Orde do 16 de xullo de 2003 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais da Consellería de Medio Ambiente.

Diario Oficial de Galicia, 05-08-2003, Núm. 150, Páx. 10237
Orde do 16 de xullo de 2003 pola que se delega o exercicio de determinadas competencias en materia sancionadora nos directores xerais da Consellería de Medio Ambiente. As diversas leis sectoriais en materia de medio ambiente veñen atribuíndo expresamente a competencia sancionadora ós diferentes órganos nos que se estructura a Consellería de Medio Ambiente, en función da cualificación das infraccións en leves, graves e moi graves. A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, dispón expresamente no parágrafo segundo do artigo 127 que «o exercicio da potestade sancionadora correspóndelles ós órganos administrativos que a teñan expresamente atribuída, por disposición de rango legal ou regulamentario». Pola súa banda o artigo 13 desta mesma lei sinala que «Os órganos das diferentes administracións públicas poderán delega-lo exercicio das competencias que teñan atribuídas noutros órganos da mesma Administración, aínda que non sexan xerarquicamente dependentes ou das entidades de dereito vinculadas ou dependentes daquelas». Consecuentemente co exposto e recoñecida expresamente a posibilidade de delega-lo exercicio da potestade sancionadora noutros órganos da mesma Administración e en uso das facultades previstas no artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, DISPÓÑO: Artigo 1º Delega-lo exercicio da potestade sancionadora dos expedientes administrativos cando a súa resolución corresponda ó conselleiro de Medio Ambiente, nos directores xerais desta consellería en atención ó ámbito de competencia material determinada no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, e neste sentido: 1. Delégase no director xeral de Montes e Industrias Forestais a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de montes e incendios forestais. 2. Delégase no director xeral de Conservación da Natureza a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de caza, pesca, protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, conservación da natureza e animais potencialmente perigosos. 3. Delégase no director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a resolución dos expedientes administrativos sancionadores que lle correspondan ó conselleiro en materia de residuos e protección ambiental. Artigo 2º As resolucións e actos administrativos que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde sinalarán expresamente esta circunstancia e considereranse dictadas polo órgano delegante. Artigo 3º En calquera momento o conselleiro de Medio Ambiente poderá reclama-lo exercicio das atribucións que son delegadas por esta orde, da que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 42.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente. Disposición derradeira Única.-A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2003. Jose Luis Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O16072003.pdf Galego
016072003.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles