ORDE do 11 de xaneiro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos financiados polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños, tramitada como anticipado de gasto (código de procedemento PE209F).

Diario Oficial de Galicia, 03-02-2021, Núm. 22
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) As confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros e demais entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por persoas pescadoras ou mariscadoras que teñan o ámbito territorial e a sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente coas entidades do sector da pesca mencionadas na letra anterior.
c) As organizacións non gobernamentais sen ánimo de lucro, con ámbito territorial ou de actuación que inclúa a Comunidade Autónoma de Galicia, conxuntamente cos grupos de acción local do sector pesqueiro recoñecidos pola Consellería do Mar no marco do desenvolvemento sustentable das zonas de pesca do FEMP 2014-2020.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2021 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMP para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños no marco de actividades pesqueiras sustentables mediante a recollida de residuos mariños coa participación do sector da pesca.
Prazo
Un (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde..
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 11-01-2021_es.pdf castelán
Or 11-01-2021_gl.pdf galego
Ex Or 11-01-2021_gl.pdf galego
Ex Or 11-01-2021_es.pdf castelán
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles