ORDE do 13 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para os investimentos para a elaboración e comercialización de produtos vitivinícolas, financiadas polo Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), e se convocan para o exercicio orzamentario de 2024 (código de procedemento MR361A).

Diario Oficial de Galicia, 27-12-2023, Núm. 244, Páx. 70710
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO RURAL
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Consultar Artigo 3. Beneficiarias
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de medidas de investimentos no sector vitivinícola en Galicia establecidas na Intervención Sectorial Vitivinícola (ISV) no marco do Plan estratéxico nacional da política agrícola común (PAC) do Reino de España 2023-2027, aprobado pola Comisión Europea mediante a Decisión de execución do 31 de agosto de 2022, e convocar as correspondentes ao exercicio orzamentario de 2024. O código de procedemento é MR361A.
Concederase apoio financeiro aos investimentos materiais e inmateriais en instalacións de transformación e infraestruturas vinícolas, así como en estruturas e instrumentos de comercialización, mesmo co fin de mellorar o aforro de enerxía, a eficiencia enerxética global e os procesos sostibles.
Prazo
Remata o 31 de xaneiro de 2024.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 13-12-2023_axudas_vitivinícolas_gl.pdf galego
Ex Or 13-12-2023_axudas_vitivinícolas_gl.pdf galego
Or 13-12-2023_ayudas_vitivinícolas_es.pdf castellano
Ex Or 13-12-2023_ayudas_vitivinícolas_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles