Diario Oficial de Galicia, 06-06-2022, Núm. 107, Páx. 32907
Data norma
Organismo
VICEPRESIDENCIA SEGUNDA E CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPRESA E INNOVACIÓN
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarios destas subvencións aqueles concellos de Galicia que subscribisen ou vaian subscribir un contrato de renting con data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2022 e que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ter menos de 50.000 habitantes, de acordo coas cifras oficiais do padrón municipal de habitantes en xaneiro de 2021, publicadas polo Instituto Galego de Estatística.
b) Ter remitida a conta xeral do concello, correspondente ao exercicio orzamentario de 2020, ao Consello de Contas. Este requisito deberá estar cumprido antes do remate do prazo de presentación de solicitudes e acreditarase mediante certificación emitida pola persoa secretaria ou interventora do concello.
c) Contar con corpo de policía local, segundo os datos facilitados pola Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

Obxecto
Poderán ser obxecto de subvención os gastos ocasionados como consecuencia da subministración, mediante o sistema de renting, de vehículos eléctricos ou vehículos híbridos enchufables e non enchufables, que reúnan as condicións para obteren o distintivo ambiental Cero emisións ou Eco, con destino aos corpos de policía local para o exercicio das súas funcións.
Prazo
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no DOG.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|