiario no prazo de 15 días, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que o beneficiario non comunique a súa aceptación no prazo indicado, a subvención outorgada considerarase desestimada.
3. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión.
4. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ordeará a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas, expresando a convocatoria, programa e crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención.
Artigo 12º.- Control e seguimento.
1. Constitúese unha comisión de seguimento integrada polos mesmos membros da comisión de avaliación, que se encargará do control da execución da actividade obxecto da axuda.
2. A referida comisión poderá solicitar, en calquera momento e de xeito motivado, cantas aclaracións e informes sexan necesarios e convenientes e, no suposto de non ser consignados no prazo de 10 días, a partir do día seguinte ao da notificación, conforme prevé o artigo 76 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, considerarase decaído no seu dereito o trámite correspondente, segundo prevé o parágrafo 3º deste artigo 76.
Artigo 13º.- Acreditación de traballos realizados.
Para proceder ao cobramento das axudas será indispensable a presentación, antes do 31 de agosto de 2006, da seguinte documentación:
a) Informe final dos traballos realizados e investimento.
b) Copia compulsada das facturas, xustificantes bancarios dos pagamentos realizados ou outros xustificantes do investimento solicitado previstos que deberán estar debidamente acreditados ante a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que outorgará a súa conformidade.
c) No momento da xustificación da execución do proxecto o peticionario presentará unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para un mesmo proxecto, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades (Resolución do 30 de novembro de 1999, no que se establece o mecanismo de seguimento e control de concorrencia e acumulación das axudas públicas).
d) Deberá acreditar o beneficiario da subvención o compromiso de manter o investimento de que se trate ou emprego ligado a este durante o período mínimo de 5 anos, así como non superar as porcentaxes máximas de acumulación establecidas pola normativa europea.
Artigo 14º.- Pagamento.
1. Conforme o previsto no artigo 16 parágrafo 2, punto 2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, poderán facerse pagamentos parciais á conta da liquidación sempre que concorran as seguintes circunstancias:
a) Que o interesado o solicite.
b) Que se xustifique non só o investimento senón os pagamentos efectuados na mesma proporción que represente o pagamento parcial respecto da subvención concedida ata ese momento con cargo o proceso do investimento aprobado.
c) O importe que se poida satisfacer por pagamentos parciais non poderá exceder en ningún caso da anualidade prevista en cada exercicio orzamentario nin tampouco superar o 80% do total da subvención concedida.
d) Os pagamentos parciais quedarán condicionados ao resultado da liquidación definitiva da subvención.
2. Será obrigatoria a presentación de garantía para o suposto daqueles pagamentos parciais cando a contía da subvención exceda de 30.050,60 euros, conforme prevé o artigo 17.1º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
3. No momento do pagamento, segundo dispón o artigo 15.4º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma, será preciso que o beneficiario da subvención presente declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para un mesmo proxecto, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes.
4. O beneficiario deberá atoparse ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias, coa Seguridade Social e non ter débedas coa comunidade autónoma, tanto no momento de ditarse proposta de resolución de concesión como con anterioridade ao seu pagamento.
Artigo 15º.- Redución do pagamento.
No suposto de que o investimento ou a actividade realizada tivese un custo inferior ao inicialmente previsto, a axuda concedida verase diminuída nunha porcentaxe proporcional.
Artigo 16º.- Aplicación orzamentaria.
Para a concesión das axudas convocadas nesta orde destinaranse ata un máximo de 500.000 euros que se imputarán na aplicación orzamentaria 15.03.342A.770. dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia do ano 2006.
Artigo 17º.- Compatibilidade de axudas.
Só serán compatibles con estas axudas as convocadas pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para implantación dun sistema de xestión ambiental mediante adhesión ao sistema EMAS comunitario ou certificado conforme as normas internacionais ISO 14001, dentro dos límites establecidos no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario da Comunidade Autónoma de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, modificada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, na que se sinala que o importe das axudas non poderá en ningún caso, illada ou conxuntamente con outras, superar o custo da actividade que vai desenvolver o beneficiario, e de conformidade cos límites establecidos na normativa comunitaria.
Artigo 18º.- Reintegro.
Procederá o reintegro total ou parcial das axudas reguladas nesta orde e dos xuros de demora reportados desde o momento do seu pagamento, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión e, en todo caso, nos supostos previstos no artigo 19 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro e o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, modificada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo. Non se poderá exixir o pagamento da axuda ou subvención concedida e procederá o reintegro total ou parcial da contía percibida xunto cos xuros de demora reportados desde o pagamento, nos casos seguintes:
a) Incumprimento da obriga de xustificación.
b) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.
c) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.
d) Incumprimento das condicións impostas aos beneficiarios con motivo da concesión da axuda ou subvención pública.
Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos en que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia coas axudas o que se refire o artigo 17 (adhesión ao sistema EMAS), supere o custo de actividade que vai desenvolver o beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que se estableza.
Artigo 19º.- Obriga de facilitar información.
Ademais da documentación complementaria que, durante a tramitación do procedemento, lles poidan exixir os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga de facilitar toda a información que lles sexa requirida polos órganos dependentes do organismo pagador, pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas, así como a que lles sexa solicitada por calquera órgano comunitario de inspección ou control.
Artigo 20º.- Recursos.
A resolución da subvención porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución fose expresa ou seis meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo.
Disposición adicional
Primeira.- Aos beneficiarios das axudas reguladas nesta orde seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo, así como as previsións contidas no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que desenvolve o citado decreto lexislativo.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Facúltase o director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental para ditar cantas disposicións complementarias sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.
Segunda.- En todo o non previsto nesta orde, rexerá o disposto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, coas particularidades introducidas a través da Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, pola que se adapta o tratamento xurídico aplicable ás subvencións segundo o establecido na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Terceira.- Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ACTIVIDADES INDUSTRIAIS
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|