Boletín Oficial del Estado, 18-11-2003, Núm. 276, Páx. 40494
LEI 37/2003, do 17 de novembro, do Ruído.
JUAN CARLOS I REI DE ESPAÑA
Saiban todos os que a viren e entenderen que as Cortes X erais aprobaron e eu sanciono a seguinte lei.
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
I
O ruído na súa vert ente ambiental, non circunscrita a ámbitos específicos como o laboral, senón en tanto que inmisión sonora presente no hábitat humano ou na natureza, non foi tradicionalmente obxecto de atención preferente na normativa protectora do medio ambiente. Tratamos do ruído nun sentido amplo, e este é o alcance da lei, comprensivo tanto do ruído propiamente dito, perceptible en forma de son, como das vibracións: tanto un coma outras inclúense no concepto de "contaminación acústica" cuxa prevención, vixilancia e reducción son obxecto desta lei.
Na lexislación española, o mandato constitucional de protexer a saúde (artigo 43 da Constitución) e o medio ambiente (artigo 45 da Constitución) engloban no seu alcance a protección contra a contaminación acústica. Ademais, a protección constitucional fronte a esta forma de contaminación tamén encontra apoio nalgúns dereitos fundamentais recoñecidos pola Constitución, entre outros, o dereito á intimidade persoal e familiar, consagrado no artigo 18.1.
Porén, o ruído carecía ata esta lei dunha norma xeral reguladora de ámbito estatal, e o seu tratamento normativo desdobrábase, a grandes trazos, entre as previsións da normativa civil en canto a relacións de vecindade e causación de prexuízos, a normativa sobre limitación do ruído no ambiente de traballo, as disposicións técnicas para a homologación de productos e as ordenanzas municipais que atinxen ó benestar cidadán ou ao planeamento urbanístico.
II
A Unión Europea tomou conciencia, a partir do Libro Verde da Comisión Europea sobre "Política Futura de Loita Contra o Ruído", da necesidade de aclarar e homoxeneizar o contorno normativo do ruído, recoñecendo que con anterioridade "a escasa prioridade dada ao ruído se debe en parte ao feito de que o ruído é fundamentalmente un problema local, que adopta formas moi variadas en diferentes partes da Comunidade en canto á aceptación do problema". Partindo deste recoñecemento da cuestión, porén, o Libro Verde chega á conclusión de que, ademais dos esforzos dos Estados membros para homoxeneizar e implantar controis adecuados sobre os productos xeradores de ruído, a actuación coordinada dos Estados noutros ámbitos servirá tamén para acometer labores preventivos e reductores do ruído no ambiente.
En liña con este principio, os traballos da Unión Europea conduciron á adopción da Directiva 2002/49/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 25 de xuño de 2002, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental (a "Directiva sobre Ruído Ambiental").
A transposición desta directiva ofrece unha oportunidade idónea para dotar de maior estructura e orde ao panorama normativo español sobre o ruído, elaborando unha lei que conteña os alicerces nos que asentar o acervo normativo en materia de ruído que xa viña sendo xerado anteriormente polas comunidades autónomas e entes locais.
A Directiva sobre Ruído Ambiental marca unha nova orientación respecto das actuacións normativas previas da Unión Europea en materia de ruído. Con anterioridade, a regulamentación centrárase sobre as fontes do ruído. As medidas tendentes a reducir o ruído en orixe viñeron dando os seus froitos, pero os datos obtidos mostran que, malia a constante mellora do estado da arte na fabricación destas fontes de ruído, o resultado beneficioso destas medidas sobre o ruído ambiental víuse minorado pola combinación doutros factores que aínda non foron atallados.
Diariamente inciden sobre o ambiente múltiples focos de emisións sonoras, co que se aprecia a necesidade de considerar o ruído ambiental como producto de múltiples emisións que contribúen a xerar niveis de contaminación acústica pouco recomendables desde o punto de vista sanitario, do benestar e da productividade. A Directiva sobre Ruído Ambiental define o devandito ruído ambiental como "o son exterior non desexado ou nocivo xerado polas actividades humanas, incluído o ruído emitido polos medios de transporte, polo tráfico rodado, ferroviario e aéreo e por emprazamentos de actividades industriais como os descritos no anexo I da Directiva 96/61/CE do Consello, do 24 de setembro de 1996, relativa á prevención e ao control integrados da contaminación".
En canto aos lugares nos que se padece o ruído, segundo a Directiva sobre Ruído Ambiental esta aplícase "ao ruído ambiental ao que estean expostos os seres humanos". Segundo a directiva, isto prodúcese en particular en zonas urbanizadas, en parques públicos ou outros lugares tranquilos dentro dunha aglomeración urbana, en zonas tranquilas en campo aberto, nas proximidades de centros escolares e nos arredores de hospitais, e noutros edificios e lugares vulnerables ao ruído, pero non unicamente neles.
III
Partindo d a delimitación do seu ámbito obxectivo que quedou apuntada, a Directiva sobre Ruído Ambiental fíxase as seguintes finalidades:
1.ª Determinar a exposición ao ruído ambiental, mediante a elaboración de mapas de ruídos segundo métodos de avaliación comúns aos Estados membros.
2.ª Poñer a disposición da poboación a información sobre o ruído ambiental e os seus efectos.
3.ª Adoptar plans de acción polos Estados membros tomando como base os resultados dos mapas de ruídos, con vistas a previr e reducir o ruído ambiental sempre que sexa necesario e, en particular, cando os niveis de exposición poidan ter efectos nocivos na saúde humana, e a manter a calidade do contorno acústico cando esta sexa satisfactoria.
A Directiva sobre Ruído Ambiental impón aos Estados miembros a obriga de designaren as autoridades e entidades competentes para elaborar os mapas de ruído e plans de acción, así como para compilar a información que se xere, a cal, pola súa vez, deberá ser transmitida polos Estados membros á Comisión e posta a disposición da poboación.
Estes propósitos son, dunha banda, coherentes coa vontade do lexislador español, que desexaba dotar dun esquema básico e estatal á normativa dispersa relacionada co ruído que, nos niveis autonómico e local, poida elaborarse antes ou despois da promulgación desta lei.
Doutra banda, a Directiva sobre Ruído Ambiental pretende proporcionar a base para desenvolver e completar o conxunto de medidas comunitarias existente sobre o ruído emitido por determinadas fontes específicas e para desenvolver medidas adicionais a curto, medio e longo prazo. Para iso, os datos sobre os niveis de ruído ambiental deben recabarse, cotexarse e comunicar conforme a criterios comparables nos distintos Estados membros; é necesario tamén establecer métodos comúns de avaliación do ruído ambiental e unha definición dos valores límite en función de indicadores harmonizados para calcular os niveis de ruído.
O alcance e contido desta lei é, porén, máis amplo có da directiva que por medio daquela se transpón, xa que a lei non se esgota no establecemento dos parámetros e medidas ás que alude a directiva respecto, unicamente, do ruído ambiental, senón que ten obxectivos máis ambiciosos. Ao pretender dotar de maior cohesión á ordenación da contaminación acústica no ámbito estatal en España, contén múltiples disposicións que non se limitan á mera transposición da directiva e queren promover activamente, a través dunha adecuada distribución de competencias administrativas e do establecemento dos mecanismos oportunos, a mellora da calidade acústica do noso contorno. Fronte ao concepto de ruído ambiental que forxa a directiva, e malia que por razóns de simplicidade o título desta lei sexa "Lei do Ruído", a contaminación acústica á que se refire o obxecto desta lei defínese como a presenza no ambiente de ruídos ou vibracións, calquera que sexa o emisor acústico que os orixine, que impliquen molestia, risco ou dano para as persoas, para o desenvolvemento das súas actividades ou para os bens de calquera natureza, mesmo cando o seu efecto sexa perturbar o desfrute dos sons de orixe natural, ou que causen efectos significativos sobre o medio ambiente.
IV
O capítulo I, "Disposicións xerais", contén os preceptos que establecen o obxecto, ámbito de aplicación e finalidade da lei. Comeza a lei por enunciar o propósito xenérico de previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, todo iso co fin de evitar danos para a saúde, os bens e o medio ambiente.
O ámbito de aplicación da lei delimítase, desde o punto de vista subxectivo, por referencia a todos os emisores acústicos de calquera índole, excluíndose non obstante a contaminación acústica xerada por algúns deles. Ha de terse en conta que, para os efectos da lei, o concepto de emisor acústico refírese a calquera actividade, infraestructura, equipo, maquinaria ou comportamento que xere contaminación acústica.
En particular, interesa xustificar a exclusión do alcance da lei da contaminación acústica orixinada na práctica de actividades domésticas ou as relacións de vecindade, sempre e cando non exceda os límites tolerables de conformidade cos usos locais. Na tradición xurídica española e doutros países do noso contorno máis próximo, as relaciónes de vecindade teñen aplicado a todo tipo de inmisións, incluídas as sonoras, un criterio de razonabilidade que se vincula ás prácticas consuetudinarias do lugar. Semella alleo ao propósito desta lei alterar este réxime de relacións veciñais, consolidado ao longo de séculos de aplicación, sobre todo tendo en conta que o contido desta lei en nada modifica a plena vixencia dos tradicionais principios de convivencia veciñal.
Por outra banda, exclúese tamén a actividade laboral en tanto que emisor acústico e respecto da contaminación acústica producida por aquela no correspondente lugar de traballo, a cal seguirá rexéndose pola normativa sectorial aplicable, constituída principalmente pola Lei 31/1995, do 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais, e a súa normativa de desenvolvemento, así como o Real Decreto 1316/1989, do 27 de outubro, sobre protección dos traballadores fronte aos riscos derivados da exposición ao ruído durante o traballo.
Seguindo a técnica lexislativa habitual das disposicións comunitarias (e non se esqueza que esta norma cumpre, entre outros, o obxectivo de transpoñer ao dereito interno a Directiva sobre Ruído Ambiental), inclúense no artigo 3 unha serie de definicións de determinados conceptos que posteriormente aparecen ao longo do texto, o que redunda nun maior grao de precisión e de seguridade xurídica á hora da aplicación concreta da norma.
O capítulo I contén tamén disposicións relativas á distribución competencial en materia de contaminación acústica. En canto á competencia para a producción normativa, sen prexuízo da competencia das comunidades autónomas para desenvolver a lexislación básica estatal en materia de medio ambiente, menciónase a competencia dos concellos para aprobaren ordenanzas sobre ruído e para adaptaren as existentes e o planeamento urbanístico ás previsións da lei. Ademais, especifícanse as competencias das diferentes administracións públicas en relación coas distintas obrigas que na lei se impoñen e regúlase a información que as devanditas administracións han de poñer a disposición do público.
V
O capítulo II contén as previsións do proxecto sobre calidade acústica, definida como o grao de adecuación das características acústicas dun espacio ás actividades que se realizan no seu ámbito. O Goberno ha de fixar os obxectivos de calidade acústica aplicables a cada tipo de área acústica, de maneira que se garanta, en todo o territorio do Estado español, un nivel mínimo de protección fronte á contaminación acústica.
Tamén se fixarán polo Gobierno os obxectivos de calidade aplicables ao espazo interior habitable das edificacións.
As áreas acústicas son zonas do territorio que comparten idénticos obxectivos de calidade acústica. As comunidades autónomas gozan de competencias para fixar os tipos de áreas acústicas, clasificadas en atención ao uso predominante do solo, pero esta lei marca a tipoloxía mínima daqueles, e o Goberno deberá establecer regulamentariamente os criterios que se van empregar na súa delimitación.
En relación coas áreas acústicas, interesa mencionar dous supostos especiais que son, dunha banda, as reservas de sons de orixe natural, e, doutra banda, as zonas de servidume acústica. A peculiaridade que ámbalas dúas comparten é que non teñen consideración de áreas acústicas, debido a que en ningún caso se establecerá para elas obxectivos de calidade acústica. En consecuencia, ámbolos dous tipos de espazos excluiranse do ámbito das áreas acústicas en que se divida o territorio.
A representación gráfica das áreas acústicas sobre o territorio dará lugar á cartografía dos obxectivos de calidade acústica. Na lei, os mapas resultantes desta representación gráfica concíbense coma instrumento importante para facilitar a aplicación dos valores límite de emisión e inmisión que ha de determinar o Goberno. En cada área acústica, deberán respectarse os valores límite que fagan posible o cumprimento dos correspondentes obxectivos de calidade acústica.
Non obstante o anterior, a lei dótase da necesaria flexibilidade co obxecto de prever situacións nas cales, con carácter excepcional, poida ser recomendable suspender a esixibilidade dos obxectivos de calidade acústica, ben co gallo da celebración de determinados eventos, trala solicitude dos titulares dalgún emisor acústico en determinadas circunstancias ou en situacións de emerxencia, e, neste último caso, sen ser precisa ningunha autorización, sempre e cando se cumpran os requisitos marcados pola lei e, en particular, a superación dos obxectivos de calidade acústica sexa necesaria.
Un suposto peculiar, xa enunciado anteriormente, é o das "zonas de servidume acústica", que se definen como os sectores do territorio situados no contorno das infraestructuras de transporte viario, ferroviario, aéreo, portuario ou doutros equipamentos públicos que se determinen regulamentariamente.
Todas as medicións e avaliacións acústicas a que se refiere a lei asumen a aplicación de índices acústicos homoxéneos na totalidade do territorio español respecto de cada período do día. A lei conta entre os seus obxectivos principais a fixación dos devanditos índices homoxéneos, a través das súas normas de desenvolvemento.
Pola súa vez, os valores límite, tanto dos índices de inmisión como dos índices de emisión acústica, serán determinados polo Gobierno, se ben as comunidades autónomas e os concellos poden establecer valores límite máis rigorosos que os fixados polo Estado.
A cartografía sonora prevista na lei complétase cos denominados mapas de ruído. Os mapas de ruído son un elemento previsto pola Directiva sobre Ruído Ambiental e encamiñado a dispoñer de información uniforme sobre os niveis de contaminación acústica nos distintos puntos do territorio, aplicando criterios homoxéneos de medición que permitan facer comparables entre si as magnitudes de ruído verificadas en cada lugar.
O calendario de elaboración dos mapas de ruído que se establece na lei correspóndese plenamente coas previsións da Directiva sobre Ruído Ambiental, sen prexuízo de que as comunidades autónomas poidan prever a aprobación de mapas de ruído adicionais, establecendo os criterios para o efecto. Os mapas de ruído teñen por finalidade a avaliación global da exposición actual á contaminación acústica dunha determinada zona, de maneira que se poidan facer prediccións e adoptar plans de acción en relación con aquela.
Os tipos, contido e formato dos mapas de ruído serán determinados polo Goberno regulamentariamente, así como as formas da súa presentación ao público.
A combinación dos mapas de ruído, que mostran a situación acústica real e presente, coa cartografía de calidade acústica, que representa os obxectivos de calidade acústica de cada área acústica en que se divida o territorio, así como as zonas de servidume acústica que se establezan, sen dúbida será moi útil para presentar de maneira clara e atractiva a información máis importante para planificar as medidas de prevención e corrección da contaminación acústica.
VI
Deste xeito acádase o capítulo III da lei, coa rúbrica "Prevención e corrección da contaminación acústica". Se as previsións do capítulo II ían destinadas a proporcionar información e criterios de actuación ás administracións públicas competentes, neste capítulo enúncianse xa os instrumentos dos que tales administracións poden servirse para procurar o máximo cumprimento dos obxectivos de calidade acústica.
As medidas divídense, con carácter xeral, en dous grandes bloques: a acción preventiva e a acción correctora. Dentro da acción preventiva caben as seguintes facetas:
a) A planificación territorial e planeamento urbanístico, que deben ter en conta sempre os obxectivos de calidade acústica de cada área acústica á hora de acometer calquera clasificación do solo, aprobación de planeamento o medidas semellantes.
b) A intervención administrativa sobre os emisores acústicos, que ha de producirse de xeito que se asegure a adopción das medidas adecuadas de prevención da contaminación acústica que poidan xerar aqueles e que non se supere ningún valor límite de emisión aplicable. É importante destacar que esta intervención non supón en ningún caso a introducción dunha nova figura de autorización administrativa, senón que a avaliación da repercusión acústica se integra nos procedementos xa existentes de intervención administrativa, a saber, o outorgamento da autorización ambiental integrada, as actuacións relativas á avaliación de impacto ambiental e as actuacións relativas á licencia municipal regulada polo Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas ou normativa autonómica aplicable nesta materia.
Tamén debe sinalarse que os cambios nas mellores técnicas dispoñibles que poidan reducir significativamente os índices de emisión sen impoñer custos excesivos poden dar lugar á revisión dos actos de intervención administrativa previamente acordados sen que diso se derive indemnización para os afectados.
c) O autocontrol das emisiones acústicas polos propios titulares de emisores acústicos.
d) A prohibición, agás excepcións, de conceder licencias de construcción de edificacións destinadas a vivendas, usos hospitalarios, educativos ou culturais se os índices de inmisión incumpren os obxectivos de calidade acústica que sexan de aplicación ás correspondentes áreas acústicas.
e) A creación de "reservas de sons de orixe natural", que poderán ser delimitadas polas comunidades autónomas e seren obxecto de plans de conservación encamiñados a preservar ou mellorar as súas condicións acústicas.
A necesidade de acción correctora faise patente de forma acusada nas zonas de protección acústica especial e nas zonas de situación acústica especial.
As primeiras son áreas acústicas nas que se incumpren os obxectivos aplicables de calidade acústica, aínda sendo observadas polos emisores acústicos os valores límite de emisión. Unha vez declaradas, procede a elaboración de plans zonais para a mellora acústica progresiva do medio ambiente naquelas, ata acadar os obxectivos de calidade acústica correspondentes. Non obstante, cando os plans zonais fracasaran en rectificar a situación, procede a declaración como zona de situación acústica especial, admitindo a inviabilidade de que se cumpran nela tales obxectivos a curto prazo, pero prevendo medidas correctoras encamiñadas a mellorar os niveis de calidade acústica a longo prazo e asegurar o seu cumprimento, en todo caso, no ambiente interior.
A lei estipula, así mesmo, uns instrumentos intermedios, que poden ser tanto preventivos coma correctores: os plans de acción en materia de contaminación acústica, que é, novamente, materia regulada na Directiva sobre Ruído Ambiental. Os plans de acción deben corresponder, en canto ao seu alcance, aos ámbitos territoriais dos mapas de ruído, e teñen por obxecto afrontar globalmente as cuestións relativas á contaminación acústica, fixar accións prioritarias para o caso de incumprírense os obxectivos de calidade acústica e previr o aumento de contaminación acústica en zonas que a padezan en escasa medida.
VII
No capítulo IV da lei, "Inspección e réxime sancionador", a tipificación de infraccións e sancións acométese, baixo a preceptiva reserva de lei, sen prexuízo das competencias que gozan tanto as comunidades autónomas como os propios concellos para estableceren infraccións administrativas adicionais. O catálogo de infraccións en materia de contaminación acústica pode, nalgún punto, duplicar a tipificación dunha infracción xa prevista nalgunha outra norma vixente; porén, por razóns de conveniencia e sistemática, optouse por non omitir a tipificación nesta lei das infraccións que puideran resultar, deste xeito, redundantes, co fin de evitar a dispersión, e eventuais discordancias, no tratamento normativo daquelas. Naqueles supostos onde uns mesmos feitos fosen subsumibles nas normas sancionadoras previstas nesta lei e as establecidas nalgunha outra norma que puidera reputarse aplicable, haberán de aplicarse as normas de concurso que, de ser o caso, estivesen establecidas na outra norma ou, no seu defecto, as normas de concurso xerais.
A atribución da potestade sancionadora recae, como principio xeral, preferentemente sobre as autoridades locais, máis próximas ao fenómeno de contaminación acústica xerado. A Administración Xeral do Estado, en liña con este principio, unicamente exercerá a potestade sancionadora no exercicio das súas competencias exclusivas.
En canto aos labores inspectores que n este mesmo capítulo se contemplan, a lei prevé que, de conformidade co preceptuado na alínea 4 do artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, as entidades locais poidan establecer taxas para repercutir o custo das inspeccións sobre o titular do correspondente emisor acústico obxecto de inspección.
VIII
Esta lei complétase cun elenco de disposicións adicionais e transitorias, así como coas oportunas disposicións derrogatorias.
Ademáis do calendario de aplicación da lei, as disposicións adicionais conteñen unha serie de medidas que inciden sobre materias rexidas por outras normas, como son a Lei de Ordenación da Edificación, o Código Civil e a Lei do Imposto de Sociedades, así como a habilitación ao Goberno para que por vía regulamentaria estableza certos requisitos de información.
O Código Técnico da Edificación, previsto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación deberá incluír un sistema de verificación acústica das edificacións. Isto vese complementado pola afirmación expresa de que o incumprimento de obxectivos de calidade acústica nos espazos interiores poderá dar lugar á obriga do vendedor de responder do saneamento por vicios ocultos dos inmobles vendidos. Ámbalas dúas medidas han de resultar nunha maior protección do adquirente ou do ocupante en canto ás características acústicas dos inmobles, en particular os de uso residencial.
Por último, esta lei díctase de conformidade coas competencias que ao Estado lle outorga o artigo 149.1.16.ª e 23.ª da Constitución, en materia de bases e coordinación da sanidade e de protección do medio ambiente. Iso sen prexuízo de que a regulación sobre saneamento e vicios ocultos nos inmobles se fundamente no artigo 149.1.14.a, que as taxas que poidan establecer os entes locais para a prestación de servizos de inspección se baseen no artigo 149.1.14.ª e que a regulación de servidumes acústicas de infraestructuras estatais e o réxime especial de aeroportos e equipamentos vinculados ao sistema de navegación e transporte aéreo se dicte de conformidade co establecido nos parágrafos 13.a, 20.a, 21.ª e 24.ª da alínea 1 do citado artigo 149.
CAPÍTULO I - Disposicións xerais
Artigo 1. Obxecto e finalidade.
Esta lei ten por obxecto previr, vixiar e reducir a contaminación acústica, para evitar e reducir os danos que desta poden derivarse para a saúde humana, os bens ou o medio ambiente.
Artigo 2. Ámbito de aplicación.
1. Están suxeitos ás prescricións desta lei todos os emisores acústicos, xa sexan de titularidade pública ou privada, así como as edificacións na súa calidade de receptores acústicos.
2. Non obstante o disposto na alínea anterior, quedan excluídos do ámbito de aplicación desta lei os seguintes emisores acústicos:
a) As actividades domésticas ou os comportamentos dos veciños, cando a contaminación acústica producida por aqueles se manteña dentro de límites tolerables de conformidade coas ordenanzas municipais e os usos locais.
b) As actividades militares, que se rexerán pola súa lexislación específica.
c) A actividade laboral, respecto da contaminación acústica producida por esta no correspondente lugar de traballo, que se rexerá polo disposto na lexislación laboral.
Artigo 3. Definicións.
Para os efectos desta lei, entenderase por:
a) Actividades: calquera instalación, establecemento ou actividade, públicos ou privados, de natureza industrial, comercial, de servizos ou de almacenamento.
b) Área acústica: ámbito territorial, delimitado pola Administración competente, que presenta o mesmo obxectivo de calidade acústica.
c) Calidad acústica: grao de adecuación das características acústicas dun espazo ás actividades que se realizan no seu ámbito.
d) Contaminación acústica: presenza no ambiente de ruídos ou vibracións, calquera que sexa o emisor acústico que os orixine, que impliquen molestia, risco ou dano para as persoas, para o desenvolvemento das súas actividades ou para os bens de calquera natureza, ou que causen efectos significativos sobre o medio ambiente.
e) Emisor acústico: calquera actividade, infraestructura, equipo, maquinaria ou comportamento que xere contaminación acústica.
f) Avaliación acústica: o resultado de aplicar calquera método que permita calcular, predicir, estimar ou medir a calidade acústica e os efectos da contaminación acústica.
g) Grande eixo viario: calquera estrada cunha circulación superior a 3 millóns de vehículos por ano.
h) Grande eixo ferroviario: calquera vía férrea cunha circulación superior a 30.000 trens por ano.
i) Grande aeroporto: calquera aeroporto civil con máis de 50.000 movementos por ano, considerando como movementos tanto os despegues coma a s aterraxes, con exclusión dos que se efectúen unicamente para os efectos de formación en aeronaves lixeiras.
j) Índice acústico: magnitude física para describir a contaminación acústica, que ten relación cos efectos producidos por esta.
k) Índice de emisión: índice acústico relativo á contaminación acústica xerada por un emisor.
l) Índice de inmisión: índice acústico relativo á contaminación acústica existente nun lugar durante un tempo determinado.
m) Obxectivo de calidade acústica: conxunto de requisitos que, en relación coa contaminación acústica, deben cumprirse nun momento dado nun espazo determinado.
n) Plans de acción: os plans encamiñados a afrontar as cuestións relativas a ruído e para os seus efectos, incluída a reducción do ruído se for necesario.
o) Valor límite de emisión: valor do índice de emisión que non debe ser sobrepasado, medido conforme a unhas condicións establecidas.
p) Valor límite de inmisión: valor do índice de inmisión que non debe ser sobrepasado nun lugar durante un determinado período de tempo, medido conforme a unhas condicións establecidas.
q) Zonas de servidume acústica: sectores do territorio delimitados nos mapas de ruído, nos que as inmisiones poderán superar os obxectivos de calidad acústica aplicables ás correspondentes áreas acústicas e onde se poderán establecer restriccións para determinados usos do solo, actividades, instalacións ou edificacións, coa finalidade de, polo menos, cumprir os valores límites de inmisión establecidos para aqueles.
r) Zonas tranquilas nas aglomeracións: os espazos nos que non se supere un valor, que fixe o Goberno, dun determinado índice acústico.
s) Zonas tranquilas en campo aberto: os espazos non perturbados por ruído procedente da circulación, as actividades industriais ou as actividades deportivo-recreativas.
Artigo 4. Atribucións competenciais.
1. Serán de aplicación as regras contidas nas seguintes alíneas deste artigo co fin de atribuíren a competencia para:
a) A elaboración, aprobación e revisión dos mapas de ruído e a correspondente información ao público.
b) A delimitación das zonas de servidume acústica e as limitacións derivadas da devandita servidume.
c) A delimitación da área ou áreas acústicas integradas dentro do ámbito territorial dun mapa de ruído.
d) A suspensión provisional dos obxectivos de calidade acústica aplicables nunha área acústica.
e) A elaboración, aprobación e revisión do plan de acción en materia de contaminación acústica correspondente a cada mapa de ruído e a correspondente información ao público.
f) A execución das medidas previstas no plan.
g) A declaración dunha área acústica como zona de protección acústica especial, así como a elaboración, aprobación e execución do correspondente plan zonal específico.
h) A declaración dunha área acústica como zona de situación acústica especial, así como a adopción e execución das correspondentes medidas correctoras específicas.
i) A delimitación das zonas tranquilas en aglomeracións e zonas tranquilas en campo aberto.
2. En relación coas infraestructuras viarias, ferroviarias, aeroportuarias e portuarias de competencia estatal, a competencia para a realización das actividades enumeradas na alínea anterior, con excepción da aludida no seu párágrafo c), corresponderalle á Administración Xeral do Estado.
3. En relación coas obras de interese público, de competencia estatal, a competencia para a realización da actividade aludida no parágrafo d) da alínea 1 corresponderalle á Administración Xeral do Estado.
4. Nos restantes casos:
a) Estarase, en primeiro lugar, ao que dispoña a lexislación autonómica.
b) No seu defecto, a competencia corresponderalle á comunidade autónoma se o ámbito territorial do mapa de ruido de que se trate excede dun termo municipal, e ao concello correspondente no caso contrario.
Artigo 5. Información.
1. As administracións públicas competentes informaranlle ao público sobre a contaminación acústica e, en particular, sobre os mapas de ruído e os plans de acción en materia de contaminación acústica. Seralle de aplicación á información á que se refire a presente alínea a Lei 38/1995, do 12 de decembro, sobre o dereito de acceso á información en materia de medio ambiente.
Sen prexuízo do previsto no parágrafo anterior, as administracións públicas competentes insirirán nos correspondentes xornais oficiais anuncios nos que se informe da aprobación dos mapas de ruído e dos plans de acción en materia de contaminación acústica, e nos que se indiquen as condicións nas que o seu contido íntegro será accesible aos cidadáns.
2. Sobre a base da información da que dispoña e daquela que lle fora facilitada polas restantes administracións públicas, a Administración Xeral do Estado creará un sistema básico de información sobre a contaminación acústica, no que se integrarán os elementos máis significativos dos sistemas de información existentes, que abranguerá os índices de inmisión e de exposición da poboación á contaminación acústica, así como as mellores técnicas dispoñibles.
Artigo 6. Ordenanzas municipais e planeamento urbanístico.
Correspóndelles aos concellos aprobar ordenanzas en relación coas materias obxecto desta lei. Así mesmo, os concellos deberán adaptar as ordenanzas existentes e o planeamento urbanístico ás disposicións desta lei e das súas normas de desenvolvemento.
CAPÍTULO II - Calidade acústica
SECCIÓN 1.ª ÁREAS ACÚSTICAS
Artigo 7. Tipos de áreas acústicas.
1. As áreas acústicas clasificaranse, en atención ao uso predominante do solo, nos tipos que determinen as comunidades autónomas, as cales haberán de prever, polo menos, os siguientes:
a) Sectores do territorio con predominio de solo de uso residencial.
b) Sectores do territorio con predominio de solo de uso industrial.
c) Sectores do territorio con predominio de solo de uso recreativo e de espectáculos.
d) Sectores do territorio con predominio de solo de uso terciario distinto do contemplado no parágrafo anterior.
e) Sectores do territorio con predominio de solo de uso sanitario, docente e cultural que requira de especial protección contra a contaminación acústica.
f) Sectores do territorio afectados a sistemas xerais de infraestructuras de transporte, ou outros equipamientos públicos que os reclamen.
g) Espacios naturais que requiran unha especial protección contra a contaminación acústica.
2. O Goberno aprobará regulamentariamente os criterios para a delimitación dos distintos tipos de áreas acústicas.
Artigo 8. Fixación de obxectivos de calidade acústica.
1. O Goberno definirá os obxectivos de calidade acústica aplicables aos distintos tipos de áreas acústicas, referidos tanto a situacións existentes como novas.
2. Para establecer os obxectivos de calidade acústica teranse en conta os valores dos índices de inmisión e emisión, o grao de exposición da poboación, a sensibilidade da fauna e dos seus hábitats, o patrimonio histórico exposto e a viabilidade técnica e económica.
3. O Goberno fixará obxectivos de calidade aplicables ao espacio interior habitable das edificacións destinadas a vivenda, usos residenciais, hospitalarios, educativos ou culturais.
Artigo 9. Suspensión provisional dos obxectivos de calidade acústica.
1. Co gallo da organización de actos de especial proxección oficial, cultural, relixiosa ou de natureza análoga, as administracións públicas competentes poderán adoptar, en determinadas áreas acústicas, trala valoración da incidencia acústica, as medidas necesarias que deixen en suspenso temporalmente o cumprimento dos obxectivos de calidade acústica que sexan de aplicación a aquelas.
2. Así mesmo, os titulares de emisores acústicos poderán solicitar da administración competente, por razóns debidamente xustificadas que haberán de acreditarse no correspondente estudio acústico, a suspensión provisional dos obxectivos de calidade acústica aplicables á totalidade ou a parte dunha área acústica.
Só poderá acordarse a suspensión provisional solicitada, que poderá someterse ás condicións que se estimen pertinentes, no caso de que se acredite que as mellores técnicas dispoñibles non permiten o cumprimento dos obxectivos cuxa suspensión se pretende.
3. O disposto neste artigo entenderase sen prexuízo da posibilidade de rebasar ocasional e temporalmente os obxectivos de calidade acústica, cando sexa necesario en situacións de emerxencia ou como consecuencia da prestación de servicios de prevención e extinción de incendios, sanitarios, de seguridade ou outros de natureza análoga aos anteriores, para o que non será necesaria ningunha autorización.
Artigo 10. Zonas de servidume acústica.
1. Os sectores do territorio afectados ao funcionamento ou desenvolvemento das infraestructuras de transporte viario, ferroviario, aéreo, portuario ou doutros equipamentos públicos que se determinen regulamentariamente, así como os sectores de territorio situados no contorno de tales infraestructuras, existentes ou proxectadas, poderán quedar gravados por servidumes acústicas.
2. As zonas de servidume acústica delimitaranse nos mapas de ruído medido ou calculado pola Administración competente para a aprobación destes, mediante a aplicación dos criterios técnicos que para o efecto estableza o Goberno.
SECCIÓN 2.ª ÍNDICES ACÚSTICOS
Artigo 11. Determinación dos índices acústicos.
1. Para os efectos desta lei, empregaranse índices acústicos homoxéneos correspondentes ás 24 horas do día, ao período diurno, ao período vespertino e ao período nocturno.
2. As disposicións regulamentarias de desenvolvemento desta lei poderán prever outros índices aplicables aos supostos específicos que para o efecto se determinen.
Artigo 12. Valores límite de inmisión e emisión.
1. Os valores límite de emisión dos diferentes emisores acústicos, así como os valores límite de inmisión, serán determinados polo Goberno.
Cando, como consecuencia de importantes cambios nas melloras técnicas dispoñibles, resulte posible reducir os valores límite sen que iso entrañe custos excesivos, o Goberno procederá a tal reducción.
2. Para os efectos desta lei, os emisores acústicos clasifícanse en:
a) Vehículos automóbeis.
b) Ferrocarrís.
c) Aeronaves.
d) Infraestructuras viarias.
e) Infraestructuras ferroviarias.
f) Infraestructuras aeroportuarias.
g) Maquinaria e equipos.
h) Obras de construcción de edificios e de enxeñería civil.
i) Actividades industriais.
j) Actividades comerciais.
k) Actividades deportivo-recreativas e de lecer.
l) Infraestructuras portuarias.
3. O Goberno poderá establecer valores límite aplicables a outras actividades, comportamentos e productos non contemplados na alínea anterior.
4. O Goberno fixará con carácter único para todo o territorio do Estado os valores límite de inmisión no interior dos medios de transporte de competencia estatal.
5. Os titulares de emisores acústicos, calquera que sexa a súa natureza, están obrigados a respectar os correspondentes valores límite.
Artigo 13. Avaliación acústica.
O Goberno regulará:
a) Os métodos de avaliación para a determinación dos valores dos índices acústicos aludidos no artigo 12 e dos correspondentes efectos da contaminación acústica.
b) O réxime de homologación dos instrumentos e procedementos que se empreguen na avaliación e das entidades ás que, de se-lo caso, se encomende esta.
SECCIÓN 3.ª MAPAS DE RUÍDO
Artigo 14. Identificación dos mapas de ruído.
1. Nos termos previstos nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, as Administracións competentes haberán de aprobar, tralo trámite de información pública por un período mínimo dun mes, mapas de ruído correspondentes a:
a) Cada un dos grandes eixos viarios, dos grandes eixos ferroviarios, dos grandes aeroportos e das aglomeracións, entendendo por tales os municipios cunha poboación superior a 100.000 habitantes e cunha densidade de poboación superior á que se determina regulamentariamente, de acordo co calendario establecido na disposición adicional primeira, sen prexuízo do previsto na alínea 2.
b) As áreas acústicas nas que se comprobe o incumprimento dos correspondentes obxectivos de calidade acústica.
2. En relación coas aglomeracións ás que se refire a alínea 1, as comunidades autónomas poderán:
a) Delimitar como ámbito territorial propio dun mapa de ruído unha área que, excedendo dun termo municipal, supere os límites de poboación indicados no devandito precepto e teña unha densidade de poboación superior á que se determine regulamentariamente.
b) Limitar o ámbito territorial propio dun mapa de ruído á parte do termo municipal que, superando os límites de poboación aludidos no parágrafo anterior, teña unha densidade de poboación superior á que se determine regulamentariamente.
Artigo 15. Fins e contido dos mapas.
1. Os mapas de ruído terán, entre outros, os seguintes obxectivos:
a) Permitir a avaliación global da exposición á contaminación acústica dunha determinada zona.
b) Permitir a realización de prediccións globais para a devandita zona.
c) Posibilitar a adopción fundada de plans de acción en materia de contaminación acústica e, en xeral, das medidas correctoras que sexan adecuadas.
2. Os mapas de ruído delimitarán, mediante a aplicación das normas que para o efecto aprobe o Goberno, o seu ámbito territorial, no que se integrarán unha ou varias áreas acústicas, e conterán información, entre outros, sobre os extremos seguintes:
a) Valor dos índices acústicos existentes ou previstos en cada unha das áreas acústicas afectadas.
b) Valores límite e obxectivos de calidade acústica aplicables ás devanditas áreas.
c) Superación ou non polos valores existentes dos índices acústicos dos valores límite aplicables, e cumprimento ou non dos obxectivos aplicables de calidade acústica.
d) Número estimado de persoas, de vivendas, de colexios e de hospitais expostos á contaminación acústica en cada área acústica.
3. O Goberno determinará regulamentariamente os tipos de mapas de contaminación acústica, o contido mínimo de cada un deles, o seu formato e as formas da súa presentación ao público.
Artigo 16. Revisión dos mapas.
Os mapas de ruído haberán de revisarse e, de se-lo caso, modificarse cada cinco anos a partir da data da súa aprobación.
CAPÍTULO III - Prevención e corrección da contaminación acústica
SECCIÓN 1.ª PREVENCIÓN DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Artigo 17. Planificación territorial.
A planificación e o exercicio de competencias estatais, xerais ou sectoriais, que incidan na ordenación do territorio, a planificación xeral territorial, así como o planeamento urbanístico, deberán ter en conta as previsións establecidas nesta lei, nas normas dictadas no seu desenvolvemento e nas actuacións administrativas realizadas en execución daquelas.
Artigo 18. Intervención administrativa sobre os emisores acústicos.
1. As administracións públicas competentes aplicarán, en relación coa contaminación acústica producida ou susceptible de producirse polos emisores acústicos, as previsións contidas nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento en calesqueira actuacións previstas na normativa ambiental aplicable e, en particular, nas seguintes:
a) Nas actuacións relativas ao outorgamento da autorización ambiental integrada.
b) Nas actuacións relativas á avaliación de impacto ambiental ou outras figuras de avaliación ambiental previstas na normativa autonómica.
c) Nas actuacións relativas á licencia municipal de actividades clasificadas regulada no Decreto 2414/1961, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Actividades Molestas, Insalubres, Nocivas e Perigosas, ou na normativa autonómica que resulte de aplicación.
d) No resto de autorizacións, licencias e permisos que habiliten para o exercicio de actividades ou a instalación e funcionamento de equipos e máquinas susceptibles de produciren contaminación acústica.
