Orde APA/792/2021, do 21 de xullo, pola que se establecen as bases reguladoras das subvencións en I+D+i, no ámbito dos Plans Nacionais de Acuicultura, para agrupacións de entidades que realicen proxectos de investigación nesta materia.

Boletín Oficial del Estado, 24-07-2021, Núm. 176, Páx. 89179
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Clasificación
AXUDAS E SUBVENCIÓNS
Destinatario
a) Organismos públicos de investigación definidos no artigo 47 da Lei 14/2011, do 1 de xuño, da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, incluíndo os centros nacionais integrantes do Consello Superior de Investigacións Científicas. b) Universidades públicas. c) Entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que desenvolvan actividades de I+D+i. d) Centros tecnolóxicos de ámbito estatal e centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal validamente rexistrados
Obxecto
Establecer as bases reguladoras para a concesión, de subvencións en Investigación, desenvolvemento e innovación (I+D+i), no ámbito dos Plans Nacionais de Acuicultura, ás entidades sinaladas no artigo 4, para a realización de proxectos de investigación nesta materia, para o fomento da competitividade e viabilidade das empresas acuícolas, conforme ao obxectivo 5 a) do Regulamento 508/2014 do 15 de maio, no relativo ao fomento dunha acuicultura competitiva, medioambientalmente sostible, economicamente viable e socialmente responsable así como conforme aos obxectivos estratéxicos do Plan Estratéxico Plurianual da Acuicultura Española 2014-2020.
Prazo
15 días hábiles, a partir do día seguinte á publicación no BOE do extracto da convocatoria.
Documentos
NOME DO DOCUMENTO TÍTULO DESCARGAR
O APA 92-2021.pdf Castellano
Normas relacionadas
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles
Modifica a
TÍTULO DATA PUBLICACIÓN
Sen datos dispoñibles