Boletin Oficial Provincial, 18-04-2007, Núm. 75, Páx. 5
MODIFICACIÓNS DA ORDENANZA MUNICIPAL DE PROTECCIÓN DO MEDIO CONTRA A CONTAMINACIÓN ACÚSTICA PRODUCIDA POLA EMISIÓN DE RUÍDOS E VIBRACIÓNS
MODIFICACIÓN DO ARTIGO 15.— MEDIDAS ESPECÍFICAS PARA ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS.
1.— Aos proxectos das actividades que implican funcionamento dentro do horario nocturno, que se especifican na táboa 4 do Manual de Procedemento para a medición de ruídos e vibracións, anexo a esta Ordenanza, esixiráselles un illamento acústico normalizado R mínimo entre a actividade e a vivenda lindeira, de acordo co indicado na mencionada táboa.
O acceso do público realizarase a través dun de¬partamento estanco con absorción acústica e dobre porta. Exceptuarase desta esixencia aos bares, cafeterías, restaurantes, mesóns e similares, con ou sen
T.V. e sen música e aos salóns de xogos recreativos pertencentes ao grupo I, así como ás panaderías e confeiterías con obrador pertencentes ao grupo VI.
Tódalas actividades que implican funcionamento dentro do horario nocturno que se especifican na anteriormente citada táboa 4, ademais do cumprimento das prescricións establecidas neste título, con carácter xeral adoptarán as seguintes:
— Instalación de chan flotante se o chan do establecemento se asenta sobre un forxado, dispoñendo libre o espazo inferior. Cando o chan do establecemento estea asentado sobre térreno firme, admitirase a desolarización do paramento horizontal dos verticais, especialmente dos piares.
— Instalación de dobres paredes laterais flotantes e desolarizadas en todo o contorno do local.
— Instalación dun teito acústico desconectado mecanicamente do forxado da planta inmediatamente superior.
— Non se permite a instalación de condutos de aire ou calquera outro tipo de instalacións entre o falso teito acústico e o forxado superior, así como calquera perforación deste para instalar equipos de iluminación, megafonía, etc., deberase dispor por debaixo do falso teito necesario para as instalacións.
Nos establecementos do grupo I non se permitirá a instalación de equipos de reprodución/amplificación de música ou de vídeo, nesta categoría de establecementos soamente poderá instalarse fío musical, ou un aparello de radio ou de televisión, que deberán funcionar sen estar conectados a amplificadores ou altofalantes.
Excepcionalmente, para os establecementos do grupo I, situados en zonas especiais nas que sexa desexable que o manter o acabado de determinados paramentos en función das características do contorno, poderá eximirse da esixencia de contar con dobre parede lateral flotante a algún dos paramentos verticais, sempre e cando se trate dun muro de pedra de suficiente espesor que garanta amplamente o illamento acústico e se substitúa por outra medida complementaria de illamento non esixible. Pola súas especiais características de funcionamento, os ximnasios, locais de aeróbic, escolas de danza e similares pertencentes ao grupo 1, e as academias de música e locais de ensaio con actividade só diúrna pertencentes ao grupo 1, aínda cando non impliquen funcionamento dentro do horario nocturno, deberán contar con chan flotante, dobres paredes flotantes e desolarizadas e teito acústico desconectado mecanicamente do forxado superior.
2.— Para garantir a adecuada e eficaz defensa das e dos veciños ante actividades de probado e manifesto carácter molesto, con independencia do indicado con carácter xeral anteriormente, e sen prexuízo doutras certificacións ou comprobacións que se lle poidan esixir á propiedade ou ser realizadas pola Administración Municipal, antes da concesión da licencia de posta en marcha de tódalas actividades nocturnas da táboa 4 e as diúrnas dos grupos 1 e 2 do Manual de Procedementos adxunto, o Concello esixiralle á propiedade un certificado de illamento acústico conseguido entre a actividade e as vivendas lindeiras co local. A dita certificación realizarase por empresas ou entidades homologadas pola Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente). As medicións efectuaranse de acordo coas especificacións establecidas no Manual de procedemento para a medición de ruídos e vibracións, que se achega con esta ordenanza, deberanse acadar os valores mínimos de illamento acústico que se indican na táboa 4 dese Manual.
A certificación incluirá as medicións do illamento correspondentes ás vivendas lindeiras co local proporcionando os valores do (DnT,w+C) e (DnT, 125), as do illamento das fachadas principal a vía pública e posterior ou a patios (D1s,2m,nT,w+C), así como a do illamento con respecto ao portal do edificio ou zonas comúns interiores de acceso ás vivendas, de acordo co indicado no Manual de procedemento para a medición de ruídos e vibracións.
Para o control da execución e efectividade do chan flotante, a certificación de illamento incluirá tamén a medición, segundo procedemento descrito no Manual de procedemento para a medición de ruídos e vibracións (apdo. 10) correspondente aos ruídos de impacto (LnAeq 10s), que non superarán na vivenda lindeira co local, os valores de 40 dB en horario diúrno e 35 dB en horario nocturno.
Asemade para todos os establecementos correspondentes as actividades nocturnas da táboa 4, excepto as do grupo VI, e para todos os dos grupos 1 e 2 pertencentes as actividades diúrnas, incluirase a medición do tempo de reverberación (T20, mid) segundo o indicado no Manual de procedemento para a medición de ruídos e vibracións (apdo. 11) correspondente ao acondicionamento interior do local, cuxo valor non será maior de 0,9 s.
Nas certificacións describiranse os diferentes procedementos de medicións empregados e xustificarase a elección das vivendas e recintos seleccionados para facer as medicións, que serán os mais afectadas polos ruídos xerados por la actividade, identificándose claramente os lugares onde se han efectuado as medicións. Virán firmadas por técnico competente e visadas polo correspondente colexio oficial.
No seu caso, a certificación incluirá tamén a medicións dos niveis en dBA (LAeq) xerados polos equipos de ventilación e climatización dos locais. O nivel de ruídos, transmitido tanto ao exterior do local como ao interior das vivendas, estará dentro dos valores máximos permitidos pola Ordenanza Municipal sobre Ruídos e Vibracións.
3.— Nos locais nos que a separación coa planta superior estea constituída por un forxado de madeira e o uso previsto no edificio para a planta situada inmediatamente enriba do local sexa o residencial ou de vivenda, non se poderá instalar ningunha das actividades que implican funcionamento dentro do horario nocturno que se especifican na mencionada táboa 4 do Manual de Procedementos, exceptuando os bares, cafeterías, restaurantes e similares que non conten con equipo de reprodución sonora pertencentes ao grupo I. Nos locais nos que a separación coa planta superior estea constituída por un forxado de formigón e o uso previsto para a planta situada inmediatamente enriba do local sexa o residencial ou de vivenda, non se poderán instalar discotecas, salas de festas, salas de baile, locais de exhibicións especiais e, en xeral, todo tipo de locais que impliquen actuacións en directo con música ou canto en vivo pertencentes ao grupo V correspondentes ás actividades nocturnas, e os pertencentes ao grupo 2 das actividades diúrnas.
4.— Establecemento de distancias mínimas entre locais de lecer con música: Co fin de evitar a concentración deste tipo de locais e impedir que se produzan zonas saturadas de ruídos pola acumulación de locais de lecer con música, non se tramitará ningunha licenza deste tipo de locais en calquera emprazamento de uso característico ou predominante residencial, sempre que exista a unha distancia menor de cen metros (100 m) un local de lecer con música que conte con licenza concedida ou en trámite. Dita distancia medirase en liña recta sobre a vía publica entre os puntos medios das respectivas fachadas dos locais. Asemade, non poderá estar incluído ningún local deste tipo no interior dun círculo de
50 metros de rádio co centro no punto medio da fachada do local que solicita licenza de actividade. As devanditas medidas serán extensivas a tódalas actividades nocturnas pertencentes aos grupos II, III, IV e V e dentro do grupo I aos salóns de xogos recreativos da Táboa 4 do Manual de Procedementos.
MODIFICACIÓN DO ARTIGO 17.— ZONAS ACUSTICAMENTE SATURADAS: PRESUPOSTO DE FEITO
1.— Son Zonas Acusticamente Saturadas aquelas zonas do municipio nas que se producen uns elevados niveis sonoros debido á existencia de numerosas actividades de ocio ou establecementos públicos, á actividade das persoas que os utilizan, ao ruído do tráfico en ditas zonas así como a calquera outra actividade que incida na saturación do nivel sonoro da zona.
2.— Poderán ser declaradas Zonas Acusticamen¬te Saturadas aquelas nas que, aínda cando cada actividade individualmente considerada cumpra cos niveis establecidos na presente Ordenanza Municipal, o promedio semanal nocturno (nivel equivalen¬te semanal nocturno-Leq semanal) supere en máis de 15 dB(A) os niveis máximos permitidos na emisión ao medio ambiente exterior fixados na Táboa I do Manual de Procedemento para a medición de ruídos e vibracións, anexo a esta Ordenanza.
ARTIGO 17 BIS.— DECLARACIÓN
1.— Corresponde ao Pleno da Corporación Municipal, de oficio ou a petición de persoa interesada, a aprobación inicial da proposta de declaración de Zona Acusticamente Saturada que poderá incluír a adopción de medidas cautelares.
2.— Trala aprobación inicial abrirase un trámite de información pública para a presentación de reclamacións e suxestións por un período de 20 días hábiles, mediante a publicación de sendos anuncios no taboleiro de Editos do Concello, no Boletín Oficial da Provincia e comunicación na prensa da lo¬calidade de maior difusión. De non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente adoptado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse no BOP, no taboleiro de anuncios do Concello e xirando comunicación á prensa da localidade de maior difusión, entrando en vigor, salvo que nel se dispoña o contrario, ao día seguinte ao da súa publicación.
3.— A declaración de Zona Acusticamente Saturada corresponde ao Pleno a Corporación Municipal. Dita declaración expresará os lugares afectados, medidas adoptadas e prazo de vixencia da mesma.
ARTIGO 17 TER.— EFECTOS.
1.— As Zonas Acusticamente Saturadas quedarán suxeitas a un réxime especial de actuacións de carácter temporal, que terá por obxecto a progresiva redución dos niveis sonoros exteriores, ata acadar os límites establecidos na presente Ordenanza.
2.— A declaración de Zona Acusticamente Saturada habilitará ao Pleno da Corporación para a adopción de todas ou algunhas das seguintes medidas:
— Suspensión do outorgamento de novas licenzas de apertura, ampliación ou modificación, en tanto permanezan as condicións acústicas que orixinaron a declaración, para actividades nocturnas pertencentes aos grupos II (cines, salas de vídeo, bingos e similares), III (bares con música, pubs, whiskerías e similares, e boleiras), IV (teatros e auditorios), V (salas de festa, discotecas e locais con música ou canto en vivo) e dentro do grupo I aos salóns de xogos recreativos; tamén poderanse suspender as licenzas dos locais comerciais con horario nocturno, tipo locais de conveniencia.
— Establecer horarios restrinxidos, por razón do tipo de actividade, para o desenvolvemento das actividades responsables, directa ou indirectamente, dos elevados niveis de contaminación acústica.
— Sinalar zonas ou vías nas que se prohiba circular a determinadas clases de vehículos a motor ou deban facelo con restricións horarias ou de velocidade.
— Prohibición ou limitación horaria de colocar mesas e cadeiras na vía pública, así como suspensión temporal das licenzas concedidas.
— Calquera outra medida que se considere axeitada polo Pleno da Corporación para re¬ducir os niveis de contaminación acústica.
ARTIGO 17 QUARTER.—VIXENCIA
As medidas adoptadas manteranse en vigor en tanto non quede acreditada a recuperación dos niveis superados, mediante a realización de tres medicións sonométricas realizadas ao longo de tres meses, unha por mes, acompañadas de informe técnico, e se acorde o cesamento da declaración da Zona Acusticamente Saturada polo Pleno da Corporación, previa información pública, publicándose no Boletín Oficial da Provincia.
MODIFICACIÓN DO ARTÍGO 25.— TRABALLOS NA VÍA PÚBLICA E NA EDIFICACIÓN
1.— Nas obras e traballos de construción, modificación, reparación ou derruba de edificios ou infraestruturas, así como as que se realicen na vía pública, non se autorizará a utilización de maquinaria que non se axuste á lexislación vixente en cada momento ou non sexan utilizadas nas condicións correctas de funcionamento. Os sistemas ou equipos complementarios utilizados en todo tipo de obra serán os tecnicamente menos ruidosos e a súa manipulación será a máis correcta para evitar ou reducir a contaminación acústica.
Os niveis de ruído e vibracións fixados nas Táboas 1 (valores de recepción do ruído procedente das actividades ou instalacións suxeitas a licenza municipal no ambiente exterior), 2 (valores de recepción do ruído procedente das actividades ou instalacións suxeitas a licenza municipal no ambiente interior) e 3 (valores de recepción das vibracións procedentes das actividades ou instalacións suxeitas a licenza municipal no ambiente interior) do Anexo da presente Ordenanza Municipal non serán de aplicación a estas fontes sonoras.
2.— Os responsables ou titulares das obras adoptarán baixo a súa responsabilidade as medidas correctoras oportunas para evitar ou, no seu caso, reducir os niveis sonoros por elas producidos. O Concello poderá eximir da precedente obriga ás obras cuia demora na súa realización poida comportar perigo de afundimento, corremento, inundación, explosión ou risco de natureza análoga.
3.— Os traballos realizados en días laborables tanto na vía pública coma na edificación non poderán realizarse entre as 22:00 e as 8:00 horas do día seguinte. Asemade, os traballos que conleven obras de escavación non poderán realizarse antes das 9:00 horas. Prohíbese traballar en domingo ou festivo.
Exceptúanse da prohibición anterior as obras urxentes, as que se realicen por necesidade ou perigo e aquelas que, polos seus inconvenientes, non se poidan realizar durante o día. Este traballo nocturno será autorizado ou ordenado polo Concello.
4.— O Concello promoverá, en xeral, o uso de maquinaria e equipos de baixa emisión acústica. En particular no marco da contratación pública de obras, subministracións e prestación de servizos. A tal efecto, incorporarase nos pregos de condicións técnicas-administrativas dos concursos para a adquisición de subministracións o para a adxudicación de obras ou servizos as cláusulas específicas ao respecto.
MODIFICACIÓN DAS DISPOSICIÓNS TRANSITORIAS:
Primeira.— Os establecementos públicos con licencia de actividade e instalación outorgada con anterioridade á entrada en vigor da mencionada ordenanza, adaptaranse ao disposto no artigo 15 nos casos seguintes:
— Cando se realicen modificacións, ampliacións ou reformas que excedan ás obras de mera hixiene, ornato ou conservación.
— Cando así se impoña como esixencia para reapertura dos establecementos clausurados por incumprimento dos niveis fixados na ordenanza e conforme ao procedemento establecido no Título V.
Segunda.— Nas licenzas en trámite solicitadas con anterioridade á data da aprobación inicial da presente ordenanza que conten con proxecto de obras de adaptación visado tamén con anterioridade a esta data, non será de aplicación o disposto no artigo 15 da presente ordenanza en cuanto ao illamento esixible e cumprimento de distancias mínimas entre locais.
ENGÁDESE UNHA DISPOSICIÓN ADICIONAL II:
Adóptase a obriga de revisar, pasado un ano da entrada en vigor das presentes modificacións da Ordenanza Municipal, os valores de recepción de ruído no ambiente interior, con respecto a residencial habitacións en horario nocturno da Táboa 2 do Manual.
MODIFICACIÓNS DO MANUAL DE PROCEDEMENTOS DO CONCELLO DE VIGO PARA A MEDICIÓN DE RUIDOS E VIBRACIÓNS (ANEXO Á ORDENANZA):
REALÍZANSE AS SEGUINTES CORRECCIÓNS DE ERROS:
1.— No apartado nº 1 do Manual (Procedemento para a medición de ruídos e vibracións) substituír o termo medicións por definicións.
2.— Nos apartados de definicións e medicións do Manual ao referirse á medición utilizando o percentil 90 (L90), substituír o encabezado “ruído de fondo” por “ruído ambiental de fondo”.
3.— No encabezado das táboas 1, 2 e 3 engadir a expresión “procedente das actividades ou instalacións suxeitas a licenza municipal”.
ENGADIR AO MANUAL UN NOVO APARTADO 9: “PROCEDEMENTO DE MEDICIÓN DOS NIVEIS DE RECEPCIÓN”
9.1.— As medicións dos niveis de recepción interior realizaranse coas portas e fiestras do recinto onde se efectúa a medición pechadas co obxecto de conseguir que non exista influencia do ruído exterior de fondo e eliminando toda posibilidade de ruído interior da propia vivenda. Restrinxirase ao mínimo imprescindible a presenza de persoas alleas ás que están efectuando a medición, debendo permanecer caladas e sen moverse do seu emprazamento durante todo o tempo que dure a realización da medición.
9.2.— Para proceder á medición identificarase de forma inequívoca a fonte sonora que se pretende medir. Efectuaranse tres medicións de curta duración, en xeral de 15, 20 ou 30 seg., utilizando normalmente o parámetro de medición correspondente ao nivel continuo equivalente en dBA (LAeq, 15s, LAeq, 25s ou LAeq, 30s) en función do tipo de ruído a medir, ou o percentil 10 (L10) para o caso de ruídos transitorios aleatorios.
Se durante as medicións observárase a existencia de calquera ruído alleo á fonte sonora que se pretende medir e se verificara que a súa intensidade sonora afecta ao resultado da medida, reiniciarase a medición tantas veces como sexa necesario poñendo a cero o sonómetro, ata obter medicións que non recollan ningún ruído alleo á fonte sonora que se pretende medir.
O valor da medición é a media aritmética dos tres valores así obtidos.
9.3.— Se durante as medicións, aínda seguindo o procedemento descrito no parágrafo anterior, non fose posible anular totalmente o ruído alleo á fonte sonora que se pretende medir e se verificara que a súa intensidade sonora afecta ao resultado da medida, pódese optar por realizar a medición noutro momento no que o ruído de fondo sexa de menos intensidade, ou realizar a medición nesas condicións, pero deberase efectuar a correspondente corrección polo ruído existente alleo á fonte sonora, é dicir, temos que restarlle mediante unha función logarítmica ao valor medido o nivel sonoro correspondente ao ruído de fondo.
9.4.— Para realizar a medición coa existencia de ruído de fondo, mídese o nivel de ruídos do conxunto formado pola fonte sonora e o ruído de fondo (L1).
9.4.1.— Procédese a continuación a parar a fonte sonora e mídese nas mesmas condicións, é dicir utilizando o mesmo parámetro e as mesmas condicións de medición, o nivel producido polo ruído de fondo (L2) e obtense a diferenza m = L1 – L2 entre ambos valores.
9.4.2.— Se o valor de m é menor ou igual a 3 desistirase da medición, dado que ao ser o ruído de fondo existente moi próximo ao da fonte non se podería determinar cal deles é de maior intensidade.
9.4.3.— Se o valor de m é superior a 10, o valor do nivel de ruídos da fonte sonora non se ve afectado polo ruído de fondo e non é necesario establecer ningunha corrección.
9.4.4.— Se o valor de m é maior que 3 e menor ou igual que 10, o nivel de ruídos da fonte sonora (L) obxecto da medición virá dado por resta dos niveis sonoros das dúas medicións realizadas mediante a seguinte función logarítmica L = 10 log(10 L1 10 –10 L2 10). Neste caso a corrección estaría comprendida entre os 0,5 e os 2,6 dBA, é dicir que o valor da medición do nivel de ruídos da fonte sonora L, sería como moito 2,6 dBA menor que o nivel de ruídos do conxunto formado pola fonte sonora e o ruído de fondo L1.
9.5.— Non se confundirá a corrección por ruído de fondo que se debera realizar cando ao efectuar unha medición se observase a existencia de ruído de fondo alleo á fonte sonora que tratamos de medir, que non se pode anular e que pode afectar ao resultado da mesma, co que se denomina ruído ambiental de fondo existente nun determinado ambiente ou recinto, que se define como o nivel de presión acústica que se supera durante o 90% (L90) dun tempo de observación suficientemente significativo en ausencia do ruído obxecto da inspección.
9.5.1.— No caso de ter que efectuar a corrección por ruído de fondo, utilizarase o mesmo parámetro e tempo de medición que utilizamos para medir o ruído da fonte sonora, é dicir o LAeq, 15s, LAeq,
20s ou LAeq, 30s.
9.5.2.— Mentres que no caso de que o que queiramos obter sexa o ruído ambiental de fondo, ou sexa cando o que pretendemos é medir unicamente o ruído de fondo existente nun recinto en ausencia do ruído obxecto da inspección, utilizaremos como parámetro de medición o percentil L90, realizado unha toma de datos de polo menos 5 minutos ou período de tempo representativo, tal como establece ao respecto o Manual de Procedementos da Ordenanza Municipal de Ruídos do Concello de Vigo. Valor que non é perceptivo nas medicións pero que ás veces é conveniente reflectir para dar unha idea do nivel existente coa actividade sen funcionar.
ENGADIR AO MANUAL UN APARTADO 10: “TÉCNICAS DE MEDIDA DO ILLAMENTO A RUÍDOS DE IMPACTO PARA CONTROLAR A EXECUCIÓN E EFECTIVIDADE DO CHAN FLOTANTE CON QUE DEBERÁN CONTAR OS ESTABLECEMENTOS PÚBLICOS DE LECER E AQUELES NOS QUE SE ORIXINEN RUÍDOS DE IMPACTOS”.
10.1.— Para a medición do illamento a ruídos de impactos seguirase o seguinte protocolo de medida:
10.1.1.— Utilizarase como fonte xeradora unha máquina de impactos normalizada conforme ao anexo A da norma UNE-EN-ISO 1407 (1999) ou calquera outra que a substitúa.
10.1.2.— A máquina de impactos situarase polo menos en dúas posicións diferentes.
10.1.3.— Por cada unha das posicións da máquina de impactos na sala emisora efectuaranse medicións do LAeq 10s en, polo menos, dúas posicións do micrófono na sala receptora.
10.1.4.— Procederase a medir na sala receptora colocando o micrófono nas seguintes posicións:
— 0,7 metros entre posicións de micrófono.
— 0,5 metros entre calquera posición de micrófono e os bordes da sala.
— 1 metro entre calquera posición de micrófono e o chan da sala receptora.
— As distancias reflectidas considéranse valores mínimos.
10.1.5.— Teranse en conta as posibles correccións por ruído de fondo conforme á norma UNE-EN-ISO- 1407 (1999) ou calquera outra que a substitúa.
10.1.6.— O resultado da medición será o nivel so¬noro máximo alcanzado durante as medicións realizadas corrixidas polo ruído de fondo.
10.2.— Na vivenda lindeira co local non se supe¬rará o valor do LpAeq 10s medido segundo o procedemento anteriormente descrito, correspondente a 40 dB en horario diúrno e 35 dB en horario nocturno.
ENGADIR AO MANUAL UN APARTADO 11: “TÉCNICAS DE MEDIDA DO ACONDICIONAMENTO ACÚSTICO DOS LOCAIS, ABSORCIÓN DO LOCAL, MEDICIÓN DO TEMPO DE REVERBERACIÓN DO LOCAL”
11.1.— As paredes e elementos de separación horizontais que delimitan o local, por si mesmas ou coa axuda de revestimentos adecuados, terán a absorción acústica necesaria para que non se exceda o tempo de reverberación adecuado.
11.2.— O cálculo predictivo do tempo de reverberación farase mediante fórmula de Sabine a partir do volume e da absorción sonora do local.
11.3.— Os valores do coeficiente de absorción sonora e do área de absorción sonora equivalente determinaranse de acordo coa norma UNE-EN-ISO-354-93 ou calquera outra que a substitúa.
11.4.— A medición do tempo de reverberación dos locais realizarase de acordo coa norma UNE-EN-ISO-3382:2001 Acústica ou calquera outra que a substitúa.
11.5.— O tempo de reverberación (Ts, mid) nos locais de lecer de pública concorrencia, independentemente do volume do recinto e medido co local baleiro, non será maior de 0,9 s. Devandito valor referirase ao (T20, mid), obtido mediante o promediado en bandas de terzo de oitava entre 400 e 1250 Hz, segundo apdo. 8.1. da norma UNE-EN-ISO-3382.
MODIFÍCANSE “OS VALORES DE REFERENCIA PARA O NIVEL SONORO REVERBERADO E ILLAMENTO ACÚSTICO A CONSIDERAR PARA AS DIFERENTES ACTIVIDADES.”
1.— Valores de referencia para o nivel sonoro reverberado L e illamento acústico normalizado R a considerar para as diferentes actividades:
1.1.— A efectos de poder establecer uns valores de referencia para estimar nos proxectos o nivel so¬noro reverberado L en dB(A) que considerarase para as diferentes actividades e a falta doutros datos, tomaranse como criterios orientativos os proporcionados no anexo 2 da NBE-CA-88, non obstante, na táboa 4 establécense os seguintes valores mínimos a considerar para as actividades que se citan, así como para calquera outra que se poida considerar que produza niveis sonoros similares.
1.2.— Asemade, para a determinación do illamento acústico normalizado R mínimo esixible entre a actividade e as vivendas lindeiras co local, tomaranse para as devanditas actividades os valores en dB(A) indicados na táboa 4.
2.— Para a medición do illamento acústico obti¬do entre a actividade e as vivendas lindeiras co local unha vez finalizadas as obras de insonorización utilizarase o nivel global en dB, da diferencia de niveis estandarizada (D nT, w) afectado polo termo de adaptación espectral C correspondente a un ruído rosa normalizado con ponderación A(DnT,w+C), de acordo coa norma UNE-EN ISO 717-1, alcanzará como mínimo o valor que se indica na seguinte táboa 4.
As medicións realizaranse en bandas de terzo de oitava para o rango de frecuencias comprendidas entre 100 e 3.150 Hz e de acordo co indicado na norma UNE-EN ISO 140-4 de medición in situ do illamento ao ruído aéreo entre locais.
2.1.— As medicións do illamento correspondente á zona de público ou lugar onde se desenvolve a actividade, realizáranse coas portas dos almacéns, aseos e resto de dependencias do local abertas, xa que se estes recintos presentan un illamento inferior que o da zona de público e se o local funciona con estas portas abertas, poderíanse transmitirse ás vivendas lindeiras niveis de ruído por encima dos permitidos, debéndose evitar tamén nestes recintos as conexións con shunts ou condutos de ventilación comúns co resto do edificio.
2.2.— Asemade, para as actividades que se indican na táboa 4 e co fin de asegurar unha boa insonorización do local nas baixas frecuencias, o illamento acústico obtido en dB entre a actividade e as vivendas lindeiras co local correspondente á banda de oitava de frecuencia central de 125 Hz (DnT, 125), obtido a partir dos correspondentes valores de terzo de oitava, de acordo co disposto na norma ISO 140-4, (formula 10), alcanzará como mínimo o valor que se indica na mencionada táboa.
3.— Para a medición do illamento acústico obtido para a fachada principal lindeira coa vía publica utilizarase o nivel global en dB, da diferenza de niveis estandarizada (D1s,2m.nT, w) afectado polo término de adaptación espectral C correspondente a un ruído rosa normalizado con ponderación A(D1s,2m,nT,w+C), de acordo coa norma UNE-NISO 717-1. Alcanzará como mínimo o valor que se indica na táboa 4.
As medicións realizaranse en bandas de terzo de oitava para o rango de frecuencias comprendidas entre 100 e 3.150 Hz e de acordo co indicado na norma UNE-EN ISO 140-4 de medición in situ do illamento ao ruído aéreo de fachadas.
As fachadas posteriores ou a patios han de cumprir cun illamento 5 dB superior ao indicado para a fachada principal.
4.— O illamento con respecto ao portal do edificio ou zonas comúns interiores de acceso ás vivendas medirase utilizando o nivel global DnT,w+C, alcanzando como mínimo o valor en dB que se fixa para as fachadas posteriores ou patios.
TÁBOA 4
Grupo // Actividades nocturnas // L Dba // R dBA // DnT,w+ C dB // DnT,125dB // D1s,2m,nT,w+C dB
I // Bares, cafeterías, restaurantes, mesóns e similares, con ou sen T.V. e sen música, cibers e salóns de xogos recreativos // 80 // 60 // 60 // 45 // 35
II // Cines, salas de vídeo, bingos e similares // 90 // 70 // 70 // 55 // 50
III // Bares con música, pubs, whiskerías e similares, e boleiras // 90 // 70 // 70 // 55 // 50
IV // Teatros e auditorios // 95 // 75 // 75 // 58 // 55
V // Salas de festa, discotecas e locais con música ou canto en vivo // 100 // 80 // 80 // 60 // 60
VI // Panaderías e confeiterías con obrador // 85 // 65 // 65 // 50 // 45
Grupo // Actividades diúrnas // L Dba // R dBA // DnT,w+ C dB // DnT,125dB // D1s,2m,nT,w+C dB
1 // Ximnasios, locais de aeróbic, escolas de danza e similares con actividade só diurna // 85 // 60 // 60 // 45 // 35
2 // Academias de música e locais de ensaio con actividade só diúrna // 100 // 75 // 75 // 55 // 50
3 //Talleres de mecánica e electricidade do automóbil // 85 // 55 // 55
4 // Talleres de reparación de motos // 90 // 60 // 60
5 // Garaxes con lavado automático de vehículos // 90 // 60 // 60
6 // Talleres mecánicos, de confección, imprentas // 90 / 60 // 60
7 // Talleres de carpintería de aluminio // 95 // 65 // 65
8 // Talleres de carpintería de madeira // 95 // 65 // 65
9 // Serrarías // 100 // 70 // 70
10 // Talleres de caldeirería, carpintería metálica e reparacións en chapa de vehículos // 100 // 70 // 70
ANUNCIO
Aprobación inicial da declaración de Zonas Acusticamente Saturadas e do protocolo de actuacións nas devanditas zonas (Expte. 4848/306).
O Pleno do Concello de Vigo, en sesión extraordinaria do día 5 de marzo de 2007, adoptou o seguinte acordo:
Primeiro.— Declarar inicialmente como Zonas Acusticamente Saturadas as seguintes rúas:
— Na súa totalidade as rúas: Alfonso XIII e Travesía Alfonso XIII, Areal, Canceleiro, Castelar, Cervantes, Churruca, Colón, Praza de Compostela, Concepción Arenal, García Olloqui, Gravina, E. Heraclio Botana, Iglesias Esponda, Inés Pérez de Ceta, Irmandiños, Isabel II, Lepanto, Luís Taboada, Matín Códax, Montero Ríos, Oporto, Pablo Morillo, Pontevedra, República Arxentina, Rogelio Abalde, Rosalía de Castro, Roupeiro, Travesía Santiago de Vigo, Serafín Avendaño e Uruguai.
— Parcialmente as rúas: Avda. de García Barbón do número impar 1 ata o 137 e do núme¬ro par 2 ata o 102, Isaac Peral dos números pares 2 ata o 8 e Urzáiz do número 1 ata o 49.
Segundo.— Suspender nas rúas declaradas zonas acusticamente saturadas o outorgamento de novas licenzas de apertura, ampliación ou modificación para actividades nocturnas pertencentes aos grupos II (cines, salas de vídeo, bingos e similares), III (bares con música, pubs, whiskerías e similares, boleiras), IV (teatros e auditorios), V (salas de festa, discotecas e locais con música ou canto en vivo) e, dentro do grupo I, as dos salóns de xogos recreativos, da Táboa 4 do Manual de Procedementos, estendéndose tamén dita suspensión de licenzas aos establecementos comerciais con horario nocturno tipo “tendas de conveniencia”.
Dita medida de suspensión terá efectos a partir da data de aprobación definitiva da ZAS e da entrada en vigor da modificación do artigo 17 da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica (expte. adm. nº 4664/306), e será de aplicación a todas as licenzas en trámite solicitadas con anterioridade a esa data.
Terceiro.— Queda prohibida a permaneza das terrazas para café autorizadas nas indicadas zonas, por riba da 02:00 horas en horario de verán e das 24:00 no restante. Dita medida terá efectos a partir da data de aprobación definitiva da ZAS e da en¬trada en vigor da modificación do artigo 17 da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica (exp. adm. nº 4664/306).
Cuarto.— Por motivos de orde público, imponse aos establecementos comerciais, tipo tendas de conveniencia, sitos nas rúas sinaladas no apartado primeiro, que teñan na súa oferta bebidas alcohólicas, a prohibición de expender este tipo de bebidas dende as 22:00 horas ata as 09:00 do día seguinte de acordo co previsto no artigo 10 da Lei 13/2006, do 27 de decembro reguladora dos horarios comerciais de Galicia.
Dita medida terá efectos a partir da data de aprobación definitiva da ZAS e da entrada en vigor da modificación do artigo 17 da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica (expte. adm. nº 4664/306).
Quinto.— Anticipar en 30 minutos o peche nocturno das actividades pertencentes ós grupos III e V do Manual de Procedemento.
Sexto.— Abrir un período de información pública polo prazo de 30 días hábiles para a presentación de reclamacións e suxestións.
Sétimo.— Declarar que de non se presentar ningunha reclamación ou suxestión, entenderase definitivamente aprobado o acordo ata entón provisional, debendo publicarse no BOP. Condiciónase a validez da devandita declaración de ZAS á entrada en vigor da modificación do artigo 17 da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica (expte. adm. nº 4664/306).
Oitavo.— Revisar a Declaración cada tres anos.
Noveno.— Aprobar o Protocolo de Actuacións Anexo.
ANEXO: PROTOCOLO DE ACTUACIÓNS
Nas rúas declaradas Zonas Acusticamente Saturadas seguirase o seguinte protocolo de actuacións:
FASE I:
— Elaboración do Catálogo de locais de ocio nocturno sitos nas ZAS: Comprende a relación de bares e café bares sen música, restaurantes, bodegas, mesóns, taparías, bocaterías, salas de xogos, bares e café bares con música, pubs, discotecas, café-concertos e similares, existentes nesas zonas. Realízase unha análise das deficiencias observadas no que se refire á presunta contaminación acústica.
— Verificar se os devanditos locais posúen licenza de actividade e, de se-lo caso, se desenvolven dita actividade axustándose á licenza de que dispoñen. De observar anomalía remitir actuacións ao Servizo de Disciplina Urbanística para restaurar a legalidade urbanística.
— Deseño dunha campaña dirixida aos xóvenes e aos empresarios do sector da hostalería, que ten por obxecto: concienzación e sensibilización da poboación sobre a problemática derivada do ruído da movida nocturna.
— Incrementar o control policial nas ZAS. Es¬pecialmente controlarase o cumprimento dos horarios de peche polos establecementos con remisión inmediata das denuncias polos incumprimentos á Consellería de Xustiza e, asemade, controlarase que os usuarios dos locais non produzan molestias ao vecindario.
— Controlarase pola Policía Local a prohibición de expender bebidas alcohólicas polos establecementos comerciais dende as 22:00 horas ata as 09:00 horas do día seguinte, con remisión inmediata das denuncias á Dirección Xeral competente en materia de comercio de acordo co previsto no artigo 10 da Lei 13/2006, de 27 de decembro reguladora dos horarios comerciais de Galicia.
— Adscribir de modo permanente dous axentes da policía local para a realización de medicións sonométricas en todo o termo municipal de Vigo.
FASE II:
— Tramitación preferente dos procedementos sancionadores por contaminación acústica referidos aos locais sitos nas ZAS. Á hora de graduar a sanción a aplicar neste tipo de procedementos, considerarase o feito de que a infracción tivese sido cometida no ámbito territorial dunha ZAS.
— Tramitación preferente dos procedementos de restauración da legalidade urbanística referidos aos locais sitos nas ZAS.
— Con relación aos establecementos que dispoñan de licenza de actividade e desenvolvan a mesma axustándose a ela, no caso de detectarse incumprimentos da normativa sobre contaminación acústica (ex. ausencia de dobre porta, instalación de equipos de ventilación e climatización en fachadas ou patios...), adoptar medidas correctoras ou de control.
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Rango legal
Ordenanzas e edictos
Clasificación
RUÍDO