ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a pemes, autónomos, asociacións e fundacións de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975V).

Diario Oficial de Galicia, 30-12-2024, Núm. 250, Páx. 68177
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E CAMBIO CLIMÁTICO
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Conultar o Artigo 2. Persoas beneficiarias
Obxecto
Regular a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a pequenas e medianas empresas, autónomos, asociacións e fundacións da Comunidade Autónoma de Galicia para a construción e ampliación de instalacións de preparación para a reutilización (en diante PxR) de residuos domésticos recollidos separadamente (RAEE, téxtiles, etc.) e construción de instalacións de reciclado de residuos téxtiles ao tempo que se fai pública a súa convocatoria por anticipado de gasto para o ano 2025.
Prazo
Un (1) mes, a contar dende o día seguinte á publicación da convocatoria no DOG.