ORDE do 17 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para investimentos produtivos, incremento da eficiencia enerxética e fomento da reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables, e para a obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico no ámbito da acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se procede á súa convocatoria para o ano 2022, tramitado como expediente anticipado de gasto (código de procedemento PE205F).

Diario Oficial de Galicia, 29-12-2021, Núm. 249, Páx. 64627
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser persoas beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as empresas acuícolas segundo dispón o artigo 46 do Regulamento (UE) nº 508/2014.
Obxecto
1. Modalidade A: axudas destinadas á realización das actuacións que a seguir se detallan, que teñen por obxecto o fomento dunha acuicultura sustentable desde unha perspectiva ambiental, socialmente responsable, baseada no coñecemento e competitiva (artigo 48 (letras: a, b, c, d, f, h) do Regulamento (UE) nº 508/2014).
2. Modalidade B: axudas destinadas a investimentos que aumenten a eficiencia enerxética e fomenten a reconversión das empresas acuícolas a fontes de enerxía renovables (artigo 48 apartado k) do Regulamento (UE) nº 508/2014).
3. Modalidade C: axudas destinadas á obtención de servizos de asesoramento de carácter técnico, científico, xurídico, ambiental ou económico, co fin de mellorar o rendemento global e a competitividade das explotacións acuícolas e reducir o impacto ambiental negativo do seu funcionamento (artigo 49, letra b) do Regulamento (UE) nº 508/2014).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte á publicación desta orde
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ex Or 17-12-2021 axudas-acuícolas_gl.pdf galego
Or 17-12-2021 axudas-acuícolas_gl.pdf galego
Or 17-12-2021 ayudas-acuícolas_es.pdf castelán
Ex Or 17-12-2021 ayudas-acuícolas_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles