Orde do 14 de abril de 2004 pola que se nomean os novos vogais compoñentes do Observatorio Galego de Educación Ambiental.

Diario Oficial de Galicia, 27-04-2004, Núm. 80, Páx. 5918
Orde do 14 de abril de 2004 pola que se nomean os novos vogais compoñentes do Observatorio Galego de Educación Ambiental. O Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental, establece no seu artigo 3 a composición do Observatorio Galego de Educación Ambiental e no seu artigo 4 o nomeamento dos membros que o compoñen. Este decreto foi modificado polo Decreto 218/2002, do 23 de maio, e o Decreto 23/2003, do 20 de xaneiro, en virtude non só da nova organización administrativa dos departamentos da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente establecida polo Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, modificado polo Decreto 366/2003, do 2 de outubro, respectivamente, senón tamén dunha necesaria adaptación deste observatorio á finalidade do asesoramento e do seguimento das actuacións en materia de educación ambiental na nosa Comunidade Autónoma. Dados os cambios organizativos operados na propia Consellería de Medio Ambiente así como nas institucións e asociacións representadas no Observatorio Galego de Educación Ambiental, procede o nomeamento dos novos vogais, ao perderen a súa representatividade os anteriormente nomeados. Por isto, en aplicación do artigo 4 do Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental, modificado polo Decreto 218/2002, do 23 de maio, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, de 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente e demais normtiva concorrente DISPOÑO: Artígo único.- Designar como vogais do Observatorio Galego de Educación Ambiental, segundo o artigo 3 do Decreto 78/2001, do 22 de marzo, polo que se crea o Observatorio Galego de Educación Ambiental, modificado polo Decreto 218/2002, do 23 de maio, as seguintes persoas que a continuación se relacionan: Vogais: * Pola Sociedade Galega de Educación Ambiental: - Como titular, Xulio Gutiérrez Roger, presidente da Sociedade Galega de Educación Ambiental. - Como suplente, Araceli Serantes Pazos, Licenciada en Bioloxía e membro da Sociedade Galega de Educación Ambiental. * Pola Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria: - Como titulares, Antonio Rivas Méndez, xefe do Servizo de Ordenación e Innovación Educativa, Lila Beatriz Mosquera Pérez, asesora especialista en matemáticas. - Como suplentes, Nieves Seoane Martínez, asesora especialista en lingua e literatura e José Feáns Landeira, asesor especialista en linguas clásicas. * Pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais: - Como titular, Odilo Martiñá Rodríguez, director xeral de Formación e Colocación. - Como suplente, Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Formación Ocupacional. * Pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente: - Como titular, José M. Álvarez-Campana Gallo, director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. - Como suplente, Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de Calidade Ambiental. * Pola Dirección Xeral do Centro de Desenvolvemento Sostible: - Como titular, Juan Carlos Yürss Arruga, xefe do Servizo de Información e Formación Ambiental. * Polo organismo autónomo Augas de Galicia: - Como titular, Juan Carlos Argüello Fernández, secretario xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. - Como suplente, José Ángel Someso Anguita, xefe do Servizo de Tramitación Técnico-Administrativa do Dominio Público Hidráulico. * Expertos en educación ambiental: - Como titulares, Ramón López Rodríguez, doutor en bioloxía e profesor titular de didáctica das ciencias experimentais da Escola Universitaria de Maxisterio do Campus de Lugo, Francisco Javier Cristobo Rodríguez, doutor en bioloxía e xefe da Estación de Bioloxía Mariña da Graña e Xoán Fontaíña Pérez, licenciado en bioloxía e xerente da Cooperativa de Educación Medioambiental (CEM S. Cop. Ltda.). Santiago de Compostela, 14 de abril de 2004. José Manuel Barreiro Fernández Conselleiro de Medio Ambiente
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O14042004.pdf Castellano
O14042004.pdf Galego
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles