ORDE do 12 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2020 (código de procedemento MT811A).

Diario Oficial de Galicia, 30-12-2019, Núm. 247, Páx. 55948
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias destas axudas as corporacións locais que, no seu ámbito territorial:
a) Presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou a xestión de colonias felinas por si mesmas ou asociadas, en réxime de xestión directa ou indirecta.
b) Presten o servizo de recollida e acollemento de animais e/ou xestión de colonias felinas mediante convenio e/ou acordos de colaboración nesta materia con outras administracións públicas e entidades, como as asociacións de protección e defensa dos animais inscritas no Rexistro Galego de asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía.
2. En todo caso, o acollemento dos animais abandonados deberá terse realizado en centros debidamente autorizados para tal fin ou nos fogares de acollida dependentes deles e/ou en colonias felinas, reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro.
Obxecto
Establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados
en Galicia relativas á atención e coidado dos animais domésticos de compañía que se atopen nos centros de recollida autorizados e/ou formen parten de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2020 (procedemento MT811A).
Prazo
Ata o 16 de setembro de 2020.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 12-12-2019 animales_es.pdf Castellano
Ext O 12-12-2019 animales_gl.pdf Galego
O 12-12-2019 animales_gl.pdf Galego
Ext O 12-12-2019 animales_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles