ORDE do 15 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto, para a concesión en réxime de concorrencia competitiva de axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento PE201B).

Diario Oficial de Galicia, 28-12-2021, Núm. 248, Páx. 64126
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan pemes do sector de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para investimentos en pemes de transformación dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura, que terán como finalidade realizar investimentos:
1. Que contribúan a aforrar enerxía ou reducir o impacto no ambiente, incluíndo o tratamento de residuos.
2. Que melloren a seguridade, hixiene, saúde e as condicións de traballo.
3. Que axuden á transformación de capturas de pescado comercial que non se poida destinar ao consumo humano.
4. Que se refiran á transformación de subprodutos obtidos das actividades principais de transformación.
5. Que se refiran á transformación de produtos de acuicultura ecolóxica en virtude dos artigos 6 e 7 do Regulamento (CE) nº 834/2007.
6. Que dean lugar a novos e mellores produtos, novos ou mellores procesos, ou novos ou mellores sistemas de xestión e organización.
Prazo
Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 15-12-2021 pesca_es.pdf castelán
Ex Or 15-12-2021 pesca_gl.pdf galego
Or 15-12-2021 pesca_gl.pdf galego
Ex Or 15-12-2021 pesca_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles