Diario Oficial de Galicia, 08-08-2006, Núm. 152, Páx. 12571
Orde do 1 de agosto de 2006 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos producidos polo xabarín, e se convocan para o ano 2006.
Ao abeiro do disposto no artigo 148.1º.11 da Constitución, en virtude do establecido no artigo 27.15º do Estatuto de Autonomía de Galicia, esta comunidade autónoma ten competencia exclusiva en materia de caza.
O Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, crea a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, establecéndose a súa estrutura orgánica básica polo Decreto 232/2005, do 11 de agosto, no cal se prevé a Dirección Xeral de Conservación da Natureza como un dos centros directivos adscritos a ela. Segundo o Decreto 1/2006, do 12 de xaneiro, compételle á devandita consellería a ordenación e o aproveitamento dos recursos cinexéticos, precisamente a través da citada dirección xeral.
O xabarín mantén unha poboación abundante na xeografía galega. A súa presenza nos nosos montes non só é un expoñente da nosa rica biodiversidade senón, ademais, un elemento destacado no equilibrio biolóxico do medio en que se desenvolve. As súas necesidades alimenticias entran ás veces en conflito cos intereses dos nosos agricultores, que sofren a voracidade e a forma de alimentarse desta especie. Por outra banda, o xabarín ten unha gran capacidade para desprazarse, polo que resulta moi difícil poder establecer a súa procedencia e o responsable último dos danos. É por iso polo que, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, para conciliar o interese pola convivencia da especie co dos agricultores, pon en marcha unha liña de axudas, de carácter compensatorio, para reparar os danos ocasionados sobre a agricultura de Galicia.
Con esta liña de axudas preténdese atender un grave problema social para os agricultores, desgustados polos danos que lles causa o xabarín nos seus cultivos agrícolas.
Dada a nula estatística dos danos que a especie ocasiona no agro galego, cómpre ser prudente á hora de acometer a liña de axuda e tratar de conseguir que esta chegue a todos os que teñan dereito sen que se poidan producir desviacións indesexables.
O réxime xeral das axudas e subvencións nestas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, así como nos artigos 78 e 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aprobou o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na redacción dada a estes pola Lei 14/2004, do 29 de decembro, de medidas tributarias e réxime administrativo. A nivel regulamentario a normativa principal constitúea o Decreto 287/2000, do 21 de novembro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.
Nos vindeiros exercicios, estas axudas financiaranse con cargo ás consignacións orzamentarias que, mediante disposición complementaria, se determinen anualmente, de acordo co contido da Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para cada exercizo. Para este ano o devandito importe recóllese na disposición adicional primeira.
En virtude do anterior, en consonancia co disposto no artigo 27.15º do Estatuto de autonomía, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,
DISPOÑO:
Artigo 1º.- Obxecto e principios.
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas de carácter compensatorio a favor dos afectados polos danos causados nos seus cultivos agrícolas polo xabarín.
2. Estas axudas tramitaranse baixo os principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados na asignación e utilización dos recursos públicos, con sometemento ao previsto nos artigos 78 e 79 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, modificado pola Lei 14/2004, do 29 de decembro; así como no previsto no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia. Así mesmo, serán de aplicación os preceptos básicos da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 2º.- Beneficiarios.
1. Poderanse acoller a estas axudas os agricultores profesionais que sufrisen danos nos seus cultivos por causa do xabarín.
2. O expediente de axudas será único e comprenderá todos os danos producidos polo xabarín a un mesmo beneficiario antes da colleita.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarios das axudas previstas nesta orde, as persoas ou entidades en que se produza algunha das circunstancias previstas no artigo 13.2º da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
Artigo 3º.- Ámbito temporal.
As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos producidos polo xabarín nos cultivos agrícolas desde o un de xaneiro ata o quince de outubro do ano en curso. Para sucesivos exercicios económicos concederanse axudas con cargo a este polos danos ocasionados polo xabarín, desde o 16 de outubro do ano anterior ata o 15 de outubro do exercicio seguinte.
Artigo 4º.- Comunicación do dano.
1. Os titulares dos cultivos afectados deberán poñer en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible nun prazo máximo de sete días, a produción do dano, mediante unha chamada ao teléfono 900 18 61 86, a través do cal se lles facilitará unha clave, que servirá para acreditar a formulación da denuncia e identificala univocamente.
2. A Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible dará traslado dos feitos ao titular do terreo cinexético que puidese quedar afectado.
3. Os agricultores que formulasen durante a campaña algunha denuncia nos termos previstos no parágrafo anterior, por danos producidos polo xabarín, deberanlle comunicar directamente á Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, cunha antelación mínima de quince días, o seu propósito de principiar a colleita, co fin de posibilitar que persoal desta consellería se desplace ata o lugar dos feitos, para facer unha valoración final destes. No caso de danos en pradarías, esta comunicación deberá facerse coa mesma antelación ás cortas, de ser o caso, e sempre ao remate de cada semestre.
4. O persoal da consellería comprobará sobre o terreo a entidade dos danos e emitirá informe que remitirá ao correspondente Servizo Provincial de Conservación da Natureza.
Artigo 5º.- Importe das axudas.
1. O importe destas axudas calcularase segundo a valoración dos cultivos que se establece no anexo I desta orde. Para ter dereito á axuda o importe do dano deberá estar comprendido entre un mínimo de 120 A e un máximo de 1.200 A, por campaña e beneficiario. En caso de que os danos superen este importe de 1.200 A, o agricultor non terá dereito a obter a axuda.
2. O importe das axudas poderá ter carácter decrecente en ocasións futuras, cando os que foron beneficiarios delas non adoptaran as medidas de protección que lles foran sinaladas.
Artigo 6º.- Solicitudes e documentación.
1. As solicitudes deberán formalizarse cando se faga a comunicación de anuncio da colleita, citada no parágrafo segundo do artigo 4º, mediante instancia dirixida ao conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, segundo o modelo formalizado que se recolle no anexo II desta orde.
Aquelas solicitudes formalizadas con data posterior ao 15 de outubro de 2005, referentes a danos acaecidos entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro do mesmo ano, tramitaranse con cargo á seguinte convocatoria desta orde de axudas.
Non obstante, para os danos producidos entre o 16 de outubro e a data de publicación da convocatoria do seguinte ano, a solicitude de axuda realizarase a partir da entrada en vigor da convocatoria de axuda de tal ano, aínda que a comunicación do inicio da colleita farase do modo indicado no artigo 4º.3, para o efecto da valoración dos danos de antes da recolección.
Estas solicitudes presentaranse nas correspondentes delegacións provinciais desta consellería ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
2. Xunto coa solicitude, presentarase a seguinte documentación:
a) Só en caso de non estar inscrito no rexistro de explotacións prioritarias, acreditación da condición de agricultor ou de gandeiro profesional. (Para acreditar a condición de agricultor profesional terá que demostrar que obtén polo menos, o 50% da súa renda total, das actividades agrarias ou das complementarias ás sinaladas no parágrafo 2 do punto 5º do artigo 2 do Real decreto 613/2001, efectuarase mediante fotocopia cotexada da declaración do IRPF do último exercicio, do que finalizase o prazo para a súa presentación en período voluntario, ou coa media das rendas fiscalmente declaradas, como tales por el, durante tres dos últimos 5 anos, incluíndo o último exercicio, exceptuando do cómputo os incrementos e diminucións patrimoniais).
(Para acreditar a condición de gandeiro, terá que presentar unha copia do libro de explotación).
b) Fotocopia do CIF/NIF do titular.
c) Ficha para a transferencia bancaria no modelo que se xunta como anexo III a esta orde.
d) Se o titular fose unha persoa xurídica, acordo do órgano competente desta polo que se aprobou a solicitude desta axuda.
e) Cando se actúe en nome doutra persoa, física ou xurídica, así como dunha comunidade de bens, deberase acreditar a representación con que se actúa.
f) Declaración do conxunto das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.
Artigo 7º.- Tramitación.
1. As solicitudes da axuda serán examinadas xunto coa documentación anexa nos servizos provinciais de Conservación da Natureza. No caso de que fosen detectadas faltas ou omisións, requirirase o interesado para que se emenden ou completen, nos dez días hábiles seguintes ao da súa notificación, coa indicación de que, se así non o fixese, terase por desistido da súa petición, arquivándose o expediente, sen máis trámite, cos efectos previstos no artigo 42º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999.
2. Os servizos provinciais avaliarán, dentro dos seus ámbitos territoriais, os expedientes de solicitude de axudas. Para tal fin, levarán a cabo as funcións de organización, control e coordinación das unidades encargadas da comprobación dos danos.
3. Examinadas as solicitudes e a documentación presentadas, e efectuada a correspondente valoración, as delegacións provinciais da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible elaborarán a oportuna proposta, que elevarán á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que esta continúe coa súa tramitación.
Artigo 8º.- Resolución e recursos.
1. O secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, en vista das propostas formuladas, resolverá por delegación do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, expresa e motivadamente, o que en dereito corresponda sobre a denegación ou concesión da subvención solicitada.
2. O prazo máximo para resolver será de tres meses, desde a presentación da solicitude da axuda formulada. Transcorrido este sen que se ditase resolución expresa, os solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 44.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.
3. A resolución ditada, segundo o disposto no punto 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, no prazo dun mes desde a notificación da resolución, ou de tres meses desde que se produza a súa denegación por silencio administrativo, de confornidade co artigo 117 da Lei 30/1192, do 26 de novembro, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo o artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Artigo 9º.- Modificación da resolución.
Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
Artigo 10º.- Publicidade.
A relación das axudas concedidas e denegadas publicarase a través dunha relación inserida no taboleiro de anuncios dos servizos centrais da consellería, así como no de cada delegación provincial.
Artigo 11º.- Control.
Os beneficiarios están obrigados a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, así como facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas.
Artigo 12º.- Compatibilidade.
As axudas previstas nesta orde serán incompatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, así como con calquera outro réxime comunitario de axudas.
Artigo 13º.- Reintegro.
1. Os beneficiarios destas subvencións deberán reintegrar, total ou parcialmente, a axuda pública recibida, cos xuros de mora, no caso de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión, así como nos supostos de incumprimento da obriga de xustificación, de obtencións da subvención sen reunir os requisitos para a súa concesión, e incumprimento da finalidade para a que foi concedida, conforme o artigo 19 do Decreto 287/2000, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas na Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 78.10º do Decreto lexislativo 1/1999, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
2. Aos beneficiarios seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no artigo 79 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, segundo a redacción dada a éste polo artigo 13 da Lei 14/2004, do 29 de decembro, así como no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da comunidade autónoma e no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
Disposicións adicionais
Primeira.- Financiamento.
No exercicio de 2006, as axudas que se concedan con cargo a esta orde financiaranse con cargo a aplicación orzamentaria 15.02.342-A. 470.1, ata un importe máximo de cen mil euros (100.000 A).
A dotación inicial prevista incrementarase en función das solicitudes atendibles e das dispoñibilidades orzamentarias.
En ningún caso se concederán aboamentos na conta ou pagamentos anticipados.
En todo caso, o pagamento das axudas queda condicionado á existencia de crédito orzamentario.
Segunda.- Delegación de funcións.
Delégase no secretario xeral o exercicio da competencia do conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para conceder ou denegar as axudas obxecto desta orde, contida no seu artigo 8.1º, nos termos do artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Disposicións derradeiras
Primeira.- Desenvolvemento.
Facúltase o director xeral de Conservación da Natureza para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.
Segunda.- Entrada en vigor.
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2006.
Manuel Vázquez Fernández
Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible
ANEXO I - Baremo utilizado para o pagamento de axudas para paliar os danos producidos polo xabarín en cultivos
Tipo de cultivo // Importe por m
Cód. // Descrición
MIG // Millo gran // 0,13 A/m
MIF // Millo forraxeiro // 0,12 A/m
TRI // Trigo // 0,10 A/m
CEN // Centeo // 0,10 A/m
PRA // Pradaría // 0,10 A/m
HO1 // Hortalizas 1 (cenoria, repolo e nabo) // 0,60 A/m
HO2 // Hortalizas 2 (coliflor, tomate, berenxena, cabaciña, cebola, feixón, leituga, pemento e porro) // 1,60 A/m
ANEXO I - Lista de distritos ambientais
Distrito: Enderezo
1. Ferrol: Edif. admin. Xunta de Galicia. Praza Camilo José Cela 1, 8º andar.
2. Bergantiños-As Mariñas: Coruñesas Rúa Carregal, s/n
3. Santiago de Compostela-Meseta Interior: Avda. do Xeneralísimo, 41-2º
4. Noia: Rúa Pintor Genaro Carrero, 15 B
5. Vimianzo: Rúa Codeseiras, 11
6. Viveiro: r/ Pardo de Cela, 22
7. Os Ancares: Rúa Ano Vello, s/n
8. Terra de Lemos: Concepción Arenal 48, baixo
9. Lugo: Rúa Calvo Sotelo, 126, entrechán
10. Vilalba: Praza do Concello, s/n
11. O Carballiño: Estrada a Cea (OU-204) km 4
12. Ourense: Rúa As Flores, s/n, 1º B
13. O Barco de Valdeorras: Casa Grande de Viloira, s/n
14. Verín: Rúa Rosalía de Castro, 63
15. Bande: Tr. Irmáns Martínez, nº 2
16. Lalín: Rúa Ponte, 4-1º
17. Ponteareas: Rúa Paseo Matutino, 35-1º
18. O Porriño: Rúa Barrio Torneiros, s/n.
19. Caldas-Pontevedra-O Morrazo: Pza. Ravellas 13, 5º e 6º
Data norma
Organismo
CONSELLERIA DE MEDIO AMBIENTE E DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE
Ámbito Normativo
Autonómica
Rango legal
Orde
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS

| TÍTULO | DATA PUBLICACIÓN | Sen datos dispoñibles |
|---|