Diario Oficial de Galicia, 24-05-2005, Núm. 98, Páx. 8842
Orde do 13 de maio de 2005 de fomento da forestación de terras agrícolas.
O Regulamento (CE) 1257/1999, do Consello, de 17 de maio, sobre axudas ao desenvolvemento rural a cargo do Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agraria (FEOGA) establece a concesión dunha axuda para a forestación de terras agrícolas, que poderá incluír os custos de plantación e unha prima anual por hectárea forestada para cubrir os custos de mantemento durante un período de ata cinco anos.
O Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas, traspón, a nivel estatal, a citada normativa comunitaria.
En consecuencia, mantendo os obxectivos do citado real decreto, as axudas que se establecen na presente orde diríxense principalmente a promover a forestación de terras agrícolas, contribuíndo a diversificar a actividade agraria, así como as fontes de renda e de emprego, contribuír á corrección dos problemas de erosión e desertización que sofren determinadas zonas, así como á conservación e mellora dos solos, a conservación da fauna e flora, a regulación do réxime hidrolóxico das bacías, e a unha xestión do espazo natural compatible co equilibrio do ambiente, favorecendo o desenvolvemento de ecosistemas forestais beneficiosos para a agricultura, e, por último, estas axudas diríxense a contribuír á diminución do risco dos incendios forestais e á mellora dos recursos forestais.
Por outra parte, o Regulamento (CE) nº 1782/2003 do Consello, do 29 de setembro, polo que se establecen disposicións comúns aplicables aos réximes de axuda directa no marco da política agrícola común e se instauran determinados réximes de axuda aos agricultores e que modifica diversos regulamentos, no seu artigo 20 establece a obriga de relación cun sistema de identificación das parcelas. Así mesmo, o Regulamento (CE) nº 796/2004 da Comisión, do 21 de abril, establece as disposicións de aplicación no relativo ao sistema integrado de xestión e control.
O Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas, establece as normas de aplicación do dito sistema e a súa utilización como instrumento de xestión no marco do sistema integrado de xestión e control e resto de réximes de axuda relacionados coa superficie da política agrícola común. Así mesmo, a Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro de 2005) da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.
Na elaboración desta orde tívose en conta a experiencia adquirida coa aplicación de ordes anteriores de axudas a medidas forestais na agricultura e foron consultados os sectores afectados.
A Consellería de Medio Ambiente polo Decreto 14/2002, modificado polo Decreto 106/2004, é o organismo competente para a xestión destas axudas.
O Decreto 287/2000, do 21 de novembro, desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Por outro lado a Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións ten por obxecto a regulación do réxime xurídico xeral das subvencións outorgadas polas administracións públicas.
A Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e de réxime administrativo, modifica o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, adaptando este texto ao disposto na Lei estatal 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Por estaren cofinanciadas con fondos FEOGA-Garantía, a execución e contabilización do pagamento das axudas corresponderalle ao Fondo Galego de Garantía Agraria, na súa calidade de organismo pagador nesta Comunidade Autónoma, para o cal se efectuarán os trámites oportunos de acordo co establecido na normativa vixente e nos respectivos manuais de procedemento.
En consecuencia, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, e demais normativa concorrente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.-Obxecto das axudas e ámbito de aplicación.
Esta orde ten por obxecto establecer un réxime de axudas para fomentar a forestación de terras agrícolas, conforme o disposto no artigo 1 do Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas.
As axudas reguladas por esta orde serán de aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.
1. Poderán ser obxecto de axuda aqueles terreos que non estean identificados no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) como forestais.
No suposto de concellos que non teñan asignada a referencia SIXPAC, poderán ser obxecto da mencionada axuda os terreos que non estean catalogados catastralmente como forestais. Están excluídas da aplicación desta orde aquelas superficies catastradas con algunha das denominacións seguintes: castañal, aciñeiral, carballeira, faial, sobreiral, eucaliptus ou outras frondosas, incluso pés soltos; piñeiral solo, piñeiral voo, piñeiral madeirable, pinar resinable, árbores de ribeira, e especies mesturadas.
En ambos os casos, os citados terreos deberán ter un aproveitamento agrícola ou gandeiro de xeito regular durante os últimos 10 anos.
Os terreos obxecto de axuda, deberán estar identificados no SIXPAC nalgúns dos seguintes usos dos definidos no anexo II do Real decreto 2128/2004, do 29 de outubro, polo que se regula o Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas: asociación froiteira-viñedo, cítricos, froiteira, horta, pasteiro, pasto arbustivo, pasto con arboredo, terra arable, viñedo ou, se é o caso, zona concentrada non reflectida na ortofoto, ou se é o caso estar comprendidos nalgún dos seguintes puntos:
1) Terras ocupadas por cultivos herbáceos: son aquelas ocupadas por cultivos temporais.
2) Barbeitos: son terras de cultivo en descanso, aínda que se poidan aproveitar para pastos.
3) Hortas familiares: son terras cuxos produtos se dedican ao consumo da familia.
4) Terras ocupadas por cultivos leñosos: son aquelas que ocupan o terreo con carácter permanente e non necesitan ser replantadas despois de cada colleita. Inclúen todas as árbores froiteiras.
5) Prados naturais: son terreos cuxa cuberta herbácea é permanente e o seu aproveitamento non finaliza ao recollerse ou ser aproveitada polo gando, senón que continúa un período indefinido de anos. Requiren humidade e admiten a posibilidade dun aproveitamento por sega.
6) Pasteiros: diferéncianse dos prados naturais en que se dan en climas máis secos, non sendo susceptibles normalmente de aproveitamento por sega, senón pacendo.
7) Ermos a pastos: son aquelas terras agrícolas con orientación técnico económica (OTE) gandeira.
En todo caso será de aplicación o disposto no capítulo II da Orde do 24 de xaneiro de 2005 (DOG nº 19, do 28 de xaneiro) da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural que establece o sistema de información xeográfica de parcelas agrícolas en Galicia.
2. A superficie de actuación será a suma da superficie de forestación máis a superficie da área de defensa.
Artigo 3º.-Beneficiarios.
Poderán ser beneficiarios as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares de dereitos reais de propiedade, posesión ou usufruto, sobre as terras agrícolas susceptibles de forestación ou ben agrupacións das ditas persoas formadas por un mínimo de dous titulares, non sendo necesario que teñan personalidade distinta de cada un dos seus membros que a integran.
Artigo 4º.-Persoas que poden solicitar as axudas.
Poderán ser solicitantes das axudas reguladas nesta orde os comprendidos nalgún dos seguintes puntos:
1. Titulares de dereitos reais de propiedade, posesión ou usufruto, sobre as terras agrícolas suscep
tibles de forestación, sexan estas persoas físicas ou xurídicas. Os arrendatarios de terras agrícolas deberán selo por período superior a 20 anos.
2. Persoas físicas ou xurídicas que actúen como representantes dos titulares indicados no punto anterior ou como representantes de agrupacións de propietarios a través dun acordo de cesión entre ambos.
Artigo 5º.-Condicións, tipos, importes e duración das axudas.
1. Gastos de repoboación forestal e de área de defensa contra incendios forestais.
O importe desta axuda virá determinado polo orzamento aprobado da actuación, sen que poida exceder a subvención dos máximos en euros por hectárea de actuación que se indican a continuación:
Topes máximos en A por ha de actuación:
-Especies do anexo I 1.262
(Coníferas)
-Especies do anexo II 2.103
(Frondosas)
-Gastos de repoboación forestal en predios de propietarios particulares con superficies comprendidas entre 0,5 e 2 hectáreas e con especies do anexo II 1.262 A/ha.
Estes gastos incluirán os necesarios para a preparación previa do terreo, adquisición de planta, protección da planta mediante protectores e outros materiais necesarios, así como os de plantación propiamente dita, área de defensa contra incendios forestais e labores inmediatamente posteriores a ela.
Os propietarios particulares de xeito individual só poderán realizar repoboacións con especies do anexo II.
2. Prima de mantemento.
Está destinada ao coidado, mantemento e demais traballos posteriores á plantación que son necesarios para o logro da plantación realizada. A prima de mantemento ten unha duración de cinco anos contados a partir do ano seguinte ao do pagamento da última certificación.
Esta prima non se concederá ás forestacións emprendidas por entidades de dereito público.
Aplicaranse os valores máximos seguintes en euros por hectárea de actuación:
Repoboacións forestais especies.
Anexo I 180.
Repoboacións forestais especies.
Anexo II 288,00
3. Infraestruturas de acompañamento ou obras complementarias das novas repoboacións que se realicen ao abeiro desta orde.
Ata 6.647 A por km de apertura de pista forestal.
Ata 2.091 A por km de arranxo de pista forestal.
Ata 2.110 A por punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga.
A repercusión máxima por ha de actuación será a seguinte:
Euros por ha de actuación
Puntos de auga42,14
Pistas forestais332,28
4. O IVE non é subvencionable.
Artigo 6º.-Condicións técnicas dos investimentos.
1. Todas as memorias descritivas das actuacións que se presenten, deberán incluír un plan de infraestruturas de defensa da forestación que se vai efectuar, ou xustificación técnica motivada de que non é necesario.
2. Todas as memorias descritivas das actuacións teñen que incluír como cartografía planos sobre mapas oficiais correspondentes á última edición da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, preferentemente a escala 1:5.000, ou no seu defecto escala 1:10.000. En caso de agrupacións, incluirase nos planos unha referencia que permita coñecer cal é a superficie coa que participa cada membro da agrupación.
3. No caso de que os traballos solicitados na memoria descritiva das actuacións deban someterse a avaliación de impacto ambiental, segundo o disposto na lexislación vixente, o solicitante deberá iniciar os trámites para a declaración de impacto ambiental.
4. As memorias descritivas das actuacións que se presenten deberán incluír unha epígrafe onde se definan os labores mínimos de mantemento e o seu orzamento que se realizarán en cada un dos cinco anos de vixencia da prima de mantemento, aínda que estas accións quedarán condicionadas á realidade cambiante das obras biolóxicas.
5. Farase constar nas memorias descritivas das actuacións se a superficie de actuación comprende zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.
6. Farase constar nas memorias descritivas das actuacións se na superficie de actuación existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
7. Farase constar nas memorias descritivas das actuacións se a superficie de actuación se encontra dentro da Rede Natura 2000 e solicitarase de forma interna antes da aprobación da axuda, informe ao Servizo de Conservación da Natureza, en caso de que o dito informe sexa desfavorable non se admitirá a trámite a solicitude de axuda. Non se poderán realizar solicitudes de axuda sobre hábitats prioritarios.
Artigo 7º.-Outras condicións técnicas.
1. As densidades mínimas de plantación deberán ser as seguintes:
a) Anexo I: 1.100 plantas/ha, 1.600 plantas/ha en zonas protectoras de montaña, situadas nas cabeceiras das bacías hidrográficas.
b) Anexo II para madeira: 625 plantas/ha.
c) Anexo II para froito: 200 plantas/ha.
2. Coidados culturais mínimos:
Durante a vixencia da prima de mantemento realizarase obrigatoriamente, como mínimo, o control da vexetación de competencia e a reposición de marras e en caso de que o estado da repoboación o requira:
a) Podas de formación e de calidade.
b) Fertilización cando o estado da planta o demande.
c) Mantemento das infraestruturas de defensa da repoboación.
3. Especies que se utilizarán:
Poderán ser obxecto de axuda as plantacións coas especies comprendidas nos anexos desta orde.
4. Características da planta que se utilizará.
Terase en conta o disposto no Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución así como o disposto no Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución.
Os viveiros e empresas comercializadoras deberán estar dados de alta no correspondente Rexistro Oficial de Produtores, Comerciantes e Importadores de Vexetais, debendo figurar o seu número nos albarás/facturas que emitan.
Exixirase para todas as partidas de planta que se destinen ás repoboacións subvencionadas certificado de cumprimento da normativa vixente.
5. A lonxitude máxima subvencionable suma de arranxo e construción de pista forestal, que deberá realizarse dentro da superficie obxecto de actuación, será de 40 metros lineais por hectárea de actuación. Excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 0,5 e 2 hectáreas que non poderán solicitalas.
6. Os puntos de auga que se instalarán deberán ter xustificada a súa viabilidade e idoneidade, debendo ter informe favorable do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais, en caso de que o dito informe sexa desfavorable, non será obxecto de axuda a dita unidade nin terá puntos na priorización de expedientes.
7. As condicións técnicas mínimas e limitacións de uso que deben observarse figuran no anexo VII.
8. Quedarán excluídas de reforestación subvencionable as especies do anexo I nas áreas de valgada, entendendo como tal, aquela superficie ocupada polo entorno físico inmediato aos cursos permanentes de auga, desde estes ata unha distancia de 10 metros en sentido perpendicular a ambos lados da marxe do cauce fluvial. As especies que poden ser atendidas na subvención solicitada nestas áreas de valgada, son as sinaladas cun asterisco no anexo II.
9. Nos terreos obxecto de subvención, unha vez aprobada a axuda, colocarase en lugar visible desde o acceso, como mínimo, un cartel identificativo, segundo o modelo indicado no anexo XIII. Excepto no caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 0,5 e 2 hectáreas onde non é obrigatorio a colocación do cartel identificativo.
10. No caso de solicitudes de propietarios particulares de xeito individual en superficies comprendidas entre 0,5 e 2 hectáreas non será necesaria a realización de áreas de defensa contra incendios forestais.
Artigo 8º.-Prioridades.
1. Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 17, segundo tipo de titular:
-35% para comunidades de montes veciñais en man común.
-30% para agrupacións de propietarios ou outros.
-35% para propietarios de xeito individual.
2. Dentro de cada un dos puntos anteriores establecerase un orde de prioridade segundo a seguinte prelación:
A) Para comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios ou outros:
1. Segundo estea clasificada a superficie no SIXPAC:
-Asociación froiteira-viñedo: 3 punto por hectárea.
-Cítricos: 3 puntos por hectárea.
-Froiteira: 3 puntos por hectárea.
-Horta: 3 puntos por hectárea.
-Pasteiro: 10 puntos por hectárea.
-Pasto arbustivo: 12 puntos por hectárea.
-Pasto con arboredo: 3 puntos por hectárea.
-Terra arable: 3 puntos por hectárea.
-Viñedo: 3 puntos por hectárea.
-Zona concentrada non reflectida na ortofoto: 3 puntos por hectárea.
No suposto de que o concello non teña asinada referencia SIXPAC:
1) Terras ocupadas por cultivos herbáceos: 3 puntos por hectárea.
2) Barbeitos: 3 puntos por hectárea.
3) Hortas familiares: 3 puntos por hectárea.
4) Terras ocupadas por cultivos leñosos: 3 puntos por hectárea.
5) Prados naturais: 10 puntos por hectárea.
6) Pasteiros: 10 puntos por hectárea.
7) Ermos a pastos: 12 puntos por hectárea.
2. Por especie:
-Piñeiro do país (Pinus pinaster): 5 puntos por hectárea repoboada.
-Piñeiro silvestre (Pinus sylvestris L.): 5 puntos por hectárea repoboada.
-Piñeiro insigne (Pinus radiata D. Don.): 5 puntos por hectárea repoboada.
-Pseudotsuga (Pseudotsuga menziesii.): 2 puntos por hectárea repoboada.
3. Por punto de auga: 1 punto por punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga e con informe favorable do Servizo de Defensa Contra Incendios Forestais.
4. No caso de comunidades de montes veciñais en man común que non se lles concedese axuda ao abeiro das ordes do 11 de agosto de 2000 ou do 28 de maio de 2001 de fomento da forestación de terras agrícolas: 15 puntos.
5. No caso de montes veciñais en man común que presentasen solicitudes de axuda ao abeiro da Orde do 16 de marzo de 2005 pola que se establecen axudas para a prevención e defensa contra os incendios forestais en montes veciñais en man común (DOG nº 59, do 29 de marzo): 15 puntos.
6. No caso de comunidades de montes veciñais en man común que realizasen nos últimos cinco anos investimentos de mellora do monte (forestacións, tratamentos silvícolas, contratación de cuadrillas, compra de maquinaria forestal, mellora ou apertura de pistas forestais, devasas e/ou puntos de auga, ou peches gandeiros) con fondos da comunidade, por un importe total superior aos 6.000 A e que o xustifiquen documentalmente: 5 puntos.
7. No caso de agrupacións de propietarios: 5 puntos por propietario agrupado.
8. No caso de que o solicitante sexa unha agrupación de propietarios legalmente constituída 10 puntos.
De persistir o empate, por data de rexistro de entrada da solicitude de axuda, terán máis prioridade as solicitudes que antes se presenten, no caso de persistir o empate de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular dos terreos.
B) Para propietarios particulares de xeito individual (superficie comprendida entre 0,5 e 2 hectáreas):
1. Por superficie de actuación: 1 punto por hectárea.
2. De persistir o empate, por data de rexistro de entrada da solicitude de axuda, terán máis prioridade as solicitudes que antes se presenten, no caso de persistir o empate de maior a menor valor das catro últimas cifras do DNI ou CIF do titular dos terreos.
Un solicitante non poderá acumular máis do 10% do total da dispoñibilidade orzamentaria.
No caso de que unha vez priorizados os expedientes solicitados non se cubra a totalidade do importe especificado nos distintos puntos, os importes sobrantes dos distintos puntos pasarán aos demais para facer fronte aos expedientes solicitados.
Artigo 9º.-Superficies agrícolas excluídas.
A) Superficie mínima.
1. Para montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios u outros: a superficie mínima de actuación por solicitude será de 15 hectáreas nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
2. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación mínima por solicitude será de 0,5 hectáreas nun couto redondo, non admitíndose máis dun couto redondo. A continuidade superficial do couto redondo non se verá interrompida pola existencia de barreiras naturais ou artificiais.
B) Superficie máxima.
1. Para montes veciñais en man común e para agrupacións de propietarios ou outros: a superficie máxima de actuación por solicitude será de 25 hectáreas.
2. Para propietarios particulares de xeito individual: a superficie de actuación máxima por solicitude será de 2 hectáreas nun só couto redondo.
C) As solicitudes de propietarios particulares de xeito individual terán que ser obrigatoriamente colindantes nalgún dos seus lindeiros con vexetación forestal arbustiva ou arbórea.
Só se atenderán as solicitudes de propietarios particulares de xeito individual cuxa superficie no Sistema de Identificación Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) estean identificadas como pasteiro ou terra arable, no caso de concellos que non teñan asignada a referencia SIXPAC atenderanse as que estean catalogadas catastralmente como pasteiros, prados naturais, barbeitos ou terras ocupadas por cultivos herbáceos.
D) Poderán tramitarse peticións de axuda co obxecto de realizar traballos forestais en montes que teñan subscrito un convenio ou consorcio coa Xunta de Galicia, logo do informe do Servizo Provincial de Montes e Industrias Forestais correspondente.
E) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as axudas solicitadas para traballos de repoboación, áreas de defensa contra incendios forestais e infraestruturas de defensa en terreos nos cales o acordo de concentración parcelaria sexa firme.
F) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas axudas.
G) As mouteiras de rexenerado existentes nas superficies obxecto de actuación, quedarán excluídas e deberán manterse en todo caso.
H) No caso de existir valores singulares de tipo xeolóxico, edáfico, botánico, faunístico, histórico, literario e paisaxístico delimitarase a súa localización e zona de influencia e se excluirán da superficie de actuación.
I) No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios, non se considerará como agrupación de propietarios, excepto os montes de varas.
J) As comunidades de montes veciñais só poderán solicitar axudas de forma individual sen posibilidade de agruparse entre elas nin con outros titulares.
K) Dentro da epígrafe agrupacións de propietarios ou outros teñen a consideración de outros: entidades locais, outras entidades públicas, sociedade agrícola de transformación,...
Artigo 10º.-Compromisos.
Os beneficiarios das axudas comprometeranse expresamente ao cumprimento das condicións previstas nesta orde.
1. Compromisos de mantemento e conservación:
a) No caso de que o solicitante coincida co titular: o titular comprométese a manter a forestación conforme as condicións de certificación e a conservar a masa creada durante un mínimo de 20 anos e proceder á devolución do diñeiro percibido e dos seus xuros legais, se o bosque é danado ou destruído por descoido, neglixencia, cambio de uso ou falta de coidados silvícolas por parte do solicitante. Así mesmo, deberán manterse operativas as súas infraestruturas de acompañamento e área de defensa da masa.
b) En caso de que o solicitante sexa distinto do titular:
Durante o período de vixencia da prima de mantemento o solicitante comprométese a conservar e manter a forestación creada, debendo realizar os labores mínimos indicados no artigo 7 punto 2.
Unha vez transcorrido o período de vixencia da prima de mantemento e ata 20 anos, a responsabilidade de conservación e mantemento da fores
tación creada e das súas infraestruturas de acompañamento pasará a ser responsabilidade do titular dos terreos.
No caso de que o solicitante cause baixa ou desapareza, a responsabilidade de executar os traballos e de manter a forestación xunto coas súas infraestruturas de acompañamento, pasará a corresponder ao titular dos terreos. Logo de petición expresa deste, poderase iniciar a tramitación correspondente para que o titular dos terreos pase a figurar como novo solicitante no expediente.
c) No caso de agrupacións de propietarios:
A responsabilidade do bo fin da actuación será exixible a cada propietario membro da agrupación.
Os integrantes da agrupación comprométense a levar unha xestión conxunta da forestación durante 20 anos.
2. Se as superficies forestadas se transmitisen en todo ou en parte durante o período de compromiso, adecuaranse as primas á situación do novo titular, debendo, en todo caso, o novo titular, cumprir as condicións exixibles para a percepción das axudas que se lle outorgado.
3. As superficies forestadas no ámbito desta orde non se poderán dedicar a ningún uso agrícola mentres continúen catastradas como forestais e en todo caso durante un período mínimo de 20 anos contado a partir da data da certificación final. Poderán ter lugar usos gandeiros complementarios cando estes xa non prexudiquen á repoboación, logo de autorización do Servizo de Montes e Industrias Forestais da provincia correspondente.
4. Se unha vez efectuada a solicitude e antes da forestación, o terreo for obxecto dun incendio forestal ou queima do mato, o solicitante deberá comunicar o inmediatamente por escrito ao Servizo de Montes e Industrias Forestais, con obxecto de adecuar a memoria descritiva das actuacións á nova realidade física do terreo antes do inicio dos traballos.
5. No caso de abandono, incendio ou destrución da plantación por calquera causa, se suspenderanse todas as axudas pendentes, ata que sexa restaurada a superficie abandonada ou destruída, total ou parcialmente, sen prexuízo dos compromisos adquiridos e das responsabilidades que deriven. O solicitante estará obrigado a comunicar no prazo máximo dun mes os feitos e circunstancias que provocaron a destrución da totalidade ou de parte da plantación.
6. Os puntos de auga deberán manterse operativos durante 20 anos e manter o acceso libre para tarefas de extinción de incendios.
7. O beneficiario comprométese en todo momento a facilitar as tarefas de inspección ao persoal adscrito á Consellería de Medio Ambiente nas materias relacionadas con esta orde.
8. O solicitante da axuda durante a vixencia da prima de mantemento, terá que contratar o seguro
contra incendios forestais en terreos agrícolas de toda a forestación dentro do Plan Nacional de Seguros Agrarios. Excepto no caso de propietarios particulares en forestacións de entre 0,5 e 2 hectáreas onde será voluntario.
9. Nos montes conveniados ou consorciados que formen parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia os beneficiarios das axudas comprométense a cumprir co establecido no Manual de boas prácticas na xestión forestal sustentable, que forma parte do Sistema de Xestión Forestal Sustentable da Xunta de Galicia.
Artigo 11º.-Solicitudes, documentación e prazos.
1. As solicitudes das axudas deberán ser cubertas nos modelos formalizados para o efecto, segundo consta no anexo XI adxunto, facilitados polos órganos periféricos e centrais da Consellería de Medio Ambiente. As ditas solicitudes presentaranse nas oficinas desta, nas súas delegacións provinciais ou na forma prevista no artigo 38 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e irán dirixidas ao conselleiro de Medio Ambiente.
2. Os impresos de solicitude, total e correctamente cubertos, deberán ir necesariamente acompañados da documentación abaixo relacionada.
Non serán tidas en conta aquelas solicitudes que non conteñan a información mínima que lle permita coñecer á Consellería de Medio Ambiente a finalidade da solicitude.
2.1. En xeral:
a) Fotocopia do DNI ou CIF do solicitante e do titular dos terreos.
b) Copia da relación de parcelas e recintos SIXPAC dos terreos obxecto da subvención e naqueles concellos que non teñan asignada referencia SIXPAC copia cotexada de documento oficial onde figure a referencia catastral e o tipo de aproveitamento dos terreos obxecto da subvención, para os únicos efectos de determinar o aproveitamento dos ditos terreos e anexo XV relación de parcelas afectadas pola solicitude debidamente cuberto.
c) Xustificación da propiedade do terreo, excepto para comunidades de montes veciñais en man común, que poderá realizarse mediante copia do título de propiedade e datos identificativos SIXPAC, ou anexo XVI debidamente cuberto, ou no seu defecto declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade en que conste: nome, apelidos, DNI, NIF ou CIF do propietario, nome dos terreos e datos identificativos SIXPAC, en aqueles concellos que non teñan asignada referencia SIXPAC presentarase declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade en que conste: nome, apelidos, DNI, NIF ou CIF do propietario, nome dos terreos superficie, propietarios colindantes, referencia catastral, parroquia, concello e provincia.
-No suposto de que a titularidade da superficie sexa de varios copropietarios, presentarase documento en que conste o seu consentimento dando representatividade a un deles ou a un terceiro para solicitar a acción obxecto de subvención.
-No caso de ser arrendatario:
Fotocopia cotexada do documento acreditativo do arrendamento, permitindo este tal actividade por un período igual ou superior ao da quenda de corta da especie ou especies obxecto da repoboación e en todo caso superior a 20 anos.
-Cando o solicitante non sexa o titular do solo obxecto da axuda, a petición desta faraa o representante-cesionario do acordo, que poderá ser calquera persoa física ou xurídica, debéndose cubrir neste caso o punto que para tal fin figura no anexo VIII o no anexo IX de agrupación de propietarios, se é o caso.
d) Declaración xurada ou baixo a súa responsabilidade do titular en que conste que nos terreos obxecto de subvención tiveron un aproveitamento agrícola ou gandeiro de xeito regular desde dez anos antes da data da solicitude, indicando o tipo de aproveitamento e relación de parcelas e recintos SIXPAC dos terreos no caso de concellos que teñan asignada referencia SIXPAC ou anexo XVI debidamente cuberto.
e) Declaración do titular dos terreos obxecto de axuda do conxunto de todas as axudas percibidas, solicitadas ou autorizadas para o mesmo proxecto ou actividade que a axuda solicitada ao abeiro desta orde, ante as administracións públicas competentes ou doutros entes públicos.
f) Certificado de non ter débedas coa Seguridade Social do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
g) Certificado de non ter débedas coa Axencia Tributaria do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
h) Certificado de non ter débedas coa Comunidade Autónoma de Galicia do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
2.2. Documentación complementaria segundo a natureza do beneficiario.
2.2.A) Para comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios ou outros:
-Memoria descritiva das actuacións, segundo as condicións indicadas nesta orde e co conforme do titular dos terreos. A memoria descritiva deberá incluír un plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000 no cal se indiquen as actuacións que se levarán a cabo.
2.2.B) Comunidades de montes veciñais en man común:
B.1. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, conforme autorizan
o solicitante a pedir as axudas á Consellería de Medio Ambiente para a execución das accións obxecto da solicitude.
B.2. Certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo secretario, de manter libre de gando a superficie de forestación durante a quenda da especie a repoboar, excepto o especificado no artigo 10 punto 3.
B.3. Só no caso de que soliciten os 5 puntos de prioridade indicados no artigo 8 punto 2.A.6: xustificación documental de realizar nos últimos 5 anos investimentos de mellora do monte, por un importe superior aos 6.000 A, cos fondos da comunidade.
2.2.C) Para outras entidades con personalidade xurídica (sociedade agrícola de transformación, sociedade anónima, sociedade limitada, sociedade cooperativa limitada, ...):
-Documentación acreditativa de constitución.
2.2.D) Agrupacións de propietarios.
-Acordo constitutivo da agrupación segundo modelo correspondente (anexo IX).
-No caso de que o solicitante sexa a propia agrupación de propietarios: a agrupación deberá estar legalmente constituída e presentar o seu CIF acreditativo.
-Compromiso dos integrantes da agrupación de levar unha xestión conxunta da forestación durante 20 anos.
2.2.E) Propietarios particulares de xeito individual:
-Documento descritivo das actuacións, anexo XIV debidamente cuberto.
Artigo 12º.-Prazos.
1. Prazo de presentación de solicitudes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde.
2. Soamente poderá presentarse unha solicitude por titular e ano para os terreos que se atopen nun mesmo concello, excepto no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberá empregarse un impreso de solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.
Artigo 13º.-Tramitación.
1. Unha vez presentada a solicitude revisarase a súa documentación e no caso de que conteña defectos ou omisións non esenciais, seralle requirida ao solicitante a emenda, outorgándolle un prazo de 10 días hábiles para facelo, de conformidade co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, con indicación de que se así non o fixer
terase por desistido da súa petición arquivándose o expediente sen máis trámite cos efectos previstos no artigo 42 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.
2. Os servizos provinciais de Montes e Industrias Forestais proporanlle ao órgano colexiado composto polo subdirector xeral de Recursos Forestais e polo xefe do Servizo de Produción e Industrias Forestais, a aprobación das solicitudes presentadas que cumpran todos os requisitos desta orde, o órgano colexiado valorará as solicitudes de axuda segundo os criterios de prioridade establecidos no artigo 8 e formulará proposta de concesión ao director xeral de Montes e Industrias Forestais que pola súa vez a elevará ao conselleiro de Medio Ambiente. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre a aprobación das axudas solicitadas, en réxime de concorrencia competitiva axustándose aos principios de publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
3. A Consellería de Medio Ambiente comunicará nun prazo máximo de 6 meses, podéndose ampliar segundo o indicado no artigo 49 da Lei 30/1992, a aprobación e contía das axudas ou a denegación razoada da solicitude.
4. No caso de non recaer resolución expresa nun prazo de seis meses a partir da data de entrada en vigor desta orde, o interesado poderá entender desestimada a súa solicitude sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente conforme o disposto nos artigos 42 e 44 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999. Estas resolucións serán notificadas a cada un dos solicitantes dentro do prazo de 10 días seguintes á toma do acordo.
Contra a resolución aprobatoria ou denegatoria, que esgota a vía administrativa, cabe a interposición do recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes que comezará a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación da resolución, ou no prazo de tres meses desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, ou ben ser impugnada directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses se a resolución for expresa ou seis desde que se entenda desestimada por silencio administrativo, de acordo co disposto nos artigos 117 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999 e o artigo 46 da Lei 26/1998, de 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.
Na resolución indicarase o prazo para a realización dos traballos que con carácter xeral non será inferior a 2 meses.
Excepcionalmente, poderá acordarse a ampliación do prazo máximo de resolución e notificación mediante motivación clara das circunstancias concorrentes, e só unha vez esgotados todos os medios
a disposición posibles, de conformidade co disposto no artigo 42.6º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común modificada pola Lei 4/1999.
No caso de comunidades de montes veciñais en man común, agrupacións de propietarios ou outros, nun prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación deberase presentar un proxecto asinado por enxeñeiro de montes ou enxeñeiro técnico forestal e visado polo correspondente colexio oficial e unha copia deste, que terá exactamente os mesmos datos que a memoria descritiva das actuacións presentada coa solicitude de axuda, incluirá un estudo básico de seguridade e saúde ou un estudo de seguridade e saúde, segundo o disposto no Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, en materia de seguridade e saúde nas obras de construción e o nomeamento do director de obra, por parte do titular, que obrigatoriamente terá que ser un enxeñeiro de montes ou un enxeñeiro técnico forestal, comunicándose nun prazo de 10 días cambios no dito nomeamento.
O proxecto deberá incluír planimetría xeorreferenciada en coordenadas UTM, fuso 29, con referencia ao datum de traballo, en ficheiro DXF con extensión «.dxf», obtida a partir dun plano de escala mínima 1:10.000 e preferentemente 1:5.000. O ficheiro DXF deberá estar estruturado da seguinte maneira:
Elemento do plano // Nivel ou capa // Cor // Observacións
Contorno da mouteira (especie anexo I) // 1 // Vermello
Contorno da mouteira (especie anexo II) // 2 // Morado
Contorno da mouteira (especie anexo III) // 3 // Maxenta
Código da mouteira // 4 // Negro // Corresponde cos códigos da portada
Pistas xa existentes // 5 // Azul
Pistas de nova creación // 6 // Azul escuro
Pistas arranxadas // 7 // Azul claro
Devasas existentes // 8 // Verde
Devasas de nova creación // 9 // Verde escuro
Punto de auga // 10 // Marrón // Circulo de 2 m de Ø
Código de propietario // 12 // Negro // Código do anexo IX
5. Será realizada unha inspección no campo por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, para verificar as superficies, comprobar os datos da solicitude e comprobar a viabilidade dos traballos. Esta inspección poderá realizarse antes da resolución de aprobación.
6. A modificación do investimento deberá ser xustificada e exixirá autorización previa da Consellería de Medio Ambiente por proposta da Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais logo da proposta dos Servizos de Montes e Industrias Forestais, de conformidade co disposto no artigo 12 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro.
7. A axuda definitiva será a resultante da certificación final realizada por dous funcionarios da Consellería de Medio Ambiente, un deles distinto dos que realizaron a inspección en campo.
Coa certificación poderase modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente, no caso de que se realizase un menor número de unidades de obra das aprobadas.
As prórrogas serán solicitadas motivadamente e cun mes de antelación á terminación do prazo para a execución dos traballos. Terá unha duración máxima de seis meses e serán propostas polos Servizos de Montes e Industrias Forestais, ao director xeral de Montes e Industrias Forestais quen elevará proposta ao conselleiro de Medio Ambiente que resolverá.
8. No caso de que se realizasen un número menor de unidades de obra respecto ás aprobadas, ao efectuar a certificación, poderá modificar á baixa a cantidade aprobada inicialmente. Non se certificarán traballos distintos aos contemplados no proxecto aprobado, nin traballos que non cumpren as especificacións técnicas do proxecto, salvo o expresado no número 6 deste artigo.
9. Poderá realizarse unha certificación parcial de obra a pedimento do solicitante cando o importe de subvención da suma dos traballos cuxa certificación solicita sexa superior a 30.050,61 A e sempre referidas a unidades de obra completamente rematadas ou a unidades superficiais totalmente executadas. Para obras de forestación e infraestruturas aprobadas de forma bianualizada só se poderá realizar unha certificación para cada anualidade.
10. O conselleiro de Medio Ambiente resolverá sobre o pagamento da subvención, por proposta do director xeral de Montes e Industrias Forestais.
11. Pagamentos das primas de mantemento.
A) Os importes correspondentes ás primas de mantemento poderán ser aboados, logo de solicitude (anexo X) anterior ao 30 de xuño de cada ano na cal se xunta factura ou relación valorada dos traballos realizados e copia do seguro contra incendios forestais en terreos agrícolas do ano correspondente, excepto no caso de propietarios particulares, a partir do ano seguinte ao que se efectuou o aboamento da certificación final dos traballos da reforestación, durante cinco anos, sempre e cando se axusten ao disposto no artigo 7 punto 2. Xunto coa dita solicitude presentarase copia cotexada da comunicación ao Catastro de Rústica para a recualificación do terreo obxecto de subvención. A pedimento do solicitante, poderanse unir os pagamentos de varias anualidades, ata un máximo de tres anualidades, cando fosen agrupados os traballos do plan de mantemento por razóns de índole técnico ou por fenómenos naturais que así o xustifiquen. Non se poderá percibir unha nova prima de mantemento ata que transcorran os anos correspondentes ao aboamento das primas acumuladas.
b) Os pagamentos correspondentes ás primas de mantemento dos expedientes solicitados ao abeiro desta orde, efectuaranse sempre que o estado da masa sexa satisfactorio, de acordo co plan de controis.
Artigo 14º.-Xustificación, comprobacións e pagamento.
1. Xunto coa comunicación de remate dos traballos deberase xuntar a seguinte documentación:
-Certificación de obra realizada visada polo colexio correspondente incluíndo relación valorada dos traballos executados e facturas da planta empregada. No caso de propietarios particulares de xeito individual que realizaron os traballos polos seus propios medios será suficiente a presentación dunha declaración baixo a súa responsabilidade de que os traballos foron realizados polos seus propios medios e factura da planta empregada.
-Certificado de non ter debedas coa Seguridade Social do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
-Certificado de non ter debedas coa Axencia Tributaria do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
-Certificado de non ter debedas coa Comunidade Autónoma de Galicia do solicitante e do titular dos terreos, ou anexo XII desta orde debidamente cuberto.
-Declaración doutras axudas solicitadas ou percibidas para os mesmos fins.
-Aval bancario no caso de pagamento parcial no caso de axudas totais aprobadas maiores de 30.050,61 A, que deberá axustarse ao regulado no artigo 17 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas.
-Certificación bancaria de conta aberta a nome do solicitante.
-Pasaporte fitosanitario e certificado de calidade da planta empregada na repoboación.
-No caso de que o solicitante sexa distinto do titular dos terreos entregarase o anexo XVII debidamente cuberto.
No caso de non entregarse algún destes documentos ou que estes posúan algún defecto, seralle requirido ao solicitante a reparación da dita documentación no prazo de dez días.
Os pagamentos parciais serán garantidos mediante aval bancario ou de entidade aseguradora suficiente, que se depositará por tempo indefinido á disposición da Consellería de Medio Ambiente na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia. O referido aval garantirá a cantidade anticipada máis os xuros, calculados ao xuro xeral do diñeiro vixente no momento da concesión do pagamento parcial e por un prazo que medie entre a data de solicitude do pagamento parcial e dous meses despois do último día no cal a subvención deba ser xustificada, tramitándose de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 13/2004, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2005.
2. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de aprobación favorable a ela.
Artigo 15º.-Revogacións.
1. A axuda poderá revogarse, excepto casos de forza maior, logo da tramitación do oportuno expediente, se se dá algún dos seguintes supostos:
a) Incumprimento do ditado en calquera dos artigos desta orde que impliquen obrigas por parte do solicitante ou do titular.
b) Execución de menos do 80% do orzamento aprobado. No caso de que a superficie aprobada fose a superficie mínima, deberanse executar as accións previstas na súa totalidade.
c) Incumprimento dos prazos para realizar os traballos subvencionados fixados na notificación de aprobación do expediente ou se é o caso da prorroga concedida.
d) Modificacións graves das accións previstas, de forma que desvirtúen os obxectivos desta orde.
e) Por incumprimento das disposicións legais de aplicación, ocultar ou falsear datos.
f) Obtención da subvención sen reunir os requisitos exixidos para a súa concesión.
g) Incumprimento da finalidade para a que foi concedida a subvención.
h) Incumprimento das condicións impostas ás entidades colaboradoras e beneficiarios con motivo da concesión da subvención ou axuda pública.
i) Non presentar nun prazo de 1 mes contado a partir da notificación da resolución de aprobación o proxecto visado e o nomeamento do director de obra segundo o especificado no artigo 13.
j) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas na Lei 14/2004.
k) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables rexistrais ou de conservación de documentos, cando derive a imposibilidade de verificar o emprego dado os fondos percibidos, o incumprimento do obxectivo, a realidade e a regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos para a mesma finalidade remitidas de calquera Administración ou ente público ou privado, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
l) A adopción, en virtude do establecido nos artigos 87 a 89 do tratado da Unión Europea, dunha decisión da que derive unha necesidade de reintegro.
Serán casos de forza maior, de conformidade co disposto no artigo 30 do Regulamento (CE) nº 1750/1999 da Comisión do 23 de xullo de 1999:
a) Falecemento do titular ou do solicitante.
b) Incapacidade profesional de longa duración do titular ou do solicitante.
c) Expropiación dunha parte importante da explotación, se esta expropiación non era previsible o día en que se subscribiu o compromiso.
d) Calamidades naturais graves que afecten seriamente a superficie agrícola da expropiación.
A notificación dos casos de forza maior e as probas relativas a eles, deberán realizarse por escrito e nun prazo de dez días hábiles, contado desde a data en que se produciu o caso de forza maior.
2. Nestes casos, excepto nos de forza maior, procederá o reintegro da axuda percibida e dos xuros de demora devengados desde o seu pagamento de acordo coa Lei de réxime financeiro e orzamentario da Xunta de Galicia.
3. Nos casos de revogación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderán ser adxudicadas a outros peticionarios, de acordo coa relación de prioridades, criterios e orde establecidos.
Artigo 16º.-Controis.
Non se poderá efectuar ningún pagamento sen realizar previamente os controis preceptivos, tanto administrativos como sobre o terreo, de acordo co plan anual de controis de acordo co establecido nos artigos 46 a 48 do Regulamento (CE) 1750/1999, da Comisión, de 23 de xullo. Os controis sobre o terreo realizaranse segundo o disposto no Regulamento (CEE) nº 796/2004, da Comisión, do 21 de abril, que establece as disposicións de aplicación no relativo ao sistema integrado de xestión e control. Todo isto segundo o especificado, ademais, no artigo 12 do Real decreto 6/2001, do 12 de xaneiro, sobre fomento da forestación de terras agrícolas.
Así mesmo, de conformidade co Programa horizontal 1 presentado polo Estado español á Comisión, cruzaranse os datos dos expedientes de solicitudes destas axudas cos do sistema integrado de xestión e control.
Á parte dos órganos desta Comunidade Autónoma competentes para efectuar unha fiscalización ou control a posteriori dos pagamentos que deriven destas axudas, tamén serán competentes para a realización dos oportunos controis e auditorías, o Servizo de Control Interno do Fondo Galego de Garantía Agraria, na súa calidade de organismo pagador, así como, os demais órganos comunitarios de inspección e control.
Artigo 17º.-Financiamento.
As accións previstas nesta orde financiaranse, no exercicio do ano 2005 e 2006, con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:
Ano 2005: 4.500.000 A.
1. Con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.614-C.770.0:
Ano 2006: 4.500.000 A.

Para facer fronte ás primas de mantemento destínase unha partida global de 12.304.609,10 A distribuídos nas anualidades 2007, 2008, 2009, 2010 e 2011, con cargo á mesma aplicación orzamentaria.
Estes importes poderán ser incrementados con fondos comunitarios, do MAPA ou da comunidade autónoma.
Artigo 18º.-Infraccións e sancións.
En materia de infraccións e sancións será de aplicación o disposto no artigo 48.2º do Regulamento 1750/1999, da Comisión, do 23 de xullo, sen prexuízo da aplicación adicional do disposto no artigo 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, así como o disposto no Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 19º.-Alteración de condicións.
Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso para a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
Artigo 20º.-Obrigas.
1. O beneficiario da axuda e o solicitante está obrigado a facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
2. O solicitante e o beneficiario están obrigados a realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.
3. O titular da terra obxecto de subvención está obrigado a comunicarlle ao Catastro de Rústicas o cambio de uso da terra para que este proceda a súa recualificación, segundo o indicado no artigo 13 punto 11.
4. No caso de achado casual de obxectos e restos materiais que posúan valores que son propios do patrimonio cultural galego, o descubridor deberá comunicarllo inmediatamente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de conformidade coa Lei 8/1995, do 30 de outubro, pola que se regula o patrimonio cultural de Galicia.
5. As actuacións na zona lateral de protección do camiño de Santiago, serán comunicadas polo solicitante á Consellería de Cultura, Comunicación
Social e Turismo, co obxecto de contar coa súa autorización previa de conformidade coa Lei 3/1996, do 10 de maio, de protección dos camiños de Santiago.
Artigo 21º.-Avaliación de impacto ambiental.
De conformidade co disposto no artigo 1 punto 2 da Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1320/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental, fíxanse os limiares de acordo cos criterios do seu anexo III, por debaixo dos cales as actuacións que se realicen ao abeiro desta orde non deben someterse á avaliación de impacto ambiental:
1. Superficie de actuación menor de 50 ha.
2. Superficie de actuación continua acumulada con outros proxectos realizados ao abeiro de convocatorias de axudas anteriores do Programa de forestación de terras agrarias menor de 1.000 ha.
Artigo 22º.-Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Disposicións adicionais
Primeira.-As axudas concedidas nesta orde son incompatibles coas axudas para o cesamento anticipado da actividade agraria e con calquera outro réxime de axuda comunitaria.
Disposición final
Única.-Facúltase o director xeral de Montes e Industrias Forestais para ditar todas as disposicións complementarias co obxecto de desenvolver esta orde.
Santiago de Compostela, 13 de maio de 2005.
José Manuel Barreiro Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente
ANEXO I
Coníferas
Todas as especies considéranse de crecemento lento por quenda maior de 20 anos.
A1Piñeiro do país (altitude menor de 1.000 m s.n.m) Pinus pinaster.
A2Piñeiro silvestre Pinus sylvestris L.
A3Piñeiro insigne Pinus radiata D. Don.
A4Pseudotsuga Pseudotsuga menziesii
ANEXO II
Frondosas

B3Chopo mouro Populus nigra (*).
B6Freixo Fraximus excelsior L. (*).
Fraximus angustifolia Vahl. (*).
B7Castiñeiro Castanea sativa Mill.
B8Castiñeiro híbrido Castanea X hybrida
(resistente tinta)
B9Cerdeiras silvestres e híbridos de produción madeireira Prunus avium L. (*)
Prunus mahaleb L.
Prunus padus L.
B10Carballo Quercus rubur L. (*)
B15Nogueira americana e híbridos de produción madeireira Juglans nigra (*)
B19Castiñeiro para froito Castanea sativa Mill
B20Carballo americano Quercus rubra (*)
B21Nogueira Juglans regia L.
(*) Especies subvencionables en áreas de valgada.
ANEXO III
Repoboación de propietarios particulares individuais
en superficies comprendidas entre
0,5 hectáreas e 2 hectáreas
Concepto // Importe // Nº de clave
Ha de forestación con especies do anexo II para madeira mínimo 625 pés/hectárea (inclúe: acción previa sobre o mato, preparación do solo, plantación, planta,...). // 1.262 // 80
Ha de forestación con especies do anexo II para froito mínimo 200 pés/hectárea (inclúe: acción previa sobre o mato, preparación do solo, plantación, planta,...) // 1.000 // 81
ANEXO IV
Anexo de prezos máximos atendibles
de unidades de obra de repoboación
I. Acción previa sobre o mato.
Concepto // Importe // Nº de clave
Ha de roza manual // 871,47 // 1
Ha de roza mecanizada // 348,59 // 2
Ha de tratamento fitocida // 209,15 // 38
Importes en euros.
II. Preparación do solo.
Concepto // Importe // Nº de clave
Apertura mecanizada dun burato con buldózer // 0,28 // 40
Apertura manual dun compartimento picado de 30 cm de diámetro de profundidade mínima de 30 cm. // 0,6 // 4
Apertura manual dun burato de 40 x 40 cm con profundiade mínima de 40 cm. // 0,84 // 5
Ha preparación do solo con subsolado simple con profundiade mínima de 50 cm e separación 3 m. // 223,10 // 10
Ha preparación do solo con subsolado simple con profundidade mínima de 50 cm e separación 4 m. // 153,38 // 45
Ha preparación do solo con subsolado cruzado con profundidade mínima de 50 cm. // 488,02 // 37
Concepto // Importe // Nº de clave
Ha de preparación do solo con lombas // 278,87 // 42
Labra superficial // 146,41 // 11
Ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 3 m de separación // 313,73 // 43
Ha subsolado lineal con cuñas fendedoras e con 4 m de separación // 244,01 // 44
Ud. aburatado mecanizado con escavadora // 0,7 // 18
Importes en euros.
III. Implantación vexetal.
Concepto // Importe // Nº de clave
Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume a raíz núa. // 0,31 // 13
Plantación manual dunha conífera dun ou dous zumes ou frondosa dun zume en colector. // 0,17 // 14
Plantación de planta en colector e acondicionamento de compartimento onde se fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con buldózer. // 0,38 // 46
Plantación dunha conífera a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde si fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con buldózer. // 0,45 // 47
Plantación dunha frondosa a raíz núa e acondicionamento de compartimento onde si fixo unha preparación previa do terreo ou sobre aburatado mecanizado con buldózer. // 0,52 // 48
Plantación manual dunha frondosa de dous zumes ou con máis de 1 metro de altura sobre aburatado mecanizado con escavadora ou manual. // 0,7 // 17
Importes en euros.
IV. Outras accións incluíbles na forestación.
Concepto // Importe // Nº de clave
Ha de fertilizado (inclúe fertilizante e man de obra) // 218,22 // 19
Drenaxe // A xustificar // 22
Unidade de protector de planta, incluso colocado // 1,20 // 41
Concepto // Importe // Nº de clave
Ha de área de defensa contra incendios forestais // 557,74 // 49
Ha de área de defensa contra incendios forestais colindante con pista forestal // 348,59 // 50
Unidade de cartel identificativo // 244,01 // 51
Importes en euros.
ANEXO V
Anexo de prezos máximos atendibles por planta
Concepto // Importe // Nº de clave
Ud. conífera 1 zume a raíz núa // 0,11 // 23
Ud. conífera de 2 zumes a raíz núa // 0,14 // 52
Ud. pseudotsuga 2 zumes a raíz núa // 0,25 // 24
Ud. conífera, 1 zume con terrón // 0,22 // 31
Ud. pseudosuga 2 xumes con terrón // 0,31 // 32
Ud. frondosa 1 zume maior de 20 cm e ata 35 cm // 0,28 // 25
Ud. frondosa 1 zume maior de 30 cm con terrón // 0,36 // 33
Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 35 cm e ata 60 cm // 0,73 // 53
Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 60 cm e ata 100 cm // 1,18 // 54
Ud. frondosa 2 zumes repicado maior de 100 cm // 1,45 // 55
Ud. castiñeiro híbrido resistente ata 1 m // 1,53 // 26
Ud. castiñeiro híbrido resitente maior de 1 m // 1,89 // 27
Importes en euros.
ANEXO VI - Infraestruturas de acompañamento das novas
repoboacións que se realicen ao abeiro desta orde (prezos máximos)
Concepto // Importe // Nº de clave
Km pista forestal (apertura) // 6.647 // 10
Km arranxo de pista forestal (incluíndo pasos de auga) // 2.091 // 11
Punto de auga con capacidade igual ou superior a 50 m de auga // 2.110 // 14
Importes en euros.
ANEXO VII - Limitacións de uso e condicións técnicas mínimas dos traballos
Traballo // Limitacións de uso // Condicións técnicas mínimas que deben cumprir os traballos
Roza manual //- Pendentes superiores ao 35%. -Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados. // - A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.
Roza mecánica // - Pendentes inferiores ao 35%, salvo xustificación técnica. // - A altura do mato unha vez rozado non superará os 10 cm.
Tratamento fitocida // - Non utilizar en zonas de valgada. // - Utilizar produtos sistémicos non residuais.
Labra superficial // - Vexetación herbácea. - Pendentes comprendidas entre 0-25%. // - Profundidade da labra maior de 20 cm.
Compartimentos picados // - Pendentes superiores ao 35%. - Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados. // - Dimensións mínimas de 30x30x30 cm.
Buratos manuais // - Pendentes superiores ao 35%. - Zonas en que se xustifique a imposibilidade de realizar traballos mecanizados. // -Dimensións mínimas de 40x40x40 cm.
Subsolado lineal // - Pendentes comprendidas entre 0-35%. -Traballarase no sentido que permita a posterior mecanización dos traballos de mantemento. - Levantarase o ripper 2 m cada 10 m en caso de pendentes maiores do 20%. // - Profundidade maior de 50 cm.
Subsolado lineal con cuñas rompedoras // - Pendentes comprendidas entre 0-35%. - Levantarase o ripper 2 m cada 10 m para pendentes maiores do 20%. - Traballarase sempre no sentido que permita a mecanización dos traballos de mantemento. // - Profundidade do labor, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm. -Largo da labra realizada coas cuñas rompedoras, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 30 cm. - Largo da labra realizada coas cuñas rompedoras medido a 15 cm, baixo o nivel do solo sen alterar, maior de 15 cm.
Aburatado mecanizado con bulldozer // - Xustificar a súa utilización en pendentes inferiores ao 35%. // - Profundidade do labor ao final do burato, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 50 cm. -Lonxitude total do burato, incluído o burato e o lomo de terra sacada do burato, comprendida entre 150-200 cm. - Largura superficial no comezo do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm. - Largura superficial ao final do burato, medido ao nivel do solo sen alterar, maior de 60 cm.
Alombado con desfonde lineal // - Zonas con encharcamentos. - Só se realizará cando a realización dos traballos non produza a inversión de horizontes (horizonte A de profundidade maior de 50 cm). // -Realizarase mediante o pase de polo menos dous vesos. -Profundidade do corte da arada, medida desde o nivel do solo sen alterar, maior de 40 cm. - Largo total do lombo, incluíndo o suco e o lombo volteado, maior de 150 cm.
Furado mecanizado con excavadora // - Plantación de frondosas de altura maior de 100 cm. // - Dimensións mínimas de 50x50x50 cm.
Fertilización completa // - Realizarase con fertilizantes CEE ou UE, de aplicación localizada e liberación lenta, adaptados ás características edafolóxicas da zona de plantación, co fin de evitar a contaminación dos acuíferos. - Os fertilizantes poderán aplicarse en forma de pastillas o cápsulas resinadas.
Área de defensa contra incencios forestais // - Obrigatoria, salvo xustificación técnica, no caso de C.M.V.M.C., agrupacións de propietarios ou outros. - Voluntarias no caso de forestacións de propietarios particulares en superficies de entre 0,5 e 2 hectáreas. // -Terán un largo mínimo de 10 m. - Terán unha franxa central de 5 metros con decapado ata solo mineral e dous franxas laterais de polo menos 2,5 metros de largo en que se realizará una roza a feito. - No caso de coincidir no perímetro unha pista forestal débese realizar unha roza nunha franxa de largo igual ao resultado de restar a 10 metros o largo da pista en metros.
Apertura de pista // - Non se superará a densidade de 40 m. -Adaptaranse no seu trazado ao contorno natural do terreo. // - A largura da caixa, incluídas foxos e plataforma, estará comprendida entre 3-5 m e estar dotadas dos pasos de auga e foxos necesarios. - A pendente máxima da rasante non superará o 12%.
- A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos.
- Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos sentidos.
- Dotaranse as pistas ou camiños de polo menos 2 pasos de auga por kilómetro.
- Eliminarase o cordón que se poidese formar na parte exterior da pista ao abrir a caixa.
- Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlla dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas, cada 50 m.
Mellora de pista // - Só se realizará sobre as pistas que conten cunha largura de caixa, incluídos foxos e plataforma, maior de 3 m. - Non se sup, , erar, á a densidade de 40 m de pista/hectárea. // - A pendente máxima da rasante non superará o 12%. - A sección transversal do camiño terá unha caída do 1-2% para facilitar a evacuación das augas cara aos foxos. - Realizaranse suficientes apartadoiros para garantir a circulación en ambos os sentidos.

- Nos tramos con pendente realizaranse cortes transversais en forma de quenlle dirixidos ao exterior da pista para facilitar a evacuación das augas, cada 50 m.
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ESPAZOS NATURAIS E PATRIMONIO FORESTAL
AXUDAS E SUBVENCIÓNS