2. Para os efectos do previsto na alínea anterior, as administracións públicas competentes asegurarán que:
a) Se adopten todas as medidas adecuadas de prevención da contaminación acústica, en particular mediante a aplicación das tecnoloxías de menor incidencia acústica de entre as mellores técnicas dispoñibles, entendendo como tales as tecnoloxías menos contaminantes en condicións técnica e economicamente viables, tomando en consideración as características propias do emisor acústico de que se trate.
b) Non se supere ningún valor límite aplicable sen prexuízo do disposto en materia de servidumes acústicas.
3. O contido das autorizacións, licencias ou outras figuras de intervención aludidas nas alíneas precedentes poderán ser revisadas polas Administracións públicas competentes, sen que a revisión entrañe ningún dereito indemnizatorio, entre outros supostos para os efectos de adaptalas ás reduccións dos valores límite acordadas conforme ao previsto polo segundo parágrafo do artigo 12.1.
4. Ninguna instalación, construcción, modificación, ampliación ou traslado de calquera tipo de emisor acústico poderá ser autorizado, aprobado ou permitido o seu funcionamento pola Administración competente, se se incumpre o previsto nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento en materia de contaminación acústica.
Artigo 19. Autocontrol das emisións acústicas.
Sen prexuízo das potestades administrativas de inspección e sanción, a Administración competente poderá establecer, nos termos previstos na correspondente autorización, licencia ou outra figura de intervención que sexa aplicable, un sistema de autocontrol das emisións acústicas, debendo os titulares dos correspondentes emisores acústicos informarlle acerca daquel e dos resultados da súa aplicación á Administración competente.
Artigo 20. Edificacións.
1. Non poderán concederse novas licencias de construcción de edificacións destinadas a vivendas, usos hospitalarios, educativos ou culturais se os índices de inmisión medidos ou calculados incumpren os obxectivos de calidade acústica que lles sexan de aplicación ás correspondentes áreas acústicas, agás nas zonas de protección acústica especial e nas zonas de situación acústica especial, nas que unicamente se esixirá o cumprimento dos obxectivos de calidade acústica no espazo interior que lles sexan aplicables.
2. Os concellos, por razóns excepcionais de interese público debidamente motivadas, poderán conceder licencias de construcción das edificacións aludidas na alínea anterior aínda cando se incumpran os obxectivos de calidade acústica nel mencionados, sempre que se satisfagan os obxectivos establecidos para o espazo interior.
Artigo 21. Reservas de sons de orixe natural.
As comunidades autónomas poderán delimitar como reservas de sons de orixe natural determinadas zonas nas que a contaminación acústica producida pola actividade humana non perturbe os devanditos sons.
Así mesmo, poderán establecerse plans de conservación das condicións acústicas de tales zonas ou adoptarse medidas dirixidas a posibilitar a percepción daqueles sons.
SECCIÓN 2.ª PLANS DE ACCIÓN EN MATERIA DE CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Artigo 22. Identificación dos plans.
Nos termos previstos nesta lei e nas súas normas de desenvolvemento, haberán de elaborarse e aprobarse, tralo trámite de información pública por un período mínimo dun mes, plans de acción en materia de contaminación acústica correspondente aos ámbitos territoriais dos mapas de ruído aos que se refire a alínea 1 do artigo 14.
Artigo 23. Fins e contido dos plans.
1. Os plans de acción en materia de contaminación acústica terán, entre outros, os siguientes obxectivos:
a) Afrontar globalmente as cuestións concernentes á contaminación acústica na correspondente área ou áreas acústicas.
b) Determinar as accións prioritarias que se realicen no caso de superación dos valores límite de emisión ou inmisión ou de incumprimento dos obxectivos de calidade acústica.
c) Protexer as zonas tranquilas nas aglomeracións e en campo aberto contra o aumento da contaminación acústica.
2. O contido mínimo dos plans de acción en materia de contaminación acústica será determinado polo Goberno, debendo en todo caso aqueles precisar as actuacións que se vaian realizar durante un período de cinco anos para o cumprimento dos obxectivos establecidos na alínea anterior. En caso de necesidade, o plan poderá incorporar a declaración de zonas de protección acústica especial.
Artigo 24. Revisión dos plans.
Os plans haberán de revisarse e, de ser o caso, modificarse tralo trámite de información pública por un período mínimo dun mes, sempre que se produza un cambio importante da situación existente en materia de contaminación acústica e, en todo caso, cada cinco anos a partir da data da súa aprobación.
SECCIÓN 3.ª CORRECCIÓN DA CONTAMINACIÓN ACÚSTICA
Artigo 25. Zonas de Protección Acústica Especial.
1. As áreas acústicas nas que se incumpran oos obxectivos aplicables de calidade acústica, aínda observándo os emisores acústicos os valores límite aplicables, serán declaradas zonas de protección acústica especial pola Administración pública competente.
2. Desaparecidas as causas que provocaron a declaración, a Administración pública correspondente declarará o cesamento do réxime aplicable ás zonas de protección acústica especial.
3. As administracións públicas competentes elaborarán plans zonais específicos para a mellora acústica progresiva do medio ambiente nas zonas de protección acústica especial, ata acdar os obxectivos de calidade acústica que lles sexan de aplicación. Os plans conterán as medidas correctoras que deban aplicarse aos emisores acústicos e ás vías de propagación, así como os responsables da súa adopción, a cuantificación económica daquelas e, cando sexa posible, un proxecto de financiamento.
4. Os plans zonais específicos poderán conter, entre outras, todas ou algunhas das seguintes medidas:
a) Sinalar zonas nas que se apliquen restriccións horarias ou por razón do tipo de actividade ás obras que se vaian realizar na vía pública ou en edificacións.
b) Sinalar zonas ou vías nas que non poidan circular determinadas clases de vehículos a motor ou deban facelo con restricción, horarias ou de velocidade.
c) Non autorizar a posta en marcha, ampliación, modificación ou traslado dun emisor acústico que incremente os valores dos índices de inmisión existentes.
Artigo 26. Zonas de Situación Acústica Especial.
Se as medidas correctoras incluídas nos plans zonais específicos que se desenvolvan nunha zona de protección acústica especial non puideran evitar o incumprimento dos obxectivos de calidade acústica, a Administración pública , , competente de, c, larará a área, acústica en cuestión como zona de situación acústica especial.
Na devandita zona aplicaranse medidas correctoras específicas dirixidas a que, a longo prazo, se mellore a calidade acústica e, en particular, a que non se incumpran os obxectivos de calidade acústica correspondentes ao espazo interior.
CAPÍTULO IV - Inspección e réxime sancionador
Artigo 27. Inspección.
1. Os funcionarios que realicen labores de inspección en materia de contaminación acústica terán o carácter de axentes da autoridade, para os efectos previstos na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e poderán acceder a calquera lugar, instalación ou dependencia, de titularidade pública ou privada. No suposto de entradas domiciliarias requerirase o previo consentimento do titular ou resolución xudicial.
2. Os titulares dos emisores acústicos regulados por esta lei están obrigados a prestarlles ás autoridades competentes toda a colaboración que sexa necesaria, co fin de permitirlles realizar os exames, controis, medicións e labores de recollida de información que sexan pertinentes para o desempeño das súas funcións.
Artigo 28. Infraccións.
1. Sen prexuízo das infraccións que poidan establecer as comunidades autónomas e os concellos, as infraccións administrativas relacionadas coa contaminación acústica clasifícanse en moi graves, graves e leves.
2. Son infraccións moi graves as seguintes:
a) A producción de contaminación acústica por riba dos valores límite establecidos en zonas de protección acústica especial e en zonas de situación acústica especial.
b) A superación dos valores límite que sexan aplicables, cando se producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou se puxera en perigo grave a seguridade ou a saúde das persoas.
c) O incumprimento das condicións establecidas, en materia de contaminación acústica, na autorización ambiental integrada, na autorización ou aprobación do proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental, na licencia de actividades clasificadas ou noutras figuras de intervención administrativa, cando se producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente ou se puxera en perigo grave a seguridade ou a saúde das persoas.
d) O incumpr imento das normas que establezan requisitos relativos á protección das edificacións contra o ruído, cando se puxera en perigo grave a seguridade ou a saúde das persoas.
e) O incumprimento das obrigas derivadas da adopción de medidas provisionais conforme ao artigo 31.
3. Son infraccións graves as seguintes:
a) A superación dos valores límite que sexan aplicables, cando non se producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente nin se puxera en perigo grave a seguridade ou a saúde das persoas.
b) O incumprimento das condicións establecidas en materia de contaminación acústica, na autorización ambiental integrada, na autorización ou aprobación do proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental, na licencia de actividades clasificadas ou noutras figuras de intervención administrativa, cando non se producira un dano ou deterioro grave para o medio ambiente nin se puxera en perigo grave a seguridade ou a saúde das persoas.
c) A ocultación ou alteración maliciosas de datos relativos á contaminación acústica achegados aos expedientes administrativos encamiñados á obtención de autorizacións ou licencias relacionadas co exercicio das actividades reguladas nesta lei.
d) O impedimento, o atraso ou a obstrucción á actividade inspectora ou de control das administracións públicas.
e) A non adopción das medidas correctoras requiridas pola Administración competente en caso de incumprimento dos obxectivos de calidade acústica.
4. Son infraccións leves as seguintes:
a) A non comunicación á Administración competente dos datos requiridos por esta dentro dos prazos establecidos para o efecto.
b) A instalación ou comercialización de emisores acústicos sen acompañar a información sobre os seus índices de emisión, cando tal información sexa esixible conforme á normativa aplicable.
c) O incumprimento das prescricións establecidas nesta lei, cando non estea tipificado como infracción moi grave ou grave.
5. As ordenanzas locais poderán tipificar infraccións en relación con:
a) O ruído procedente de usuarios da vía pública en determinadas circunstancias.
b) O ruído producido polas actividades domésticas ou os veciños, cando exceda dos límites tolerables de conformidade cos usos locais.
Artigo 29. Sancións.
1. As infraccións ás que se refiren as alíneas 2 a 4 do artigo anterior poderán dar lugar á imposición de todas ou algunhas das seguintes sancións:
a) No caso de infraccións moi graves:
1.º Multas desde 12.001 euros ata 300.000 euros.
2.º Revogación da autorización ambiental integrada, a autorización ou aprobación do proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental, a licencia de actividades clasificadas ou outras figuras de intervención administrativa nas que se estableceran condicións relativas á contaminación acústica, ou a suspensión da vixencia da súa vixencia por un período de tempo comprendido entre un ano e un día e cinco anos.
3.º Clausura definitiva, total ou parcial, das instalacións.
4.º Clausura temporal, total ou parcial, das instalacións por un período non inferior a dous anos nin superior a cinco.
5.º Publicación, a través dos medios que se consideren oportunos, das sancións impostas, unha vez que estas adquiriran firmeza en vía administrativa ou, de ser o caso, xurisdiccional, así como os nomes, apelidos ou denominación ou razón social das persoas físicas ou xurídicas responsables e a índole e natureza das infraccións.
6.º A precintaxe temporal ou definitiva de equipos e máquinas.
7.º A prohibición temporal ou definitiva do desenvolvemento de actividades.
b) No caso de infraccións graves:
1.º Multas desde 601 euros ata 12.000 euros.
2.º Suspensión da vixencia da autorización ambiental integrada, a autorización ou aprobación do proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental, a licencia de actividades clasificadas ou outras figuras de intervención administrativa nas que se estableceran condicións relativas á contaminación acústica, por un período de tempo comprendido entre un mes e un día e un ano.
3.º Clausura temporal, total ou parcial, das instalacións por un período máximo de dous anos.
c) No caso de infraccións leves, multas de ata 600 euros.
2. As ordenanzas locais poderán establecer como sancións pola comisión de infraccións previstas por aquelas as seguintes:
a) Multas.
b) Suspensión da vixencia das autorizacións ou licencias municipais nas que se estableceran condicións relativas á contaminación acústica, por un período de tempo inferior a un mes.
3. As sancións imporanse atendendo a:
a) As circunstancias do responsable.
b) A importancia do dano ou deterioro causado.
c) O grao do dano ou molestia causado ás persoas, aos bens ou ao medio ambiente.
d) A intencionalidade ou neglixencia.
e) A reincidencia e a participación.
Artigo 30. Potestade sancionadora.
1. A imposición das sancións corresponderalle:
a) Con carácter xeral, aos concellos.
b) Ás comunidades autónomas, nos supostos das infraccións seguintes:
1.º Artigo 28.2.c), cando as condicións incumpridas foran establecidas pola comunidade autónoma.
2.º Artigo 28.2.e), cando a medida provisional fora adoptada pola comunidade autónoma.
3.º Artigo 28.3.b), cando as condicións incumpridas foran establecidas pola comunidade autónoma.
4.º Artigo 28.3.c), cando a competencia para outorgar a autorización ou licencia lle corresponda á comunidade autónoma.
5.º Artigo 28.3.d), cando a Administración en cuestión sexa a autonómica.
6.º Artigo 28.3.e), cando a Administración requirinte sexa a autonómica.
7.º Artigo 28.4.a), cando a Administración requirinte sexa a autonómica.
c) Á Administración Xeral do Estado, no exercicio das súas competencias exclusivas.
Artigo 31. Medidas provisionais.
Unha vez iniciado o procedemento sancionador, o órgano competente para impoñer a sanción poderá adoptar algunha ou algunhas das seguintes medidas provisionais:
a) Precintaxe de aparatos, equipos ou vehículos.
b) Clausura temporal, parcial ou total, das instalacións ou do establecemento.
c) Suspensión temporal da autorización ambiental integrada, a autorización ou aprobación do proxecto sometido a avaliación de impacto ambiental, a licencia de actividades clasificadas ou outras figuras de intervención administrativa nas que se estableceran condicións relativas á contaminación acústica.
d) Medidas de corrección, seguridade ou control que impidan a continuidade na producción do risco ou do dano.
Disposición adicional primeira. Calendario de aplicación desta lei.
1. Os mapas de ruído haberán de estar aprobados:
a) Antes do día 30 de xuño de 2007, os correspondentes a cada un dos grandes eixos viarios cuxa circulación supere os seis millóns de vehículos ao ano, dos grandes eixos ferroviarios cuxa circulación supere os 60.000 trens ao ano, dos grandes aeroportos e das aglomeracións con máis de 250.000 habitantes.
b) Antes do día 30 de xuño de 2012, os correspondentes a cada un dos restantes grandes eixos viarios, grandes eixos ferroviarios e aglomeracións.
2. Os plans de acción en materia de contaminación acústica haberán de estar aprobados:
a) Antes do día 18 de xullo de 2008, os correspondentes aos ámbitos territoriais dos mapas de ruído aos que se refire o parágrafo a) da alínea anterior.
b) Antes do día 18 de xullo de 2013, os correspondentes aos ámbitos territoriais dos mapas de ruído aos que se refire o parágrafo b) da alínea anterior.
Disposición adicional segunda. Servidumes acústicas de infraestructuras estatais.
1. A actuación da Administración Xeral do Estado na delimitación das zonas de servidume acústica atribuídas á súa competencia, e na determinación das limitacións aplicables nestas, estará orientada, de acordo cos criterios que regulamentariamente se establezan, a compatibilizar, no posible, as actividades consolidadas en tales zonas de servidume coas propias das infraestructuras e equipamentos que as xustifiquen, informándose tal actuación polos niveis de calidade acústica correspondentes ás zonas afectadas.
2. En relación coa delimitación das zonas de servidume acústica das infraestructuras novas de competencia estatal, solicitarase informe preceptivo das administracións afectadas, e realizarase en todo caso o trámite de información pública. Así mesmo, solicitarase informe preceptivo da comunidade autónoma afectada en relación coa determinación das limitacións de aplicación en tal zona e coa aprobación dos plans de acción en materia de contaminación acústica de competencia estatal.
3. Cando dentro dunha zona de servidume acústica delimitada como consecuencia da instalación dunha nova infraestructura ou equipamento de competencia estatal existan edificacións preexistentes, na declaración de impacto ambiental que se formule especificaranse as medidas que resulten economicamente proporcionadas tendentes a que se alcancen no interior de tales edificacións uns niveis de inmisión acústica compatibles co uso característico destas.
Para os efectos da aplicación desta disposición, entenderase que unha edificación ten carácter preexistente cando a licencia de obras que a ampare sexa anterior á aprobación da correspondente servidume acústica, e que unha infraestructura é nova cando o seu proxecto se aprobara con posterioridade á entrada en vigor desta lei.
Disposición adicional terceira. Aeroportos e equipamentos vinculados ao sistema de navegación e transporte aéreo.
No caso dos aeroportos e demais equipamentos vinculados ao sistema de navegación e transporte aéreo, as previsió ns desta lei enténdense sen prexuízo do disposto pola súa regulación específica e, en especial, pola disposición adicional única da Lei 48/1960, do 21 de xullo, de Navegación Aérea, na redacción establecida polo artigo 63.4 da Lei 55/1999, do 29 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, polo que a competencia para a determinación das servidumes legais impostas por razón da navegación aérea, entre as que se deben incluír as acústicas, corresponderalle á Administración Xeral do Estado por proposta, de ser o caso, da Administración competente sobre o aeroporto.
Disposición adicional cuarta. Código Técnico da Edificación.
O Código Técnico da Edificación, previsto na Lei 38/1999, do 5 de novembro, de Ordenación da Edificación, deberá incluír un sistema de verificación acústica das edificacións.
Disposición adicional quinta. Saneamento por vicios ou defectos ocultos.
Para os efectos do disposto polos artigos 1484 e seguintes do Código Civil, considerarase concurrente un suposto de vicios ou defectos ocultos nos inmobles vendidos determinante da obriga de saneamento do vendedor no caso de que non se cumpran naqueles os obxectivos de calidade no espazo interior fixados conforme ao artigo 8.3 desta lei.
Disposición adicional sexta. Taxas pola prestación de servizos de inspección.
De conformidade co previsto na alínea 4 do artigo 20 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, Reguladora das Facendas Locais, as Entidades Locais poderán establecer taxas pola prestación de servizos de inspección que realicen para verificar o cumprimento do disposto nesta lei.
Disposición adicional sétima. Información ao público sobre determinados emisores acústicos.
O Goberno poderá esixir regulamentariamente que a instalación ou comercialización de determinados emisores acústicos se acompañe de información suficiente, que se determinará así mesmo regulamentariamente, sobre os índices de emisión cando aqueles se utilicen na forma e condicións previstas no seu deseño.
Disposición adicional oitava. Información á Comisión Europea.
De conformidade co disposto polo artigo 10 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, o Goberno establecerá regulamentariamente o alcance da información que haberá de ser facilitada polas comunidades autónomas á Administración Xeral do Estado, así como os prazos aplicables para tal efecto, co obxecto de que esta cumpra as obrigas de información á Comisión Europea impostas ao Reino de España pola Directiva 2002/49/CE, sobre avaliación e xestión do ruído ambiental. Para tal fin, e nos termos que se prevexan na lexislación autonómica, as corporacións locais porán a información necesaria a disposición das correspondentes comunidades autónomas para a súa remisión por parte destas á Administración Xeral do Estado.
Disposición adicional novena. Contratación pública.
As administracións públicas promoverán o uso de maquinaria, equipos e pavimentos de baixa emisión acústica, especialmente ao contrataren as obras e subministracións.
Disposición adicional décima. Proxectos de infraestructura.
1. Sen prexuízo do disposto en materia de servidumes acústicas, as infraestructuras consideradas como emisores acústicos que polas súas peculiaridades técnicas ou de explotación non poidan axustarse aos valores límite ou ás normas de protección establecidos ao amparo desta lei poderán, a falta de alternativas técnica e economicamente viables, autorizarse excepcionalmente cando o seu interese público así o xustifique.
2. En todo caso, a preceptiva declaración de impacto ambiental haberá de especificar nestes supostos as medidas máis eficaces de protección contra a contaminación acústica que poidan adoptarse con criterios de racionalidade económica.
Disposición adicional undécima. Réxime de exclusión de limitacións acústicas.
Excepcionalmente, e mediante acordo motivado, o Consello de Ministros poderá excluír das limitacións acústicas derivadas desta lei ás infraestructuras estatais directamente afectadas para fins de seguridade pública.
Disposición adicional duodécima. Áreas acústicas de uso predominantemente industrial.
Regulamentariamente, nas áreas acústicas de uso predominantemente industrial teranse en conta as singularidades das actividades industriais para o establecemento dos obxectivos de calidade, respectando en todo caso o principio de proporcionalidade económica.
Iso sen menoscabo de que a contaminación acústica no lugar de traballo se rixa pola normativa sectorial aplicable.
Disposición transitoria primeira. Emisores acústicos existentes.
Os emisores acústicos existentes na data de entrada en vigor desta lei deberán adaptarse ao disposto nesta antes do día 30 de outubro de 2007.
Disposición transitoria segunda. Planeamento territorial vixente.
O planeamento territorial xeral vixente á entrada en vigor desta lei deberá adaptarse ás súas previsións no prazo de cinco anos desde a entrada en vigor do seu regulamento xeral de desenvolvemento.
Disposición transitoria terceira. Zonas de servidume acústica.
En tanto non se aproben o mapa acústico ou as servidumes acústicas procedentes de cada unha das infraestructuras de competencia da Administración Xeral do Estado, entenderase por zona de servidume acústica destas o territorio incluído no contorno da infraestructura delimitado po los puntos do territorio, ou curva isófona, nos que se midan os obxectivos de calidade acústica que sexan de aplicación ás áreas acústicas correspondentes.
Disposición derrogatoria única. Derrogación normativa.
Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou menor rango se opoñan ao disposto nesta lei.
Disposición final primeira. Fundamento constitucional e carácter básico.
Esta lei díctase ao abeiro das competencias exclusivas que ao Estado outorga o artigo 149.1.16.ª e 23.ª da Constitución, en materia de bases e coordinación xeral da sanidade e de lexislación básica sobre protección do medio ambiente. Exceptúanse do anterior a disposición adicional quinta, que se dicta ao amparo do artigo 149.1.8.ª , a disposición adicional sexta, que se fundamenta no artigo 149.1.14.ª e as alíneas 2 e 3 do artigo 4, as disposicións adicionais segunda e terceira e a disposición transitoria terceira que se dictan de acordo co artigo 149.1.13.ª, 20ª, 21.ª e 24.ª
Disposición final segunda. Desenvolvemento regulamentario.
O Goberno, no ámbito das súas competencias, dictará as normas de desenvolvemento que requira esta lei.
Disposición final terceira. Actualización de sancións.
O Goberno poderá, mediante real decreto, actualizar o importe das sancións pecuniarias tipificadas no artigo 29.1, de acordo coa variación anual do Indice de Prezos ao Consumo.
Polo tanto, mándolles a todos os españois, particulares e autoridades, que garden e fagan gardar esta leiy.
Madrid, 17 de novembro de 2003.
JUAN CARLOS R.
O Presidente do Goberno,
JOSÉ MARÍA AZNAR LÓPEZ
Data norma
Organismo
OUTRAS ADMINISTRACIÓNS
Ámbito Normativo
Estatal
Rango legal
Lei
Clasificación
RUÍDO