Diario Oficial de Galicia, 19-12-2022, Núm. 239, Páx. 64286
Data norma
Organismo
CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA
Ámbito Normativo
Galicia
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
Poderán ser beneficiarias destas axudas as asociacións sen ánimo de lucro legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía con anterioridade á data de publicación desta orde.
Para poder ser beneficiarias das axudas para os gastos subvencionables destinados á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados recollidos nas liñas a) e c) do artigo 2.1, deberán ser titulares ou xestoras dun centro de recollida autorizado e inscrito no Rexistro Galego de Núcleos Zoolóxicos de Galicia.

Obxecto
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, relativas á atención e ao coidado dos animais domésticos de compañía que se encontren nos centros de recollida autorizados e/ou formen parte de colonias felinas reguladas no artigo 26 da Lei 4/2017, do 3 de outubro, á realización de campañas de concienciación para a tenza responsable e para a adopción de animais abandonados e a adquisición de material para a xestión e o manexo dos animais aloxados nos centros de recollida autorizados, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2023, destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a Protección e Defensa dos Animais de Compañía (procedemento MT811B).
Prazo
Desde o día seguinte ao da publicación desta orde no DOG ata o 15 de setembro de 2023.
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|
| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|