ORDE do 11 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA), para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables, tramitada como anticipada de gasto (código de procedemento PE209B)

Diario Oficial de Galicia, 03-01-2025, Núm. 2, Páx. 315
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DO MAR
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Poderán ser beneficiarias das axudas as seguintes entidades, sempre que teñan a súa sede social na Comunidade Autónoma de Galicia:
a) Confrarías de pescadores e federacións destas.
b) Organizacións de produtores pesqueiros.
c) Entidades asociativas xuridicamente recoñecidas e constituídas por profesionais do sector pesqueiro.
d) Entidades sen ánimo de lucro integradas exclusivamente polas sinaladas na letra a).
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras xerais e a convocatoria para o ano 2025 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos, financiados polo FEMPA, para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante medidas de conservación no marco de actividades marisqueiras sustentables (código de procedemento PE209B).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O 11-12-2024_gl.pdf Galego
O 11-12-2024_es.pdf Castellano
Ext O 11-12-2024_gl.pdf Galego
Ext O 11-12-2024_es.pdf Castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles