ORDE do 16 de decembro de 2022 pola que se realiza a convocatoria, para o ano 2023, para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna, con cargo ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (código de procedemento IN407E).

Diario Oficial de Galicia, 20-01-2023, Núm. 20, Páx. 7498
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, INDUSTRIA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderá ter a condición de beneficiaria calquera entidade, pública ou privada, que teña a titularidade dalgunha ou varias liñas eléctricas existentes de alta tensión con condutores espidos localizadas total ou parcialmente nas zonas de protección da avifauna establecidas pola Resolución do 18 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se actualiza a delimitación das áreas prioritarias de reprodución, de alimentación, de dispersión e de concentración local de aves incluídas no Catálogo galego de especies ameazadas, e se dispón a publicación das zonas de protección existentes na Comunidade Autónoma de Galicia, nas cales serán de aplicación medidas para a protección da avifauna contra a colisión e a electrocución en liñas eléctricas de alta tensión.
Obxecto
Mediante esta orde realízase a convocatoria para o ano 2023 da concesión das axudas para adaptación, segundo o establecido polo Real decreto 1432/2008, do 29 de agosto, das liñas eléctricas de alta tensión con condutores espidos localizadas en zonas de protección de avifauna.
Prazo
30 días naturais, contados desde o día seguinte á data de publicación no DOG
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Ext O 16-12-2022 avifauna_es.pdf Castellano
Ext O 16-12-2022 avifauna_gl.pdf Galego
O 16-12-2022 avifauna_es.pdf Castellano
O 16-12-2022 avifauna_gl.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles