ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e se convocan axudas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C).

Diario Oficial de Galicia, 16-12-2022, Núm. 238, Páx. 6371
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
1. Poderán ser beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas, distintas das entidades locais, ou entidades sen personalidade xurídica, propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación desta orde.
2. Só se admitirá unha única solicitude por persoa solicitante. Cando unha mesma persoa solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as cales se solicita a axuda.
Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras regulado polo Decreto 67/2007, do 22 de marzo, así como convocalas para o ano 2023 (código de procedemento MT804C).
Prazo
Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
Or 01-12-2022 ayudas_árboles_singulares_MT804C_es.pdf galego
Or 01-12-2022 ayudas_árboles_singulares_MT804C_es.pdf galego
Ex Or 01-12-2022 ayudas_árboles_singulares_MT804C_es.pdf galego
Ex Or 01-12-2022 ayudas_árboles_singulares_MT804C_es.pdf castellano
Normas derogadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modificada por
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles