Diario Oficial de Galicia, 05-09-2005, Núm. 171, Páx. 15219
Orde do 1 de setembro de 2005 sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
A actividade administrativa da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible leva consigo unha concentración de funcións ao redor do seu titular que aconsella, dado o seu volume, recorrer á delegación de competencias no secretario xeral da consellería, sen esquecer o debido respecto aos principios que informan a actividade administrativa e que a nosa Constitución recolle no seu artigo 103.1º.
A delegación de competencias permite a axilización administrativa necesaria que redunda en beneficio tanto da Administración como dos administrados, dentro do máis rigoroso respecto das garantías xurídicas que a tutela dos intereses públicos exixe.
Na súa virtude, facendo uso das facultades que me conceden os artigos 38, 43.3º e 44 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, o artigo 72.4º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia e 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións de xeral aplicación,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Deléganse no secretario xeral as seguintes competencias:
a) O despacho e resolución daqueles expedientes e asuntos de índole administrativa que lle estean atribuídos ao titular da consellería.
b) Autorizar e dispoñer dos gastos xerais dos servizos da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como o compromiso e liquidación, ata o límite dos créditos autorizados e non reservados á aprobación do Consello da Xunta de Galicia, solicitando da Consellería de Economía e Facenda a ordenación dos pagamentos.
c) As funcións que como órgano de contratación lle son atribuídas ao titular da consellería pola lexislación vixente.
d) A designación das comisións de servizos, con dereito a indemnización, previstas no artigo 4 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, de todo o persoal dependente da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
e) As facultades que lle corresponden ao conselleiro en materia de persoal, agás as reservadas legalmente á competencia exclusiva daquel e as que lle correspondan á Dirección Xeral de Función Pública.
f) A disposición de canto atinxe ao réxime interno da consellería, cando non sexa competencia do conselleiro ou doutra dirección xeral.
Artigo 2º.- As resolucións administrativas que se adopten facendo uso das delegacións contidas nesta orde farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas pola autoridade que a conferiu.
Artigo 3º.- En calquera momento, o conselleiro poderá reclamar o exercicio das competencias que son delegadas por esta orde, das que quedan excluídos, en todo caso, os supostos previstos no artigo 13.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro e no artigo 44.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente.
Disposición derrogatoria
Queda derrogada a Orde do 29 de xaneiro de 2003 sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2005.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
ORGANIZACIÓN ADMINISTRATIVA/RÉXIME COMPETENCIAL

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN |
|---|---|
| Orde do 29 de abril de 2009 sobre delegación de competencias no secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. | 05/05/2009 |